Genndy Tartakovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Genndy Tartakovsky
Genndy Tartakovsky 2018.jpg
Nome completoГеннадий Борисович Тартаковский
Nacemento17 de xaneiro de 1970
 Moscova
NacionalidadeEstados Unidos de América, Rusia e Unión Soviética
RelixiónXudaísmo
Alma máterColumbia College Chicago, Manchester School of Art e Lane Technical College Prep High School
Ocupacióndirector de cinema, animador, diretor de animação, produtor de televisión, actor de dobraxe, guionista, director de fotografía e artista de banda deseñada
PremiosWinsor McCay Award
Genndy Tartakovsky signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Gennadiy Borisovich Tartakovsky (ruso: Геннадий Борисович Тартаковский)[1], nado o 17 de xaneiro de 1970 en Moscova, é un animador, director de cine e produtor estounidense. É coñecido pola creación de series de televisión de animación para Cartoon Network como son Dexter's Laboratory, Samurai Jack e Star Wars: Clone Wars, así como co-creador de Sym-Bionic Titan. No 2011, Tartakovsky uniuse a Sony Picture Animation onde debutou dirixindo o filme Hotel Transylvania[2] e a súa secuela Hotel Transylvania 2.[3] Aínda que o seu nome en ruso Геннадий adoita transcribirse como Gennady or Gennadiy, el cambiou a súa ortografía a Genndy despois de trasladarse de Rusia ós Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Tartakovsky naceu o 17 de xaneiro de 1970, en Moscova de pais xudeus.[4] O seu pai, Boris, traballou como dentista[5] para os funcionarios do goberno e para a Selección nacional soviética de hóckey sobre xeo.[6] A súa nai, Miriam, foi a asistente do director dunha escola. Tamén ten un irmán, Alexander, quen é dous anos máis vello e actualmente é consultor de informática en Chicago.[6]

A familia de Tartakovsky trasladouse aos Estados Unidos cando tiña sete anos[7] debido as preocupacións sobre o efecto do antisemitismo na vida dos seus fillos.[6] A familia estableceuse orixinalmente en Columbus, Ohio[8] e despois trasladouse a Chicago. Viuse moi influenciado polos cómics que atopou alí; a súa primeira compra foi un cómic dos Super Friends. Tartakovsky comezou a asistir no terceiro grado na Eugene Field Elementary School de Chicago. A escola era difícil para el porque sentía que todo o mundo o recoñecía como estranxeiro. Pasou a frecuentar a prestixiosa Lane Technical College Prep High School de Chicago, e di que nunca sentiu que encaixaba ate que estivo no segundo ano. Cando tiña 16 anos, o seu pai morreu dun ataque cardíaco.[6] El sentía que o seu pai era moi rigoroso e era un home á antiga, pero a relación de Genndy con seu pai foi moi especial para el. Trala morte do seu pai, Genndy e a súa familia trasladáronse a unha vivenda financiado polo goberno, e empezou a traballar namentres cursaba o ensino medio.

Para satisfacer a súa familia, Tartakovsky tentou tomar clases de publicidade, xa que desexaban que fora un home de negocios. Así é todo, inscribiuse tarde e tivo pouca pode de elección sobre as súas clases. Foi designado para acudir a clase de animación na Columbia College Chicago antes de se mudar aos Ánxeles para estudar animación no Instituto das Artes de California[8] (co seu amigo Rob Renzetti)[6] e alí, coñeceu a Craig McCracken. Na CalArts, Tartakovsky dirixido e animou dúas películas de estudantes, unha das cales foi a base para facer Dexter's Laboratory.[8] Despois de dous anos na CalArts, Tartakovsky conseguiu un emprego en España en Batman: The Animated Series e The Critic. Mentres estaba en España, a súa nai morreu de cancro.[6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Craig McCracken conseguiu un traballo de director de arte na Hanna-Barbera para o show 2 Stupid Dogs[5] e recomendou a contratación de Robert Renzetti e máis de Tartakovsky. Este foi un importante punto de inflexión na carreira de Tartakovsky. Hanna-Barbera cedeu un trailer a Tartakovsky, McCracken, Renzetti e Paul Rudish para traballar no aparcadoiro do estudo, é alí onde Tartakovsky comezou a crear as súas obras máis coñecidas. Dexter's Laboratory xurdiu a partir dunha película de estudante co mesmo título que produciu mentres estudaba no California Institute of the Arts. Tartakovsky tamén co-escribiu e deseñou o nº 25 dunha serie de cómics de Dexter's Laboratory, titulado "Subble Trouble".[9] Ademais, axudou a producir The Powerpuff Girls e dirixiu moitos episodios, e mesmo foi director de animación para o filme The Powerpuff Girls Movie. Os tres proxectos foron nomeados varias veces para os Premios Emmy, con Samurai Jack finalmente gañou o "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas de menos dunha hora) en 2004 - o mesmo ano en que ía gañar na categoría "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) por Star Wars: Clone Wars.

