Aisha
Aisha | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 605 e 614 |
Lugar de nacemento | A Meca |
Falecemento | c. 13 de xullo de 678 e 677 |
Lugar de falecemento | Medina |
Soterrada | Al-Baqi' |
Nacionalidade | Califado Rashidun e Califato omeia |
Relixión | Islam |
Ocupación | poeta |
Pai | Abu Bakr |
Nai | Umm Rummān Zaynab bint ‘Āmir |
Cónxuxe | Mahoma |
Irmáns | Asmā' bint Abu Bakr, Umm Kulthum bint Abi Bakr, Abdu'l-Rahman ibn Abi Bakr, Muhammad Ibn Abî Bakr, Abd Allah ibn Abi Bakr e Tufayl ibn al-Harith |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aisha ou Ayesha ( عائشه `ā'isha ) naceu no ano 613/614 e morreu no ano 678. Foi a terceira esposa do profeta do islam, Mahoma.
Filla de Abu Bakr, amigo de Mahoma, convertida ao islam dende a súa mocidade, casou no ano 622 logo da Héxira, ou emigración a Medina. Para os sunnitas Aisha foi a favorita de Mahoma e dánlle o título honorífico de Umm al-Mu'minìn (nai dos crentes), mentres os xiís tenden a considerar a Aisha de xeito negativo. Presumiblemente influíu sobre Mahoma na designación do seu pai para o primeiro califato.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aisha |