Castres Olympique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castres Olympique
Nome completo Castres Olympique
Alcume(s)
Fundación 1906
Localización Castres, Francia Francia
Estadio(s) Stade Pierre-Antoine
Capacidade 11.500
Presidente Francia Michel Dhomps
Adestrador Serge Milhas e
David Darricarrere
Capitán
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Top 14
Tempada 2015-16
Posición -
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Castres Olympique é un club de rugby francés da localidade de Castres, no departamento de Mediodía-Pireneos e que actualmete compite no Top 14.

Foi fundado en 1898, mais non foi ata 1906 cando adoptou o seu nome actual. Xoga os seus partidos como local no Stade Pierre-Antoine, cunha capacidade de 11500 espectadores e visten de azul e branco.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1898 varios alumnos da universidade municipal de Castres que se coñeceran nun bar do centro decidiron crear un equipo no que puideran xogar ao seu deporte favorito, o rugby. Nos seus primeiros anos este equipo formou parte dun club polideportivo ata 1906. Desafortunadamente, co dominio do ciclismo no club, os membros da sección de rugby decidiron marchar e formar un club independente adicado únicamente a este deporte. Decidiuse entón que o club se chamara Castres Olympique e as súas cores cambiaran de amarelo e negro, ao azul, branco e gris actuais.

O novo club reached the top flight after only 15 years of existence and has remained there ever since, bar for a couple of years during the 80s when the club was in the then Section B of the 1st division. O clube non descendeu da 1ª división dende 1921.

Durante un tempo, Castres Olympique experimenta con sorte diversa ata 1948 cando chegaron e gañaron a súa primeira Copa de Francia. O prestixioso Bouclier de Breno seguiría un ano máis tarde, e novamente en 1950.

Dende a década de 1960, o club experimentará un fluxo de tempadas mediocres e constante diminución ata que Pierre Fabre, o fundador dunha compañía farmacéutica, decidíu tomar as rendas do club e devolverlle a súa antiga gloria en 1988.

Acadou bos resultados rápidamente e gañou o Brennus novamente en 1993, 43 anos despois, converténdose no último club fora dos tres grandes (Toulouse, Biarritz e Stade Français París) que o gañou. O club chegou á final de novo en 1995 perdendo fronte aos seus rivais locais e Toulouse.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Francia Top 14 — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC DP BO BD
RC Toulon (SF) 76 26 16 0 10 740 525 +215 7 5
ASM Clermont Auvergne (F) 75 26 16 1 9 630 464 +166 5 4
Stade Toulousain (SF) 70 26 16 0 10 573 504 +69 3 3
Stade Français (C) 70 26 15 1 15 591 576 +15 6 2
Racing Métro 92 (CF) 65 26 13 3 10 551 497 +54 3 4
Oyonnax Rugby (CF) 62 26 14 0 12 514 507 +7 2 4
Union Bordeaux Bègles 61 26 12 0 14 701 578 +123 4 9
Montpellier Hérault 55 26 11 2 13 537 516 +21 2 5
Stade Rochelais 54 26 10 5 11 520 659 –139 2 2
10º CA Brive 53 26 12 0 14 502 619 -117 3 2
11º FC Grenoble 53 26 11 0 15 626 735 -109 3 6
12º Castres Olympique 52 26 11 0 15 509 627 -118 4 4
13º Aviron Bayonnais 52 26 10 1 15 522 548 -26 5 5
14º Lyon OU 41 26 8 1 17 469 630 -161 0 7
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En verde      os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (1º e 2º).
En azul      os clubes clasificados para os cuartos de final e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (3º, 4º, 5º e 6º).
En amarelo      o clube que xogou o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En vermello      os clubes que descenden ao Pro D2 (13º e 14º).


Resultados das finais[editar | editar a fonte]

Campionato de Francia[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
22 de Maio de 1949 Castres Olympique Stade Montois 14-3 1 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 23,000
16 de Abril de 1950 Castres Olympique Racing-Club de Francia 11-8 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 25,000
5 de Xuño de 1993 Castres Olympique FC Grenoble 14-11 Parc des Princes, París 48,000
6 de Maio de 1995 Stade Toulousain Castres Olympique 31-16 Parc des Princes, París 48,615

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas =[editar | editar a fonte]