O creador da saga da Guerra das galaxias George Lucas contratou a Tartakovsky para dirixir Star Wars: Clone Wars, unha serie de debuxos animados que transcorre entre Attack of the Clone e Revenge of the Sith. A serie gañou tres premios Emmy: dous para "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) en 2004 e 2005, e outra para "Primetime Emmy ao mellor logro individual en animación" (para o deseñador de fondos Justin Thompson en 2005). Tartakovsky asegurou non ter plans de traballar en proxectos futuros da Guerra das galaxias.[10] Tartakovsky axudou a crear o episodio piloto de "Korgoth of Barbaria", emitido por Adult Swim no 2006. Porén, o proxecto non logrou converterse nunha serie.

No 2005, Tartakovsky converteuse no presidente creativo de "Orphanage Animation Studios", un estudio de animación por ordenador pertencente á compañía de efectos visuais The Orphanage. En febreiro de 2006 anunciouse que o estudio estaba a cargo de crear unha secuela da película The Dark Crystal (1982), que sería titulada Power of the Dark Crystal e estaría dirixida por Tartakovsky. Así e todo, en maio de 2010 revelouse que Tartakovsky foi remprazado por Michael e Peter Spierig. Tamén dirixiu unha serie de anuncios anti-tabaco, un para Nicorette en 2006[11] e dous para Niquitin en 2008.[12]

No 2009 creou unha curta titulada Maruined, para o programa de Cartoon Network Cartoonstitute, que aínda non foi oficialmente transmitido. Anunciouse tamén que Tartakovsky ía escribir e dirixir unha película de Samurai Jack de Frederator Studios de Fred Seibert e Bad Robot Productions de J. J. Abrams.[13] En xuño de 2012, Tartakovsky dixo que tiña unha historia para completar a serie pero o proxecto foi arquivado cando J. J. Abrams comezou a dirixir o filme de Star Trek.[14] No 2010, creou storyboards para o filme de Jon Favreau Iron Man 2.[15] A última serie de televisión de Tartakovsky para Cartoon Network, Sym-Bionic Titan, emitiuse entre 2010 e 2011. Tiña a esperanza de ampliar os 20 episodios iniciais, pero non foi renovado para alén da súa primeira tempada. O 7 de abril de 2011 un prólogo animado por Tartakovsky para a película de terror Priest estreouse en liña.[16] A principios de 2011, Tartakovsky pasou a traballar con Sony Pictures Animation, onde fixo a súa estrea na dirección de cine con Hotel Transylvania (2012).[2] En xullo de 2012, asinou un acordo a longo prazo con Sony para desenvolver e dirixir os seus propios proxectos. O seu primeiro proxecto inicial actualmente titúlase Can You Imagine? e será producido por Michelle Murdocca. É descrito como unha "viaxe fantástica a través da imaxinación dun neno".[17]

En xuño de 2012, Sony Pictures Animation anunciou que Tartakovsky foi nomeado para dirixir unha longametraxe de animación por ordenador de Popeye.[18] En marzo de 2015, Tartakovsky anunciou que, a pesar de que a rodaxe de proba foi ben recibida, non estaba a traballar máis no proxecto, e, pola contra, comezou a dirixir Can You Imagine?.[19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
2002 The Powerpuff Girls Movie Director de animación
2006 How to Eat Fried Worms Director de animación
2010 Iron Man 2 Animador
2011 Priest Director de animación
2012 Hotel Transylvania Director
2012 Goodnight Mr. Foot[20] Curtametraxe
Director e animador
2015 Hotel Transylvania 2 Director
2016 Trolls Consultor creativo (sen creditar)[21]
2017 Puppy! Curtametraxe
Director e guionista[22]
2018 Hotel Transylvania 3: Summer Vacation[23] Director e guionista
Voz de Blobby, Blobby Baby Puppy Blobby
2021 Hotel Transylvania: Transformania Guionista e produtor executivo[24]
TBA Fixed Director
Black Knight Director e guionista[25]
Popeye Director

