Ludwig Reichenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ludwig Reichenbach
Reichenbach Ludwig 1793-1879.jpg
Nome completoHeinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach
Nacemento8 de xaneiro de 1793
Lugar de nacementoLeipzig
Falecemento17 de marzo de 1879
Lugar de falecementoDresde
SoterradoTrinitatisfriedhof (Cemiterio da Trindade) de Dresde
Nacionalidadealemá
Alma máterUniversidade de Leipzig
Ocupaciónnaturalista (botánico, zoólogo) e ilustrador
PaiJohann Friedrich Jakob Reichenbach
FillosHeinrich Gustav Reichenbach
Linguaalemán
Linguaalemán, latín
EstudosMedicina, Ciencias Naturais
PremiosMembro da Leopoldina
Signatur Ludwig Reichenbach.PNG
editar datos en Wikidata ]
Sepultura de Ludwig Reichenbach no Trinitatisfriedhof de Dresde.

Heinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach, máis coñecido como Ludwig Reichenbach, nado o 8 de xaneiro de 1793 en Leipzig, e finado o 17 de marzo de 1879 en Dresde, foi un naturalista alemán, destacado botánico e zoólogo, especializado en ornitoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reichenbach naceu en Leipzig en 1793 e, desde 1810 estudou Medicina e Ciencias Naturais na Universidade de Leipzig, ode chegou a ser titor.

En 1820 foi designado director do Museo de Historia Natural de Dresde, e profesor da Technische Universität Dresden (Universidade de Dresde), na que permaneceu até 1862. Máis tarde fundou o Xardín Botánico desa cidade, e foi tamén cofundador do seu Zoo.

As coleccións de zooloxía do Museo de Historia Natural dresdiano quedaron case completamente destruídas polo lume no incendio do palacio de Zwinger durante a crise constitucional de 1849, pero a Reichenbach foille posíbel substituír as colecciónes en tan só uns poucos anos. Esta colección pódese ver actualmente formando a base expositiva do Museo.

Durante décadas, Reichenbach foi o presidente (desde 1836 até 1866), da Naturwissenschaftlichen Gesellschaft ISIS Dresden, a sociedade científica máis respectada da cidade. En 1834 iniciou os traballos para a constitución da sociación de Benestar Animal de Dresde, que foi finalmente fundada en 1839.[1] Tanto a ISIS como a Asociación de Benestar Animal aínda existen hoxe.

Reichenbach foi un autor prolífico, en linguas latina e alemá, e un artista botánico aceptábel. As súas obras principais son Iconographia Botanica seu Plantae criticae (1823-1832, 10 vols.) e Handbuch der speciellen Ornithologie (1851-1854) e, no aspecto iconográfico, a primeira das citadas e máis Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes (1845–1854, 2 volumes en 9 tomos), ambas as dúas con máis de 1 000 láminas.

Ludwig Reichenbach describiu e clasificou máis de 2 900 novas especies de vexetais.[2] e xéneros de animais, como Dinemellia,[3] así como especies.

Reichenbach morreu o 17 de marzo de 1879 en Dresde, e foi soterrado no ceminterio da Trindade sesta cidade.
A tumba foi arranxada despois do abandono que sufriu durante moitos anos. A administración do cemiterio respectou o sitio da sepultura, pero non máis. Recentemente, por iniciativa das coleccións de Historia Natural do Museo de Dresde, puídose construír unha estela, que se pesentou o 11 de setembro de 2011.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Flora germanica excursoria. 1830–1832, 2 tomos.
  • Flora exotica. 1834–1836.
  • Flora germanica exsiccata 1830–1845.
  • Übersicht des Gewächsreichs und seiner natürlichen Entwickelungsstufen. 1828.
  • Handbuch des natürlichen Pflanzensystems. 1837.
  • Das Herbarienbuch. 1841.
  • Abbildung und Beschreibung der für Gartenkultur empfehlenswerten Gewächse. 1821–1826, 96 láminas.
  • Monographia generis Aconiti. 1820, 19 lámins.
  • Illustratio specierum Aconiti generis. 1823–1827, 72 láminas.
  • Iconographia botanica seu plantae criticae. 1823-1832, 1 000 láminas.
  • Iconographia botanica exotica. 1827–1830.
  • Regnum animale. 1834–1836, 79 láminas.
  • Deutschlands Fauna. 1842, 2 tomos.
  • Praktische Naturgeschichte der Vogel. 1845.
  • Vollständigste Naturgeschichte des In- und Auslandes. 1845–1854, 2 volumes en 9 tomos con máis de 1 000 láminas.
  • Avium Systema Naturale, das Naturliche System der Vogel. 1849.
  • Handbuch der speciellen Ornithologie. 1851-1854.
  • Die vollständigste Naturgeschichte der Affen. 1862.
  • Aufzählung der Colibris oder Trochilideen in ihrer wahren natürlichen Verwandtschaft, nebst Schlüssel ihrer Systematik. 1854.
  • Trochilinarum enumeratio: ex affinitate naturali reciproca primum ducta provisoria. 1855.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Honores[editar | editar a fonte]

  • En 1820 foi elixido membro da Leopoldina.[4]
  • 50 especies fóronlle dedicadas a este autor, entre elas:
    A violeta Viola reichenbachiana Jord. ex Boreau[5] (sin. V. sylvatica (Hartm.) Fr. ex Hartm. e V. sylvestris Lam.).
    A cactácea Echinopsis reichenbachiana Pfeiff. ex C.F.Först.[6]
  • A rúa Reichenbachstraße de Dresde leva o seu nome.[7]

Familiares destacados[editar | editar a fonte]

Ludwig Reichenbach foi fillo de Johann Friedrich Jakob Reichenbach, autor, en 1818, do primeiro dicionario Grego-Alemán.

E foi o pai de Heinrich Gustav Reichenbach, tamén botánico, eminente especialista en orquídeas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tierschutzverein Dresden 1839 und Umgebung e.V. Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine..
  2. Reichenbach, no Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.)
  3. Dinemellia Reichenbach, 1863 no ITIS.
  4. Entrada de Heinrich Gottlieb Ludwig Reichenbach na Academia Alemá de Ciencias Naturais Leopoldina Arquivado 18 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en alemán).
  5. Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 78 1857 (IK)
  6. Handb. Cacteenk. [Förster] 365. 1846 (IK).
  7. Reichenbachstraße. Arquivado 02 de xuño de 2019 en Wayback Machine. En: Adolf Hantzsch: Namenbuch der Straßen und Plätze Dresdens. (Mitteilungen des Vereins für Geschichte Dresdens, 17/18). Dresden 1905.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wilhelm Heß (1888): "Reichenbach, Ludwig". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 27, Duncker & Humblot, Leipzig, S. 667 f. (en alemán).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]