Saltar ao contido

Joel Schumacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoel Schumacher

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joel T. Schumacher Editar o valor en Wikidata
29 de agosto de 1939 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 2020 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Parsons The New School for Design
Fashion Institute of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, Guión e produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, diseñador de vestuario, produtor de cinema, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001708 Allocine: 7832 Allmovie: p110432 TCM: 172437
BNE: XX1110432 Musicbrainz: 66a08040-f503-49f9-ba60-c1443742df62 Discogs: 525859 WikiTree: Schumacher-2011 Find a Grave: 211705359 Editar o valor en Wikidata

Joel T. Schumacher, nado en Nova York o 29 de agosto de 1939 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 2020,[1] foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Schumacher naceu na cidade de Nova York. A súa nai Marian era unha xudía de ascendencia sueca mentres que o seu pai Frank era un baptista de Knoxville (Tennesse), que faleceu cando Joel tiña catro anos.[2] Estudou no Parsons The New School for Design e en The Fashion Institute of Technology da súa cidade natal. Despois dos seus primeiros traballos no mundo da moda, descubriu a súa verdadeira paixón no cinema.

Trasladouse aos Ánxeles, onde comezou a traballar como deseñador de vestiario en filmes como O durmiñón e desenvolveu o seu coñecemento na televisión, sendo ouvinte en UCLA. En 1976 escribiu o seu primeiro guión para o filme de baixo orzamento Car Wash con escaso éxito; a este seguírono títulos como O meigo (1978), unha adaptación levada á pantalla por Sidney Lumet.[3]

O seu debut como director chegou con A incrible muller minguante en 1981, protagonizada por Lily Tomlin e que presentaba a historia do home minguante cunha protagonista feminina. O filme resultou un éxito no cinema independente.

Na década de 1980, Schumacher especializouse como produtor en diferentes xéneros, como a comedia D.C. Cab (1983), Saint Elmo, punto de encontro[4] ou o filme de terror The Lost Boys, considerados filmes arquetípicos da década de 1980.[5]

Na década de 1990 dirixiu filmes de suspense con grande aceptación como Liña mortal (1990), Falling Down (1993) ou trasladando ao cinema os best-sellers de John Grisham, The Client (1994) e Tempo de matar (1996), esta última unha escolla de Grisham. Outro dos elementos polos que foi coñecido Schumacher é por substituír a Tim Burton como director da saga sobre Batman. Schumacher dirixiu Batman Forever en 1995, que foi un grande éxito a pesar de recibir críticas tépedas, e Batman & Robin, que foi un gran desastre tanto de crítica como de público.[6] Estas poucas expectativas fixero que Warner Bros. cancelase o seguinte proxecto de Batman que tamén ía ser dirixido polo propio Schumacher, Batman Triumphant.[7]

A partir dese momento, Schumacher participou en proxectos como 8mm (1999) con Nicolas Cage e a comedia Ninguén é perfecto (1999) con Robert De Niro, que recibiron boas críticas aínda que non recadaron moitos cartos. En 2000 o director deu un xiro radical e obtivo unhas das mellores críticas da súa carreira co drama ambientado na guerra de Vietnam Tigerland, onde se deu a coñecer Colin Farrell.[8] O traballo de Schumacher continuou coa controvertida Phone Booth (2002), onde o director volveu contar con Colin Farrell e tamén o suspense político Bad Company (2002) protagonizado por Anthony Hopkins e Chris Rock. En 2004 dirixiu The Phantom of the Opera, baseado no musical homónimo. O filme obtivo tres candidaturas aos premios Óscar e outras tres aos Globos de Ouro, mais non gañou ningún deles.[1]

Schumacher faleceu de cancro o 22 de xuño de 2020 aos oitenta anos.[9][10] Trala súa morte foi eloxiado por Jim Carrey e Matthew McConaughey, que consideran que Schumacher foi quen lanzou as súas carreiras.[11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Schumacher describiuse a si mesmo como "extremadamente promiscuo", dicindo nunha entrevista de 2019 que era sexualmente activo desde os once anos e estimou que mantivo relacións sexuais con entre 10 000 e 20 000 homes ao longo da súa vida. Schumacher dixo que a primeira persoa que coñeceu que morreu pola epidemia de sida en 1983 "non era promiscua", o que levou a Schumacher a crer que morrería pouco despois, lembrando que no seu momento pensou: "Se el a ten, eu debo tela cuadriplicado [...] Estaba seguro de que a tiña, estaba a planear a miña morte", mais nunca contraeu a doenza.[12]

