Jon Favreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jon Favreau
Jon Favreau 2016.jpeg
Nome completoJonathan Favreau
Nacemento19 de outubro de 1966
LugarFlushing
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enThe Bronx High School of Science e Queens College, City University of New York
FillosMax Favreau, Madeleine Favreau e Brighton Rose Favreau
Profesiónactor, guionista, director de cine, produtor de cine, actor de dobraxe, escritor, actor de xénero, actor de cinema, actor de televisión e produtor executivo
editar datos en Wikidata ]
Favreau promocionando Iron Man en México.

Jon Favreau, nado en Nova York o 19 de outubro de 1966, é un actor, guionista, produtor e director estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Favreau naceu no barrio de Flushing no distrito de Queens, fillo de Madeleine, unha mestra de escola que morreu de leucemia en 1979, e Charles Favreau, un mestre de educación especial[1]. Súa nai procedía dunha familia xudía de Rusia[2][3] e seu pai era católico de orixe italiana e franco-canadense[4][5][6]. Jon estudou nunha escola hebrea e tivo unha cerimonia Bar Mitzvah[7].

Logo de rematar a secundaria estudou no Queens College dende 1984 a 1987[8] pero acabou por abandonalo, e traballou por algún tempo en Bear Stearns de Wall Street antes de volver a Queens College durante o primeiro semestre de 1988 pero volveu deixalo. No verán de 1988 estableceuse Chicago para se dedicar á comedia[9], actuando en varios teatros dedicados á improvisación, como o ImprovOlympic e o Improv Institute[10].

Primeiros pasos como actor[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía en Chicago Favreau actuou como extra en filmes pero a súa primeiro papel relevante foi como o adestrador D-Bob no filme Rudy protagonizado por Sean Astin en 1993[11]. No ano seguinte apareceu no filme PCU con Jeremy Piven e nun episodio que se emitiu en 1994 de Seinfeld titulado "The Fire"[12][13].

Tras instalarse nos Ánxeles escribiu, e protagonizou con Vince Vaughn, a comedia dramática independente Swingers (1996). En 1997 apareceu na serie de televisión Friends, facendo de Pete Becker – o mozo millonario de Monica Geller que compite no Ultimate Fighting Championship (UFC) – durante varios episodios[14], e tamén apareceu na serie de sketchs Tracey Takes On... en 1996 e mais en 1997[15]

Volveu actuar con Piven en 1998 en Very Bad Things (1998)[16] e en 1999 protagonizou o filme para televisión Rocky Marciano, baseada na vida do boxeador Rocky Marciano[17]. No ano 2000 protagonizou Love & Sex con Famke Janssen[18] e apareceu en The Replacements como o obseso linebacker Daniel Bateman, e en The Sopranos interpretouse a si mesmo no episodio "D-Girl"[19][20]

2001-2015. Actor-director[editar | editar a fonte]

En 2001 dirixiu o seu primeiro filme, Made[21], protagonizada por el mesmo e Vince Vaughn.

Dirixiu o derradeiro episodio do drama universitario Undeclared en 2001, e interpretou o avogado Foggy Nelson na película de 2003 Daredevil (2003)[22][23]. Protagonizou The Big Empty (2003) dirixido por Steve Anderson[24].

O seu primeiro éxito de recadación como director veulle no outono de 2003 coa comedia Elf interpretada por Will Ferrell, Zooey Deschanel, James Caan e Peter Dinklage. Tamén en 2003, Favreau tivo un pequeno papel en Cando menos o esperas como Leo, o asistente persoal de Harry Sanborn[25]. En 2005 dirixiu a adaptación cinematográfica do libro Zathura de Chris Van Allsburg. Continuou a facer aparicións regulares en filmes e na televisión, co seu amigo Vince Vaughn deixouse ver na comedia románica The Break-Up e en My Name Is Earl encarnou un deplorable xerente dun negocio de comida rápida. Tamén apareceu no documental Wild West Comedy Show.[26] Tamén en 2005, Favreau apareceu como xuíz convidado e representante executivo de Sony Corporation na quinta semana do programa da NBC, The Apprentice para xulgar os esforzos de dous equipos para deseñar e construír un carro triunfal para publicitar o seu filme Zathura: A Space Adventure.[27]. Entre 2001 e 2005 presentou o programa de televisión Dinner for Five na canle por cable IFC.

