Manuel Pavía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xeneral Pavía»)
Manuel Pavía
Nome completoManuel Pavía y Rodríguez de Alburquerque
Nacemento2 de agosto de 1827
Lugar de nacementoCádiz
Falecemento4 de xaneiro de 1895
Lugar de falecementoMadrid
Soterradocemiterio de San Justo de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz Laureada de San Fernando e Knight Commander of the Order of Carlos III
editar datos en Wikidata ]

Manuel Pavía y Rodríguez de Alburquerque, nado en Cádiz o 2 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 4 de xaneiro de 1895, foi un xeneral español autor do golpe de Estado que acabou coa Primeira República Española en 1874. Non debe ser confundido co xeneral Manuel Pavía y Lacy -como acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson "La berlina de Prim" onde de forma reiterada é cualificado como "o perdedor de Alcolea"-, marqués de Novaliches e xefe das tropas isabelinas derrotadas en Alcolea (1868). [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Soldados dirixidos por Pavía entran no Congreso dos Deputados.

Pavía ingresou na Escola Real de Artillaría de Segovia en 1841. Ascendeu a tenente en 1846, a capitán en 1855 e a maior en 1862. Tres anos máis tarde uniuse ó Xeneral Prim e tomou parte nos movementos revolucionarios de 1866, e tras dous anos de exilio, na Gloriosa de 1868 que destronou a raíña Isabel II. Non debe ser confundido este militar -como si acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson, "La berlina de Prim", onde reiteradamente é considerado "el perdedor de Alcolea"- con Manuel Pavía y Lacy, marqués de Novaliches, xefe das tropas fieis a Isabel II, derrotadas polo xeneral Serrano na batalla da ponte de Alcolea (1868). Durante a Primeira República combateu contra os carlistas en Navarra e contra os movementos cantonais en Andalucía. Sendo designado durante a presidencia de Emilio Castelar, Capitán Xeneral de Castela a Nova.

3 de xaneiro de 1874, cando Castelar perde unha moción de confianza, o xeneral Pavía enviou unha dotación ás Cortes, disolvéndoas e acabando co réxime parlamentario. Tras o golpe de Estado, Pavía convocou a todos os partidos políticos, coa excepción de cantonalistas e carlistas, para formar un goberno de concentración nacional, que deu o poder ó xeneral Serrano.

Durante o reinado de Afonso XII foi nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, cargo que ostentou ata 1881

Lenda[editar | editar a fonte]

A lenda conta que entrou no Congreso dos Deputados subido no seu cabalo, o cabalo de Pavía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palomero Caro, Rafael i Pérez Rodríguez, Josep Maria: Histocard 2. Història contemporània de Catalunya i d'Espanya. Castellnou Edicions. Barcelona, abril del 2006. Col·lecció Minimanual, núm. 14. ISBN 84-9804-211-9. Plana 46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]