Guy de Maupassant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Guy de Mapaussant")
Guy de Maupassant.

Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de grande valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bola de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horla" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis de unha década.

Foi así mesmo prologuista de algúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Guy de Maupassant
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guy de Maupassant