Gramática histórica do galego
O galego, na súa evolución dende o latín, cumpriu unha serie de regras fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e semánticas, algunhas iguais para tódalas linguas, outras comúns coas linguas románicas e outras singulares para o caso galego. O estudo destes procesos é a Gramática histórica ou Historia da lingua galega. A ciencia etimolóxica utilízaa como instrumento para identificar os étimos e evolucionou grazas á incorporación de tres conceptos:
- que a evolución parte da lingua oral e non da escrita, é dicir, baséase na fonética e non na grafía ou ortografía
- que a evolución fonética é dependente do contexto fónico
- que os procesos de evolución teñen unha secuencia temporal e dependen do momento de introdución do étimo na lingua (por exemplo, a máis evolucionada autor e a máis tardía en incorporarse actor teñen o mesmo étimo)
Fonética
[editar | editar a fonte]Os cambios sincrónicos dunha lingua veñen dados por leis fonéticas. As leis fonéticas máis xerais da evolución do latín ó galego, que en boa medida aínda se seguen producindo, son as seguintes:
- mantemento da tónica case sistemático
- perda de nasal final (moi frecuente nos substantivos, pois proceden do acusativo)
- fronte(m) > fronte
- simplificación de xeminadas
- monotongación de certos ditongos
- mantemento das vogais breves coma semiabertas (fronte a ditongación do castelán)
- síncope de -l-, -n- ou -d- en posición intervocálica
- colore(m) > cor; palatale(m) > padal
- luna(m) > lúa; origine(m) > orixe (aínda que ás veces a vogal, nasalizada, permite recuperar o -n-: foeniculum > fiúncho)
- Tudes > Tui
- sonorización de calquera oclusiva xorda intervocálica (e nalgún contexto máis)
- apis > apicula > abella; aprile(m) > abril
- Senatu(m) > Senado (obsérvese como aquí non se perde o -n- intervocálico); petra(m) > pedra
- baca (/k/) > baga
- vocalización de consoante posnuclear
- iodización de certos grupos de vogais (ás veces formando ditongo ou conservando o hiato)
- area > > aira / eira
- consonantización de semiconsoantes (waw e iode)
- metátese asistemática de certas consoantes (-r-) ou vogais (-i-)
- parabola > palabra
Outros factores importantes son:
- a asimilación
- a disimilación, onde un fonema perde unha trazo fonético para non parecerse a outro tamén presente
- o betacismo, a confusión entre -b- e -v- (waw) mesmo xa no latín, e posteriormente identificando a bilabial oclusiva coa fricativa e a aproximante
- a haploloxía, polo cal ás veces danse simplificacións fónicas para facer máis doada a pronuncia dunha palabra
Un novo grupo de fonemas: as palatais
[editar | editar a fonte]Mención especial merece a palatalización, normalmente por contacto con iode, que deu lugar a un novo grupo de fonemas, os palatais, inexistentes en latín. As principais orixes das palatais son:
- grupos consonánticos con líquida no segundo elemento
- lateral + iode
- miliu(m) > millo
- nasal + iode
- pruneu(m) > abruño; communione(m) > comuñón
- oclusiva dental sonora + iode
- hodie > hoxe
- oclusiva dental xorda + iode
- aviatione(m) > aviación
- oclusiva velar sonora + iode
- ferrugine(m) > ferruxe (e ferraxe)
- oclusiva velar xorda + iode
- principiu(m) > principio
Morfosintaxe
[editar | editar a fonte]A evolución morfolóxica dende o latín debe dividirse en dous grandes bloques: o das palabras invariables ou non flexionables (preposicións, conxuncións, adverbios) e o das palabras variables. Este último subdivídese entre a conxugación verbal e a flexión nominal de substantivos e adxectivos. Cada un destes grupos ten características e evolucións particulares que levan a consideralos como independentes.
A principal característica da evolución morfolóxica dende o latín ó galego é a perda do caso gramatical. Cómpre ter en conta ademais que os substantivos proceden maioritariamente do acusativo con poucas excepcións (xenitivo en topónimos, ablativo en adverbios).
Outra perda importante é a do xénero neutro. En xeral, as palabras manteñen o xénero e o número do latín, tendo en conta que o neutro singular se adscribe ó masculino en galego. Algúns casos especiais son:
- a voda, a leña, procedente dun neutro plural
- o val, procedente dun orixinario feminino (valle(m) + diminutivo > Valela > Varela, non *valelo)
- a ponte, o sangue, o sal en cambio conservaron o xénero orixinal, en contraste co castelán
Outro fenómeno de evolución morfolóxica é a analoxía. Neste proceso, unha palabra pode evolucionar influída pola existencia doutras do mesmo corpus léxico. Exemplos disto poden ser:
- sancristán, que procede de sacru(m), pero que engade un -n- por influencia de sanctu(m) e Christus
- prestigiatore, que procede a través do italiano de prestigiu(m), pero que se converteu en prestidixitador por influencia de digitu(m), "dedo"
- vagamundo, influído polo substantivo mundo
A analoxía no plano morfolóxico é en certo xeito equivalente á asimilación no plano fónico.
Outra influencia morfolóxica, aínda que tamén fónica é a hipercorrección. O seu equivalente fónico sería a disimilación.