Gaspard Monge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gaspard Monge
Gaspard monge litho delpech.jpg
Datos persoais
Nacemento 9 de maio de 1746
Lugar Beaune, Flag of France.svg Francia
Falecemento 19 de maio de 1746
Lugar París, Flag of France.svg Francia
Soterrado Panteón de París e Cemiterio do Père-Lachaise
Residencia 28 de xullo de 1818 (72 anos)
Nacionalidade Francia
Cónxuxe sen etiquetar
Actividade
Campo Matemáticas
Alumnos de tese Jean-Baptiste Biot[1]
Sylvestre François Lacroix
Jean-Victor Poncelet[1]
Contribucións e premios
Coñecido por Xeometría descritiva
Premios Gran Oficial da Lexión de Honra
Signature de Gaspard Monge.svg
editar datos en Wikidata ]

Gaspard Monge, conde de Péluse [gaspaʁ mɔ̃ʒ], nado en Beaune o 9 de maio de 1746[2] e finado en París o 28 de xullo de 1818 foi un matemático francés, pai da xeometría descritiva.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gaspard Monge

Monge naceu en Beaune,[2] fillo de Jacques Monge, un vendedor ambulante que posteriormente se converteu en presidente do Colexio de Avogados da irmandade de mercerías de Beaune, e de Jeanne Rousseaux. Estudou nas escolas de Beaune e Lión e na escola militar de Mézières. Aos 16 anos foi nomeado profesor de física en Lión, cargo que exerceu até 1765. Tres anos máis tarde foi profesor de matemáticas e en 1771 profesor de física en Mézières. Entrou na Academia Real de Ciencias en 1780 e publicou oito anos máis tarde o seu Traité de statistique.

Sendo xa un dos máis importantes científicos do seu país, a Revolución Francesa, que apoiou decididamente desde o seu inicio en 1789, cambiou por completo o curso da súa vida. Membro primeiro da Sociedade Patriótica, integrouse despois cos xacobinos, onde coñeceu a Robespierre e a Saint-Just entre outros revolucionarios notorios. Foi elixido vicepresidente na véspera do 9 de termidor (27 de xullo de 1794).

En 1792 foi nomeado con outro cinco acodes (Danton entre elas) membro do Executivo Provisional do Consello. Nomeado Ministro de Mariña (de agosto de 1792 até abril de 1793) pola Convención, pedíuselle reorganizar os arsenais e potenciar as fábricas de canóns. Contribuíu a fundar a École Polytechnique en 1794, na que deu clases de xeometría descritiva durante máis de dez anos, e en 1795 entrou no instituto de Francia. Mentres buscaba obras de arte durante a campaña de Italia coñeceu a Napoleón, quen lle encargou xunto con Claude Louis Berthollet que levase ao Directorio a ratificación do Tratado de Campo Formio.

O 6 de febreiro de 1798 saíu de París cara a Roma, coa orde de entrevistarse co Papa Pío VI en nome da República Francesa, cominándolle a renunciar á súa autoridade temporal, conservando unicamente a súa autoridade espiritual. Sabendo que a proposta era irrealizable, ordenou ao pontífice abandonar Roma en dous días: Pío VI saíu da cidade durante a noite do 19 ao 20 de febreiro de 1798. Despois dos abusos do xeneral André Masséna e do seu despedimento o 2 de marzo dese ano, Monge nomeou os cargos da nova República Romana fóra das finanzas.

Monge foi convidado a participar na expedición a Exipto, pero alegou que xa tiña unha idade moi avanzada para participar nesta empresa. Con todo, Napoleón logrou persuadilo e cambiou de opinión. Converteuse nun dos confidentes do xeral en Exipto, sendo nomeado primeiro presidente do Instituto de Exipto. Ademais, preparou un traballo sobre os espellismos durante a súa estadía en oriente.

Regresou a Francia con Napoleón o 23 de agosto de 1799, ano en que publicou a súa famosa obra Geometrie descriptive. Foi nomeado membro do Senado, director da Escola Politécnica (1802) e conde de Pelusio. A caída de Napoleón fixo que o excluísen do Instituto e da escola Politécnica.

Dende 1777 estivo casado con Marie-Catherine Huart (1747-1846), coa que tivo tres fillas. Morreu en París o 28 de xullo de 1818 e foi enterrado no cemiterio do Père-Lachaise. En 1989, as súas cinzas foron trasladadas ao Panteón de París.

A xeometría descritiva[editar | editar a fonte]

Monge é considerado o creador da xeometría descritiva, sistema que permite representar superficies tridimensionales de obxectos sobre unha superficie bidimensional. Existen diferentes sistemas de representación que serven a este fin, como a perspectiva cónica, o sistema de planos acoutados etc. pero quizais o máis importante é o sistema diédrico, tamén coñecido como sistema Monge, que foi desenvolvido por Monge na súa primeira publicación no ano 1799.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Traité élémentaire de statique. París 8. A., 1848
  • Géométrie descriptive. París 7. A., 1847
  • Application de l'analyse à la géométrie. París 5. A., 1850
  • Application de l'algèbre à la géométrie. 1805

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Grand-croix de l'ordre de la Réunion.
  • Gran Oficial da Lexión de Honra.[5]
  • Cabaleiro da Orde da Coroa de Ferro.[6]
  • A súa localidade natal, Beaune, dedicoulle unha estatua en 1849.
  • É un dos 72 científicos cuxo nome figura inscrito na Torre Eiffel.
  • O cráter lunar Monge recibiu o seu nome en 1935.
  • Desde o 4 de novembro de 1992, a Mariña Francesa opera o buque MRIS FS Monge, nomeado así na súa honra.
  • O asteroide 28766 Monge, descuberto por Paul G. Comba en 2000 tamén leva o seu nome.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]