Hadith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un hadith (en árabe: حديث, ḥadīṯ; árabe: أحاديث xeral, «narración, referencia»; plural: en árabe, ʼaḥādīṯ) literalmente significa un dito ou unha conversa, que para o Islam representa os ditos e as accións do profeta Mahoma (e dos imáns no caso dos xiítas) relatados polos seus compañeiros e recollidos por aqueles sabios que lles sucederon. Os hadiths son o alicerce fundamental da Sunna, a segunda fonte da lei musulmá despois do Corán e que significa, literalmente, "conduta, maneira de comportarse" ou "costume".[1][2]

Emprego[editar | editar a fonte]

O termo hadith designa toda narración ou relato referido ó profeta Mahoma, directa e indirectamente, sobre o que este dixo (recomendando, ordenando, prohibindo), ensinou ou simplemente se viu que adoitaba facer, aínda que non o recomendase especificamente ós seus seguidores. Hai mesmo hadiths nos cales se narra sinxelamente que o Profeta aprobou tacitamente certa conduta noutros, e en consecuencia tal conduta vólvese vinculante para os musulmáns.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dr. Bilal Philips, Abu Aminah. Estudios Islámicos (Libro 1) p.96. Riyadh: IIPH. ISBN 9960-698-46-7. 
  2. La Grande Encyclopédie Larousse - Vol. 18 (en francés). Larousse. http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k1200529v/f565.image. 
  3. Muslim bin Al-Hayyay. Traducción al español de Sahih Muslim (Tomo 1 - pág. xi). Argentina: Oficina de Cultura y Difusión Islámica. ISBN 987-20945-1-9.