En 1984, Schumacher comprou a Doris Duke as cortes de cabalos que pertenceran a Rudolph Valentino.[13]

Schumacher fixo doazóns aos candidatos do Partido Demócrata, incluídas varias campañas ao Congreso e a campaña presidencial de 2004 de John Kerry.[14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Título Ano Director Guionista Produtor Notas Ref.
Sparkle 1976 Si Dirixido por Sam O'Steen [15]
Car Wash 1976 Si Dirixido por Michael Schultz [16]
O meigo 1978 Si Dirixido por Sidney Lumet [16]
A incrible muller minguante 1981 Si [15]
D.C. Cab (a.k.a Street Fleet) 1983 Si Si [15]
Saint Elmo, punto de encontro 1985 Si Si [16]
The Lost Boys 1987 Si [16]
Cousins 1989 Si [16]
Liña mortal 1990 Si [16]
Elixir un amor 1991 Si [15]
Falling Down 1993 Si [16]
The Client 1994 Si [16]
Batman Forever 1995 Si [16]
The Babysitter 1995 Executivo Dirixido por Guy Ferland
Tempo de matar 1996 Si [15]
Batman & Robin 1997 Si [16]
8mm 1999 Si Si [16]
Ninguén é perfecto 1999 Si Si Si [16]
Gossip 2000 Executivo Dirixido por Davis Guggenheim
Tigerland 2000 Si [15]
Bad Company 2002 Si [15]
Phone Booth 2002 Si [16]
Veronica Guerin 2003 Si [15]
The Phantom of the Opera 2004 Si Si [16]
The Number 23 2007 Si [15]
Blood Creek 2009 Si [16]
Twelve 2010 Si [15]
Man in the Mirror 2011 Si Curtametraxe
Trespass 2011 Si [16]
  1. 1 2 "Murió el director Joel Schumacher a los 80 años". Infobae (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  2. Thomson, David (6 de maio de 2014). The New Biographical Dictionary of Film: Sixth Edition (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-1-101-87470-7. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  3. Fry, Carrol Lee (2008). Cinema of the Occult: New Age, Satanism, Wicca, and Spiritualism in Film (en inglés). Associated University Presse. ISBN 978-0-934223-95-9. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  4. Coyle, Jake (22 de xuño de 2020). "Joel Schumacher, director of 'St. Elmo's Fire' and Batman films, dies at 80". ABC7 Chicago (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  5. "Fallece Joel Schumacher, el director que mejor domó a las estrellas de cine de los 90". Vanity Fair (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  6. "Joel Schumacher, Batman Forever and The Lost Boys director, dies aged 80". The Guardian (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  7. "Batman Triumphant: examining the sequel that never happened". Den of Geek (en inglés). 21 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  8. "Joel Schumacher, Most Enthusiastic Hollywood Director, Dies at 80, Made “Tigerland,” “St. Elmo’s Fire,” “Lost Boys”". Showbiz411 (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  9. Lowry, Brian. "Joel Schumacher, director of Batman movies and 'St. Elmo's Fire,' dead at 80". CNN (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2020.
  10. "Alert: Joel Schumacher, director of ‘Lost Boys,’ ‘St. Elmo’s Fire’ and 2 ‘Batman’ films, dies at 80". The Ridgefield Press (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
  11. "Jim Carrey, Matthew McConaughey And More Pay Tribute To Batman Director Joel Schumacher". Cinema Blend (en inglés). 23 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020 vía Newspapers.com.
  12. "In Conversation: Joel Schumacher After five decades in Hollywood, the director has plenty of stories — but don't expect him to kiss and tell". Vulture (en inglés). 22 de xñuo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020.
  13. "Rudolph Valentino". The South Bend Tribune (en inglés). 7 de setembro de 1984. p. 40. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuo de 2020 vía Newspapers.com.
  14. "Donor Lookup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2019.
  15. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Joel Schumacher: 1939–2020". Roger Ebert (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2020.
  16. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 "Where to Stream the Films of Joel Schumacher". Vulture (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]