Wolfgang Petersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Wolfgang Petersen
Wolfgang Petersen.jpg
Petersen en 1996
Nome completo Wolfgang Petersen
Nacemento 14 de marzo de 1941 (77 anos)
Lugar Emden, Alemaña
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Cónxuxe(s) Ursula Sieg (ata 1978)
Maria Borgel-Petersen (1978–actualidade)
Profesión Director, produtor, guionista
wolfgangpetersen.net/
editar datos en Wikidata ]

Wolfgang Petersen, nado en Emden o 14 de marzo de 1941 é un director e guionista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Petersen debutou no cinema en 1974 co thriller psicolóxico Einer von uns beiden, protagonizada por Jürgen Prochnow. O seguinte filme, Die Konsequenz (1977), adaptación da novela autobiográfica de Alexander Ziegler. No seu momento o filme, sobre o amor homosexual, foi considerado radical no seu país.

En 1982 estreouse o filme bélico O submarino, que narra as experiencias da tripulación dun submarino alemán durante a Batalla do Atlántico. O filme recibiu moi boas críticas e foi candidato a seis premios Oscar, incluíndo os de mellor director e mellor guión adaptado para o propio Petersen.

Tras The NeverEnding Story (1984), primeiro filme en inglés, mais rodado en Alemaña, dirixiu xa en Hollywood Enemy Mine (1985), que non foi un éxito. Volveu triunfar en 1993 con In the Line of Fire, con Clint Eastwood.

Dirixiu ademais filmes de acción como Air Force One e A tormenta perfecta.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director Produtor Guionista
1974 Einer von uns beiden Si Si
1977 Die Konsequenz Si Si Si Si
1978 Schwarz und weiß wie Tage und Nächte Si Si
1981 O submarino Si Si Si Si
1984 The NeverEnding Story Si Si Si Si
1985 Enemy Mine Si Si
1991 Shattered Si Si Si Si Si Si
1993 In the Line of Fire Si Si
1995 Estalido Si Si Si Si
1997 Air Force One Si Si Si Si
2000 A tormenta perfecta Si Si
2004 Troia Si Si Si Si
2006 Poseidon Si Si Si Si

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]