Foudia madagascariensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Foudia madagascariensis
Macho
Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Foudia
Especie: F. madagascariensis
Nome binomial
Foudia madagascariensis
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Loxia madagascariensis
Linnaeus, 1766

Foudia madagascariensis é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, propia da illa de Madagascar.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu na súa Ornithologie unha descrición dunha ave de plumaxe vermella, baseándose nun espécime recolectado en Madagascar, e utilizou para designala o nome francés de le cardinal de Madagascar, e o latino de Cardinalis madagascariensis.[2] Aínda que Brisson nesta obra empregou nomes latinos, estes non se axustban todos á nomenclatura binomial, polo que non están recoñecidos pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.[3]

Cando en 1766 o naturalista sueco Carolus Linnaeus actualizou o seu Systema Naturae para a 12ª edición (que se punblicaría dous anos máis tarde), engadiu 240 especies que Brisson describira anteriormente.[3] Unha destas foi a que se trata aquí; Linnaeus incluíu unha breve descrición dela, acuñou o nome binomial Loxia madagascariensis, e citou o traballo de Brisson.[4]

A especie hoxe en día está incluída no xénero Foudia, que foi descrito polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach en 1850.[5]

A designación de Foudia madagascariensis como especie tipo do xénero, foi efectuada posteriormente.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Foudia.

O epiteto específico, madagascariensis fai referencia á illa onde habita esta ave.

Características[editar | editar a fonte]

Foudia madagascariensis é un pequeno paxaro duns 5 cm de lonxitude e un peso que pode variar dos 14 a o 19 g, máis ou menos as dimensións dun gorrión.

O macho presenta unha plumaxe, na época da reprodución de cor vermella brillante, con manchas negras ao redor de cada ollo; as partes inferiores son tamén vermallas, o que distigue esta especie doutras semellantes que habitan nas zonas onte se introduciu. As ás e a cola son de cor parda olivácea. Na femia, durante todo o ano, ten a plumaxe das partes superiores do corpo de cor parda olivácea e a das inferiores de cor gris apardazada. A plumaxe dos inmaturos é semellante á das femias.[7]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat habitual son claros de bosques, pasteiros e campos de cultivo. En Madagascar considérase unha praga para o cultivo de arroz.[1][7]

Distribúese de forma natural na illa de Madagascar, pero a especie foi introducida noutras illas do océano Índico, como as illas do Almirante, as do Territorio Británico do Océano Índico, en Bahrain, as Comores, as Seychelles, Mauricio e Reunión e, xa no océano Atlántico, nas de Santa Helena, Ascensión e as de Tristán da Cunha.[1][7][8]

Poboación[editar | editar a fonte]

O tamaño da súa poboación mundial non se cuantificou, pero a especie descríbese como moi común.[9]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Alimentación[editar | editar a fonte]

A especie aliméntase principalmente de sementes, especialmente de herbas, e de insectos, pero tamén consume oturos alimentos, como froitos, néctar, restos de comida dos humanos e copra.[7]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Fóra da época de reproducción é unha ave gregaria. A medida que se acerca a temporada de reprodución, os machos establecen territorios dunos 30 m de diámetro. É unha especie monógama, e o macho, como fan todos os membros dos ploceidos (ou tecedores), comeza a construír o niño no centro do eu territorio antes de que comece o cortexo. Os niños agrúpanse en colonias, e é de formas globular cunha entrada lateral e un soportal en foma de tubo curto. Está construído tecendo pequenas raíces, gabiáns, herbas e otras febras longas doutros vexetais, e tarda uns oito días para construírse; moitos sonb abandoados se o macho non logra atraer una parella.[7]

Impacto nas aves nativas[editar | editar a fonte]

En diferentes partes daquelas illas onde foi introducida, esta especie provocuo diferentes impactos nas aves nativas. Tanto Foudia rubra, de Mauricio, que está en perigo de extinción, como Foudia flavicans, de Rodrigues, foron afectadas pola competencia polos recursos alimenticios nas súas respectivas illas.[10]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), tendo en conta que Foudia madagascariensis ten unha área de distribución moi grande, que se estima que a poboación é estábel e que ante a ausencia de evidencias de diminucións ou ameazas sustanciais, avalía o estado de conservación da especie como LC (pouco preocupante).[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2018): Foudia madagascariensis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 21 de abril de 2019.
  2. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés (en francés e latín). Volume 3. Paris: Jean-Baptiste Bauche. pp. 112–114, Plate 6 fig 2.  As dúas estrelas (**) ao comezo da sección indican que Brisson baseou a súa descrición no exame dun espécime.
  3. 3,0 3,1 Allen, J. A. (1910). "Collation of Brisson's genera of birds with those of Linnaeus". Bulletin of the American Museum of Natural History 28: 317–335. 
  4. Linnaeus, Carolus (1766). Systema naturae: per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). Tomus 1, Pars 1 (12ª ed.). Holmiae: Laurentii Salvii. p. 300. 
  5. Reichenbach, Ludwig (1850). Avium Systema Naturale. Das natürliche System der Vögel. Dresden: Expedition der Vollständigsten Naturgeschichte. Plate 79. 
  6. Mayr, Ernst; & Greenway, James C. Jr., eds. (1962). Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 62. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Safford, Roger & Hawkins, Frank (2013): The Birds of Africa: Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes. London, UK: A&C Black. ISBN 978-0-7136-6532-1, pp. 892–896.
  8. "Madagascar Red Fody (Foudia madagascariensis) (Linnaeus, 1766)". Avibase - The world bird database (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  9. Morris, P. & Hawkins, F. (1998): Birds of Madagascar: a photographic guide. Robertsbridge, UK: Pica Press.
  10. Lever, Christopher (2010). Naturalised Birds of the World. London, UK: Bloomsbury Publishing. p. 276. ISBN 978-1-4081-2825-1. Consultado o 22 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]