Gaivota arxéntea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota arxéntea

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. argentatus
Nome binomial
'Larus argentatus'
Pontoppidan, 1763, Denmark
Area da L. argentatus. Amarelo: Zona de cría. Verde : Presente durante todo o ano. Azul: Zona invernal
Area da L. argentatus. Amarelo: Zona de cría. Verde : Presente durante todo o ano. Azul: Zona invernal

Area da L. argentatus. Amarelo: Zona de cría. Verde : Presente durante todo o ano. Azul: Zona invernal
Larus argentatus argenteus

A gaivota arxéntea (Larus argentatus)[2] é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características[editar | editar a fonte]

É unha especie común e abundante no norte de Europa. Presente nas costas mais tamén é común no interior, onde busca alimento nos campos ou nos vertedoiros. Pode criar colonialmente e ás veces en parellas illadas. Niño en cantís, illas ou tamén en lagos. É omnívora, alimentándose de peixes, crustáceos, miñocas, calaza, ovos e polos doutras aves.

Os xuvenís tardan catro anos en acadar a madurez sexual. Morfoloxicamente é moi semellante á gaivota patiamarela, mais é algo máis pequena. Ademais ten a cabeza chea de pintas agrisadas que contrastan co branco. As patas son rosadas.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente todo o ano nas costas Europeas dende o sur de Francia ata o costa rusa no Ártico. No inverno tamén se pode atopar na costa do Mar Cantábrico e en Galicia. No Mediterráneo só está presente de maneira ocasional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Symes, A. (2015). "Larus argentatus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T62030608A83943414. Consultado o 6 May 2016. 
  2. Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.