O ano 2008 logrou coa transposición da banda deseñada ao cinema das aventuras do millonario e superheroe Tony Stark Iron Man, con estrea o 2 de maio un éxito mundial de crítica [28] e público[29], o que consolidou a reputación de Favreau como director [30]. O filme foi a primeira película de Marvel producida tras a súa alianza coa Paramount, e ademais de director, Favreau serviu como produtor executivo e apareceu nunha das primeiras escenas como Happy Hogan, o chofer de Tony Stark. Tamén escribu dous números dunha serie da Marvel Knights titulada Iron Man: Viva Las Vegas que se presentou en setembro de 2008 pero que se cancelou xa en novembro[31]. En 2008 encarnou a Denver, o grande irmán do protagonista, Vince Vaughn, no filme de Nadal Four Christmases.

En 2009 dirixiu a secuela das aventuras de Tony Stark, Iron Man 2 que tivo a estrea mundial nos Ánxeles o 26 de abril de 2010[32] e foi tamén un éxito de crítica e público.

Escribiu e protagonizou a comedia romántica Couples Retreat xunto con Vince Vaughn, e Kristin Davis como a súa muller[33]. Deulle voz a Pre Vizsla en varios episodios da serie de animación Star Wars: The Clone Wars.[34]

Foi produtor executivo do filme de Joss Whedon The Avengers.[35][36] En 2011 dirixiu o filme Cowboys & Aliens, mestura audaz de película do oeste e mais de ciencia ficción pero que foi unha decepción comercial e de crítica [37]. Favreau dirixiu o episodio piloto da serie de Revolution, serie da NBC e tamén foi un dos seus produtores xunto con J. J. Abrams[38]

En 2013 realizou outro episodio piloto, desta volta dunha serie baseada na novela About a Boy do británico Nick Hornby, pero no que a acción se desenvolve en San Francisco[39].

Dende 2016 continuación do éxito[editar | editar a fonte]

En 2016 dirixiu e produciu a adaptación de The Jungle Book para a Walt Disney Pictures que tivo a súa estrea o 15 de abril 2016 con recoñecemento de crítica e de público[40]. Volveu encarnar a Happy Hogan no filme Spider-Man: Homecoming (2017), e foi produtor executivo de Avengers: Infinity War (2018). Non obstante, filmar unha escena da película, non se incluíu na exhibición en salas, pero si ao saír en formato Blu-Ray. En 2017 dirixiu o piloto da nova serie da CBS Young Sheldon[41]. Favreau tamén apareceu na secuela de Homecoming, Spider-Man: Far From Home[42]

