Jean-Victor Poncelet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Victor Poncelet
Jean-Victor Poncelet.jpg
Datos persoais
Nacemento1 de xullo de 1788
LugarMetz Flag of France.svg Francia
Falecemento22 de decembro de 1867 (79 anos)
LugarParís Flag of France.svg Francia
NacionalidadeFrancia
Actividade
CampoXeometría proxectiva
Alma máterUniversidade de París
Director de teseGaspard Monge
Contribucións e premios
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
Ponce sig.jpg
editar datos en Wikidata ]

Jean-Victor Poncelet, nado en Metz o 1 de xullo de 1788 e finado en París o 22 de decembro de 1867, foi un matemático e enxeñeiro francés, autor de notables achegas que supuxeron a recuperación da xeometría proxectiva como unha disciplina matemática importante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jean-Victor Poncelet naceu en Metz no ano 1788. Estudou na Escola Politécnica e na Academia Militar da súa cidade natal. Foi oficial do exército de Napoleón e participou na campaña contra Rusia; entre 1813 e 1814 estivo retido na prisión de Saratoff, despois de ser dado por morto durante a retirada de Moscova. Os seus descubrimentos matemáticos máis importantes, que haberían de renovar a xeometría proyectiva, foron xestados precisamente durante os anos de cativerio.

Ao volver a Francia, aproveitando os poucos intres libres que lle deixaban as súas funcións como enxeñeiro militar, dedicouse a pór por escrito e dar a coñecer os seus descubrimentos. En 1831 foi elixido membro da Academia de Ciencias, para ocupar a cadeira que o falecemento de Laplace deixara vacante, aínda que por razóns políticas tardou en aceptar o ofrecemento.

Contribucións[editar | editar a fonte]

Débeselle fundamentalmente o importante principio de dualidade ou de Poncelet segundo o que:

Todo enunciado de xeometría proxectiva plana permanece válido se se substitúen os puntos por rectas, as rectas por puntos, a concorrencia de rectas polo aliñamento de puntos etc. e viceversa.

En 1822 publicou o seu libro sobre xeometría proxectiva, de forma que unha serie de problemas dificilmente resolubles pola antiga xeometría das formas, eran agora facilmente resoltos aplicando os novos métodos. A xeometría proxectiva fúndase por completo sobre o que chamaba un axioma de continuidade completamente simple: se se toma un arco de círculo cortado en dous puntos por unha recta, se se despraza a recta, hai un momento en que xa non toca o arco do círculo máis que nun punto e un momento no que se sae do círculo, xa non o toca en ningún punto. O axioma de continuidade de Poncelet habilita a posibilidade de tratar o caso da tanxente como un caso extremo, é dicir, que non é que un dos puntos desapareza, senón que os dous puntos sempre existen, pero virtuais. Cando a recta sae totalmente do círculo, non é que os dous puntos desaparezan, sempre están alí, pero ambos son virtuais. É precisamente este axioma da continuidade o que permite organizar todo un sistema de proxeccións, denominado sistema proxectivo.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Traité des propriétés projectives des figures. París (1822), 2 ed en 2 vols. 1862, 1865
  • Mémoire sur les roues hydrauliques verticais etc. Metz 1826
  • Cours de mécanique appliquée aux machines. Metz 1826
  • Théorie des effets mécaniques de la Turbine Fourneyron. Metz 1838
  • Introduction à la mécanique industrielle. Metz 1840

Honras[editar | editar a fonte]

  • É un dos 72 científicos que ten o seu nome inscrito na Torre Eiffel.

Eponimia[editar | editar a fonte]

  • O Poncelet é unidade obsoleta de potencia
  • O premio Poncelet, desde 1868
Xéneros

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prodr.
  2. Fl. Tristan d'Acugna 36 1811 (IK)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bell, Eric Amorne. Men of mathematics, Touchstone books
  • Didion, M. (1870). Notice sur la vie et les ouvrages du général J. V. Poncelet. L'Académie nationale de Metz.  in Mémoires de l’Académie nationale de Metz 1870 (50e année / 1868-1869; 2e série) pp. 101–159.
  • Bertrand, J. (1879). Mémoires de l'Académie des Sciences 41. 
  • Taton, René (1970). "Jean-Victor Poncelet". Dictionary of Scientific Biography. New York: Gale Cengage. ISBN 978-0-684-16970-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]