Famagusta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°7′30″N 33°56′30″L / 35.12500, -33.94167

Famagusta
Αμμόχωστος
Mağusa
Cipro-Famagosta 4.jpg
Localización
Famagusta en Chipre
Famagusta
Famagusta
País Chipre Chipre
Distrito Distrito de Famagusta
Demografía
Poboación 42.526 (2009)
Outros datos
Alcalde İsmail Arter

Famagusta[1] (en grego: Αμμόχωστος, Ammójostos; en turco: Mağusa ou Gazimağusa) é unha cidade situada ao leste de Chipre, centro administrativo do distrito homónimo e baixo control da autoproclamada República Turca do Norte de Chipre. Ten 42,526 habitantes.

Como porto marítimo é un lugar de exportación de cítricos e outros produtos agrícolas-gandeiros. Nas súas proximidades atópanse as ruínas da antiga cidade de Salamina, destruída no ano 647.

O seu nome derivaríase do termo grego ammochostos (ἄμμος, χόω) que significa metido na area.

Historia[editar | editar a fonte]

Algúns historiadores din que foi fundada polo rei de Exipto Tolomeo II Filadelfo en 285 a. C. Pero da historia da cidade non se atopan restos máis aló do século VIII. Non hai certeza total, como se relaciona co dito por Lequien (II, 1065) que a sede ocupase o sitio de Arsínoe.

Famagusta prosperou no medio da destrución que se tiña nas veciñanzas de Salamina, a anterior capital da illa. No século XII a súa importancia era tal que Guy de Lusignan seleccionouna para que alí se coroase en 1191 ao Rei de Xerusalén e Chipre.

Os príncipes franceses fortificaron a cidade e no século XIII construíron a Catedral de San Nicolás, que foi transformada nunha mesquita.

Famagusta foi a sede da Diocese Latina do século XII e tivo bispos residentes até o final do século XVI.

A prosperidade de Famagusta non se viu afectada pola caída de Acre. En 1342, un escritor alemán describiuna como unha da máis ricas e fermosas cidades do mundo. A súa riqueza excedía a de Constantinopla e Venecia. Santa Brígida de Suecia, nas súas revelacións, compáraa con Sodoma e Gomorra.

Vista da praia en Famagusta.

A cidade foi capturada polos genoveses en 1374 e caeu en 1389 en mans dos venecianos, quen a retiveron até 1571. Estes transferiran a capital desde Nicosia en 1489.

O uso da pólvora e do canón fixeron necesario aos venecianos remodelar totalmente as defensas para que puidesen enfrontarse á artillaría. As torres medievais cadradas foron substituídas por unhas redondas e ao redor da muralla instaláronse unha serie de troneiras.

Finalmente e logo dun asedio de dez meses (1570-1571), que custou aos turcos 50.000 homes, a cidade rendeuse ao Imperio otomán.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Famagusta (Chipre)