En xullo de 2019 foi a estrea da adaptación de animación por ordenador do filme de Disney The Lion King[43], dirixindo por primeira volta un musical[43], ademais de producilo. O 29 de xullo a película superou a The Jungle Book como o filme con maior recadación da súa carreira, e tamén superou a recadación do filme orixinal[44].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jewel, Dan (25 de novembro de 1996)."Swing and a Hit". People. vol. 46, #22.
  2. Bloom, Nate (28 de novembro de 2008). "Jewish Stars". Cleveland Jewish News. 
  3. Weiss, Vered (1 de febreiro de 2015). "Jon Favreau Serves Up Warm, Feel Good Comedy, "Chef" On Netflix". Jewish Business News. 
  4. Ryan, James (13 de outubro de 1996). "A Hollywood Scene He Knows Too Well". The New York Times.
  5. Pfefferman, Naomi (26 de decembro de 2003). "A Gift From Santa's Jewish Helpers". JewishJournal.com.
  6. Stack, Peter (18 de outubro de 1996). "Jon Favreau's 'Swingers' -- It's a Guy Thing". The San Francisco Chronicle. 
  7. "The Arty Semite". Forward.com .
  8. Suter, Bob (Outono de 2006). "Lighting Up the Arts: Extraordinary Queens College Alumni Who Have Gone on to Successful Careers in the Arts" (PDF). Q Magazine. Queens College. 
  9. "Jon Favreau" Arquivado 26 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
  10. Gillette, Amelie (7 de marzo de 2006). "Jon Favreau". The A.V. Club. 
  11. Hayes, Britt (4 de xuño de 2013). "See the Cast of 'Rudy' Then and Now". ScreenCrush. 
  12. Richardson, Seth (14 de xullo de 2014). "'PCU' 20 Years Later: 5 Ways The Film Predicted The Future". The Daily Caller. 
  13. Rothman, Michael (5 de xullo de 2014). "On 'Seinfeld's' 25th Anniversary: 25 Actors You Forgot Were on the Show". ABC News. 
  14. Dockterman, Eliana (29 de decembro de 2014). "8 Actors Who Got Their Start on Friends". Time. 
  15. TV.com. "Tracey Takes On...". 
  16. Travers, Peter (25 de novembro de 1998). "Very Bad Things". Rolling Stone. 
  17. Angulo, Sandra P. (14 de maio de 1999). "Jon Favreau takes a swing at Rocky Marciano". Entertainment Weekly. 
  18. Costa, Maddy (22 de setembro de 2000). "Lots more Mr Nice Guy". The Guardian. 
  19. Sauter, Michael (1 de decembro de 2000). "The Replacements". Entertainment Weekly. 
  20. VanDerWerff, Todd (11 de agosto de 2010). "The Sopranos: "D-Girl"/"Full Leather Jacket"". The A.V. Club. 
  21. Giroux, Jack (12 de maio de 2014). "How Jon Favreau Made "Chef" His Own Flavor of Ice Cream". Film School Rejects. 
  22. Ng, Philiana (13 de marzo de 2011). "'Undeclared' Creator Judd Apatow: It Was a Weird Moment for Comedy". The Hollywood Reporter. 
  23. McNary, Dave (22 de febreiro de 2002). "Daredevil has partner in Favreau". Variety. 
  24. "The Big Empty (2003)". The New York Times. Consultado o 14 de marzo de 2016. 
  25. Foundas, Scott (4 de decembro de 2003). "Review: 'Something's Gotta Give'". Variety. 
  26. "Vince Vaughn's Wild West Comedy Show: 30 Days & 30 Nights -- Hollywood To The Heartland". TV Guide. 
  27. "Lost in Space". 1 de xaneiro de 2000 – vía IMDb. 
  28. Yamato, Jen (1 de maio de 2008). "Iron Man is the Best-Reviewed Movie of 2008!". Rotten Tomatoes. 
  29. "Iron Man (2008)". Box Office Mojo. 
  30. Adams, Sam (14 de abril de 2016). "Assessment of Jon Favreau's directing career from Iron Man to Chef to Jungle Book". Slate. 
  31. "Behind the Scenes of Iron Man with Director Jon Favreau". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  32. Boucher, Geoff (28 de abril de 2010). "'Iron Man 2' premiere: It's like real life but different". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2016. 
  33. "Trio of Ladies Going on Couples Retreat". TV Guide, 15 de outubro de 2008
  34. Joseph (27 de febreiro de 2014). "10 Actors You Didn't Realise Were In Star Wars: The Clone Wars". What Culture. 
  35. Sneider, Jeff "No Favreau? 10 Directors Who Could Take Over 'Iron Man 3'", TheWrap.com. WebCitation archive.
  36. "Jon Favreau Will Not Direct Iron Man 3". "Vulture" (column). New York, 14 de decembro de 2010.
  37. Owen Gleiberman "Cowboys & Aliens Movie Review". Entertainment Weekly, 28 de xullo de 2011
  38. Bettinger, Brendan (8 de febreiro de 2012). "Jon Favreau to Direct NBC Pilot REVOLUTION; J.J. Abrams, Eric Kripke, and Bryan Burk Producing". Collider. 
  39. "NBC Pilot Filmed in San Francisco". Nbcbayarea.com. 28 de marzo de 2013. 
  40. "Disney Sets Release Dates for Alice in Wonderland 2 and The Jungle Book". comingsoon.net. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  41. ""Young Sheldon" Pilot (TV Episode 2017)". IMDb. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  42. Schaefer, Sandy (17 de abril de 2019). "Spider-Man: Far From Home Release Date Moves Up 3 Days". Screen Rant. 
  43. 43,0 43,1 "Disney and Jon Favreau Joining Forces on "The Lion King" - The Walt Disney Company". The Walt Disney Company. 28 de setembro de 2016. 
  44. Van Boom, Daniel (29 de xullo de 2019). "The Lion King remake has already beaten the original Lion King at the box office". cnet.com.