Foudia flavicans
Foudia flavicans | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina na que se repesenta unha parella de Foudia flavicans | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Foudia rubra A. Newton, 1865 |
Foudia flavicans é unha rara especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica das illas de Rodrigues e de Mauricio.
BirdLife International cualifícaa como vulnerábel.[2] E figura na "Lista de especies en perigo de extinción dos Estados Unidos" como en perigo de extinción.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1865 polo ornitólogo inglés Alfred Newton.[4]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Foudia.
O epíteto específico, flavicans, é un derivado do adxectivo latino flāvus, -a, -um, "amarelo", "dourado".[5]
Características
[editar | editar a fonte]É un paxaro que mide de 12 a 13 cm de lonxitude. A súa plumaxe xeral é de cor amarela coa cara alaranxada e as costas, as ás e a cola de cor parda.[2]
A súa masa corporal é de 17 g nos machos adultos, e de 16 g nas femias adultas.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Pódese encontrar no dosel dos bosques a alturas de polo menos 5 m, e pode estar asociado con Araucaria cunninghamii e algunhas especies de árbores introducidas. É máis abundante en zonas con árbores máis mestas e máis altas, e que teñan unha maior diversidade de especies arbóreas. Ás veces pódese ver viaxando en bandadas.[7]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase de insectos, arañas, sementes, néctar e froitos.[2]
Poboación
[editar | editar a fonte]Antigamente foi abundante na illa Rodrigues, pero estivo a punto de extinguirse con só 5 ou 6 parellas en 1968. Debido aos esforzos para a súa conservación, o seu número aumentou até entre os 911 e os 1 200 individuos no ano 1999.[2]
Ameazas
[editar | editar a fonte]A principal ameaza para a especie é a destrución do seu hábitat forestal. Moitos bosques foron cortados para conseguir terreos para a agricultura de subsistencia e pastos para o gando. Ademais sofre a competencia do seu parente introducido, a Foudia madagascariensis. Por outra parte, os ciclóns e a seca reducen a subministración de alimentos.[2]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Os esforzos para a súa conservación inclúen a reforestación, a principal causa do aumento no número de espécimes. Por outro lado, as cercas afastan ao gando.[2]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), rebaixou o status da especie de "vulnerábel" (VU) a "en perigo" (EN) tendo en conta que a evidencia de que a súa poboación é máis grande do que se pensaba anteriormente e está aumentando rapidamente. Está cualificada hoxe como EN porque ocupa unha área de distribución pequena e segue a ser susceptíbel aos impactos das especies introducidas, de modo que se podería cualificar como "amenazada" dentro dunha ou dúas xeracións.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Foudia flavicans na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 22 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "BirdLife International Species Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ USFWS. Addition of 30 African birds to list of endangered and threatened wildlife. Arquivado 18 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Federal Register 12 de xaneiro de 1995.
- ↑ Foudia flavicans A. Newton, 1865 no ITIS.
- ↑ flavicans Arquivado 18 de novembro de 2021 en Wayback Machine. en James A. Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 160.
- ↑ Hone, David & O'Gorman, Eoin J. (2013): "Body Size datasets" PLOS One. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ Impey, A. J., et al. (2002): "Population recovery of the threatened endemic Rodrigues fody (Foudia flavicans) (Aves, Ploceidae) following reforestation". Biological Conservation 107 (3): 299-305.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foudia flavicans |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Foudia flavicans |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
- Safford, R. J. & Hawkins, A. F. A., eds. (2013): The Birds of Africa. Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6532-1.