Val do Arado, Furco, Carballedo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Val.
| Val do Arado | |
|---|---|
Entrada ao lugar | |
| Parroquia | Furco |
| Concello | Carballedo |
| Coordenadas | 42°33′15″N 7°53′32″O / 42.55426111, -7.89230833 |
| Poboación | 11 hab. (2016) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Val do Arado é un lugar da parroquia de Furco no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. En 2016 tiña 11 habitantes, 7 mulleres e 4 homes, segundo o INE.
En Val do Arado houbo un ferreiro que chegou aos 100 anos entrado o século XX. Era moi coñecido na contorna e a el acudía moita xente para ferrar os zocos.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo pode ser un val de arado (o que fai os regos) ou tamén un val de alguén chamado en latín Aratus[1]. Ningún outro lugar galego se chama así.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 20/09/2017.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Furco
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Furco no concello de Carballedo (Lugo) | |
|---|---|
|
Abelairas | Furco | A Matanza | Penaboa | Penas Albas | O Porto | O Rañadoiro | Val do Arado |