O Horla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Horlá»)

O Horla
Título orixinalLe Horla
Autor/aGuy de Maupassant
OrixeFrancia
Linguafrancés
ColecciónClásicos
Xénero(s)ficción de terror
Editorialda ed. en gl.: Ir Indo
Data de pub.1887, 2005
ISBN84-7680-516-0
Traduciónao gl: Mª Isabel García Fernández
Brenda Maure Noia.
editar datos en Wikidata ]

O Horla ou O Horlá[1] (orixinalmente, en francés, Le Horla) é unha historia de terror de Guy de Maupassant, publicada orixinariamente o 23 de outubro de 1882 no xornal Le Gaulois. Ten tres versións; esta última é a máis consultada na actualidade, é máis longa que as anteriores e foi publicada en 1887 na antoloxía de historias do mesmo nome.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia, escrita como un diario, narra os síntomas e mais os medos do protagonista cando comeza a sentir a presenza dun ser invisíbel, chamado Horla, que o arrodea e o controla. Todas as noites, mentres dorme, esta presenza invádeo e bébelle a vida.

A historia transcorre na casa do rural do protagonista, preto de Ruán, nas beiras do río Sena, onde pasa o tempo a descansar no xardín, vendo as embarcacións navegar; e en París, para onde viaxa para se distraer un pouco das aflicións e visitar a familia.

Debido aos acontecementos inexplicables que lle ocorren, o narrador comeza a cuestionar a súa propia cordura. Un día, no xornal, le unha historia sobre algúns habitantes de São Paulo, Brasil, que fuxiron das súas casas porque din que foron invadidos por seres invisíbeis que os controlan contra a súa vontade. Así, el asocia que a presenza que vive na súa casa chegaría nun veleiro brasileiro e entende que a ameaza é real.

O personaxe afúndese lentamente na loucura, cando intenta se desfacer da criatura e toma medidas cada vez máis drásticas para o acadar; ata chega a decidir que non pode seguir vivindo mentres a criatura estea preto del.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • O narrador protagonista: un mozo de clase alta que pasa o tempo entre a súa casa de campo e París. É solteiro e só vive cos seus criados.
  • O Horla: é unha criatura invisible; emporiso, o seu corpo non parece completamente inexistente, pois pode mover obxectos (como as páxinas dun libro ou unha rosa), beber auga ou leite e nubrar o reflexo do protagonista no espello. Ten consistencia material, pero ninguén pode determinar a súa forma. Tamén parece poder falar, xa que o narrador di que a criatura lle dixo o seu nome.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Incluído en Fantasía e Realidade (Ir Indo, 2005; tradución de María Isabel García Fernández). Publicado así mesmo na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego (BIVIR), na tradución de Brenda Maure Noia.
  2. de Maupassant, Guy (1887). Le Horla. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]