Retiro, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización en Madrid

Retiro é un distrito da cidade de Madrid. O distrito ten unha superficie 5,378 km² e unha poboación de 125.978 habitantes no 2005.

Neste distrito encóntrase o famoso Parque del Buen Retiro. O parque era orixinalmente, en 1632, un lugar de repouso para a familia real, durante o reinado de Filipe IV. O palacio que alá existía foi destruído durante as guerras napoleónicas. Despois da guerra contra os franceses, o rei Fernando VII (1814 - 1833) iniciou a súa reconstrución e abriu parte do xardín ao público.

Barrios[editar | editar a fonte]

Este distrito está dividido en seis barrios:

  • Adelfas
  • Estrella
  • Ibiza
  • Jerónimos
  • Niño Jesús
  • Pacífico