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas
1991 Tiny Toon Adventures
Episodio: "Henny Youngman Day"
Asistente de animación (sen creditar)
1992–1993 Batman: The Animated Series Animador (sen creditar)
1993–1995 2 Stupid Dogs Director de animación
1994 The Critic Animador
1996–2003 Dexter's Laboratory Creador, director (1996–1999, 2003), guionista, animador, produtor, produtor executivo (2001–2003) e deseñador de personaxe
1998 Vaca e polo
Episodio: "Cow's Pies"
Animador
1998–2002 The Powerpuff Girls Produtor (tempadas 1–4), guionista, director de gravación, animador e director (tempadas 1–3)
1999 Dexter's Laboratory: Ego Trip Telefilme
Director, produtor e animador
2000 Foe Paws Director de animación e produtor
2000 Whatever Happened to... Robot Jones?
Episodio: "Pilot"
Produtor
2001 The Flintstones: On the Rocks Telefilme
Produtor
2001–2004
2017
Samurai Jack Creador, director, guionista, animador, produtor e director de son
2003 Duck Dodgers
Episodio: "Samurai Quack"
Actor de voz como el mesmo
2003–2004 The Grim Adventures of Billy & Mandy Produtor
2003–2005 Star Wars: Clone Wars Creador, animador, produtor e director
2004 Periwinkle Around the World
Episodio: "Pilot"
Produtor e director
2006 Korgoth of Barbaria
Episodio: "Pilot"
Director de animación
2008 Maruined
Episodio: "Pilot"
Creador
2010–2011 Sym-Bionic Titan Creador, director, animador, guionista, director de son e produtor executivo
2013 Steven Universe
Episodio: "Pilot"
Director
2019–presente Primal Creador, director, animador, guionista, director de dobraxe e produtor executivo
2021 Unicorn: Warriors Eternal Creador[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Газета (ed.). "Мои мультфильмы – для любого возраста". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Keegan, Rebecca (25 de agosto de 2012). "Genndy Tartakovsky gets 'Hotel Transylvania' open for business". Los Angeles Times. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  3. Keegan, Rebecca (25 de agosto de 2012). "Genndy Tartakovsky gets 'Hotel Transylvania 2'". Los Angeles Times. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  4. The Jewish Journal (ed.). "The Way of the Samurai". Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Jubera, Drew (12 de agosto de 2001). "WATCHING TV: Is 'Samurai' one for the ages?". The Atlanta Journal-Constitution. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Wilkinson, Alec (2002). "MOODY TOONS; The king of the Cartoon Network." The New Yorker. ANNALS OF POPULAR CULTURE. pp. p. 76. 
  7. SAMURAI JACK. DUNCAN HIGGITT. Western Mail. First Edition; NEWS; p. 28. 17 de xuño de 2005.
  8. 8,0 8,1 8,2 Tim Feran, SAMURAI JACK PUTS ART BACK INTO ANIMATION. Columbus Dispatch (Ohio). FEATURES – TV PLUS; Cover Story; p. 3. 11 de maio de 2003.
  9. Lander, Randy. "Snap Judgments: Dexter's Laboratory #25: "Stubble Trouble"". TheFourthRail.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2007. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  10. MTV.com. "Movie File: Russell Crowe, Seann William Scott, Ne-Yo & More". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  11. Cartoon Brew (ed.). "Genndy Tartakovsky's Nicorette Commercial". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  12. Motionographer (ed.). "Genndy Tartakovsky for Willpower". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  13. "J.J. Abrams Producing Samurai Jack: The Movie". FilmJunk.com. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  14. Douglas, Edward. "A Preview of Sony Animation's Hotel Transylvania". Shock Till You Drop. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  15. Eric, Vespe (29 de outubro de 2010). "Part 1 of Quint's epic interview with Jon Favreau! IRON MAN 2! IMAX! James Cameron's AVATAR! And... Genndy Tartakovsky?!?". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  16. Gallagher, Brian. "Priest Genndy Tartakovsky Animated Prologue". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  17. Dave, Koch (13 de marzo de 2014). "Sony Updates Animated Feature Film Roster". Big Cartoon DataBase. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  18. Abrams, Rachel. "Helmer moves Sony's 3D 'Popeye' forward". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  19. Han, Angie. "Genndy Tartakovsky Exits Sony's 'Popeye'". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  20. Sony Pictures Animation (25 de outubro de 2012). "No Trick, Big Halloween Treat from Sony Pictures Animation's HOTEL TRANSYLVANIA Director Genndy Tartakovsky". PR Newswire. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  21. Kendrick, Anna (4 de novembro de 2016). "Trolls". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  22. "Sony Pictures Animation Teases Upcoming Slate". 18 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  23. Amidi, Amid (20 de xuño de 2016). "Genndy Tartakovsky Isn't Done With 'Hotel Transylvania,' Will Direct Third Film in Franchise". Cartoon Brew. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  24. Taylor, Drew (12 de xullo de 2020). "Collider Connected: 'Primal' Creator Genndy Tartakovsky Talks 'Popeye,' 'Star Wars' and the MCU". Collider. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  25. Black Knight
  26. Littleton, Cynthia (28 de outubro de 2020). "Warner Bros. Takes Over HBO Max Kids and Family Programming (EXCLUSIVE)". Variety. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]