Saltar ao contido

Popeye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Popeye


Tipopersonaxe humano de ficción, personaxe de banda deseñada, personaxe animado, personaxe cinematográfico e personagem publicitário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónPopeye (tira de quadrinhos) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creador/aE. C. Segar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado enFrank Fiegel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVovô Popeye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParellaOlívia Palito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesFacebook: Popeye Twitter: PopeyeTweetsk Instagram: popeye Youtube: UCqvXAiNyn8pd9SVPclWfJTg Musicbrainz: dd3e4d2e-7e44-4137-bd06-c9043f746b8f Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor.

Popeye the Sailor, Popeye o mariño (en inglés Pop-eye = ollo saltón) é un famoso personaxe de cómic e de curtametraxes de debuxos animados. Foi creado por Elzie Crisler Segar e apareceu por primeira vez na tira cómica Timble Theatre, na edición do The New York Evening Journal do 17 de xaneiro de 1927.[1][2] Desde o 1 de xaneiro de 2025, as primeiras versións do personaxe están no dominio público.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

A caracterización de Popeye é a dun mariñeiro independente cunha peculiar forma de falar, cos músculos dos antebrazos moi desenvolvidos e unha omnipresente pipa de cana de millo na súa boca. O seu estraño humor repártese nunha serie de estrañas aventuras ao longo do mundo e ten como eterna confrontación cos seus mortais inimigos e os seus máis queridos amigos. Nin que dicir que a característica máis coñecida deste personaxe é o consumo de espinacas que o convertían nun ser moi poderoso capaz de castigar aos seus inimigos, por moi poderosos que estes fosen.

Orixe da súa forza

[editar | editar a fonte]

Un paxaro chamado Bernice proporcionaba a Popeye unha forza sobrehumana temporal cada vez que o acariñaba. Porén, a transición cara ao consumo de espinacas como fonte da súa forza foi un cambio introducido máis tarde, influenciado por razóns comerciais e de mercadotecnia, e, xunto con outras das súas características, non está aínda no dominio público.[3]

Na década de 1930, os produtores de espinacas e o goberno dos Estados Unidos querían promover o consumo de espinacas entre a poboación debido ao seu suposto alto contido de ferro e outros nutrientes. As espinacas como fonte da forza de Popeye aumentou a popularidade do personaxe e impulsou as vendas desta verdura nos EUA. Con todo, e aínda que as espinacas son un alimento moi saudábel, as súas propiedades víronse exaxeradas por un erro nos decimais en datos oficiais.[4]

Personaxe real

[editar | editar a fonte]

Frank "Rocky" Fiegel foi a inspiración real para Popeye. "Rocky"era un mariñeiro de orixe polaca e posteriormente traballou nunha taberna en Chester, Illinois. Coñecido polo seu ollo "saltón" e a pipa sempre na boca, Fiegel destacaba pola súa forza e a súa habilidade para contar aventuras, aspectos que Elzie Crisler Segar incorporou ao seu personaxe. Segar, que coñeceu a Fiegel na súa mocidade, rendeulle homenaxe a través de Popeye, reflectindo a personalidade e as anécdotas de Fiegel nas tiras cómicas.[5] A contribución de Fiegel á creación de Popeye foi recoñecida por Segar ata o final da súa vida, chegando a enviarlle diñeiro regularmente. Após a morte de Fiegel en 1947, a súa lápida incluíu a imaxe de Popeye e a inscrición "Inspiración para o mariñeiro Popeye".[6]

A Date To Skate, curta de 1938.

Segundo unha lenda moi estendida, outros personaxes da serie tamén estaban baseados en persoas reais, como Olivia, baseada en Dora Paskel, unha comerciante alta e esvelta de Chester, co cabelo en coque, ou Dudu, inspirado en William "Windy Bill" Schuchert, amante das hamburguesas e primeiro empregador de Segar.[7]

[editar | editar a fonte]

En 1980, Robert Altman dirixiu o filme Popeye, protagonizado por Robin Williams. O set de rodaxe en Malta foi adaptado despois da gravación como parque temático. En 1982 foi publicado por Nintendo un videoxogo de plataformas de Popeye en 8bits. En 2004 foi lanzado un filme en animación 3D por ordenador.

Ao longo das décadas fixéronse numerosas estatuas para homenaxear o personaxe, a primeira delas en Crystal City, Texas, cidade cunha ampla produción de espinacas, para agradecerlle o aumento nas demanda desa verdura na década de 1930.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Elzie Crisler Segar -- Britannica Online Encyclopedia". web.archive.org. 2008-07-25. Archived from the original on 25 de xullo de 2008. Consultado o 2025-01-12. 
  2. "La Página no Oficial de Mortadelo y Filemon". www.mortadelo-filemon.es (en castelán). Consultado o 2025-01-12. 
  3. 3,0 3,1 Ceballos, Noel (2025-01-02). "¿Es Popeye de dominio público en este 2025? (Y otras preguntas que nos suscitan las endiabladas leyes del copyright)". GQ España (en castelán). Consultado o 2025-01-12. 
  4. "The Spinach Blunder: A Math Error Fooled World for Decades" (en inglés). 2024-08-20. Consultado o 2025-01-12. 
  5. Director, News (2021-07-01). "Editorial: Popeye the Sailor Man really existed". The Gila Herald (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  6. "Frank “Rocky” Fiegel (1868-1947) - Find a Grave...". www.findagrave.com (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  7. 7,0 7,1 Virtual, iSET-Plataforma de Loja (2022-03-02). "Conheça a verdadeira história sobre o Marinheiro Popeye". www.barconovo.com (en portugués). Consultado o 2025-01-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]