Illas do Almirante
| Tipo | arquipélago | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Seychelles | |||
| Situado na entidade xeográfica | Ilhas Outer (pt) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Seychelles | |||
| ||||
| Bañado por | océano Índico | |||
| Composto por | Atol Poivre St. Joseph Atoll (en) Remire (en) Bertaut Reef (en) Etoile Island (en) Marie Louise Island (en) Boudeuse Island (en) Lady Denison-Pender Shoal (en) African Banks (en) Illa Desroches D'Arros Island (en) Desnoeufs Island (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 15 m | |||
| Superficie | 11,5 km² | |||
As illas Amirante son un conxunto de illas coralinas e atois que se atopan no océano Índico. Forman parte do conxunto de illas exteriores do arquipélago das Seychelles.
As illas do Almirante sitúanse a uns 230 km ao suroeste da illa de Mahé, no arquipélago das Seychelles, e a uns 650 km ao nordés da república de Madagascar. A uns 90 km ao sur das Almirante atópase o grupo de illas Alphonse as que ás veces en forma incorrecta son consideradas parte das Almirantes.
As Almirantes foron descubertas por Vasco da Gama durante a súa segunda viaxe de exploración en 1502, sendo chamadas "Ilhas do Almirante" (Illas do almirante). É posible que a existencia das illas xa fose coñecida polos comerciantes árabes e indios. En 1742 Francia proclamou o seu dominio sobre as illas xunto coas Seychelles. A posesión formal foi efectivizada no ano 1756. Mediante o Tratado de París (1814), a soberanía sobre as illas pasou oficialmente aos británicos, sendo parte de Mauricio. En 1909, as Seychelles se cosntituiron nunha colonia separada, que incluía as Almirantes. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou á Île Desroches das Seychelles para formar parte do novo Territorio Británico do Océano Índico que fora creado. O propósito era permitir a construción de bases militares para beneficio mutuo do Reino Unido e dos Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Île Desroches foi devolta ás Seychelles ao adquirir estas a súa independencia.
A superficie total é de 9´91 km². A poboación total é menor de 100 habitantes, con 50 no principal asentamento de Desroches.
Hai oito illas individuais (cinco caios de area baixa e tres caios de area levantada), ademais de tres atois, cun total de 18 illotes (Atol St. Joseph con 14, Desroches con 1, Atol Poivre con 3). Ademais destas 11 unidades, a táboa seguinte tamén ten entradas para un arrecife e un banco sen illotes, en prol da exhaustividade. As cinco máis grandes da zona están habitadas. Os diferentes tipos de illas están marcados por diferentes cores de fondo na táboa.
| Illa/Atol/Arrecife (Nome alternativo) | Tipo | Área (km²) | Pob. | Coordenadas | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Lady Denison-Pender | banco de area mergullado | - | - | 4°49′S 53°20′L / -4.817, -53.333 |
| 2 | African Banks | Illa | 0,3 | - | 4°53′S 53°24′L / -4.883, -53.400 |
| 3 | Remire | Arrecife coral | - | - | 5°05′S 53°21′L / -5.083, -53.350 |
| 4 | Remire (Illa Eagle) | Illa | 0,27 | 10 | 5°7′S 53°19′L / -5.117, -53.317 |
| 5 | D’Arros | Illa | 1,50 | 15 | 5°24′S 53°18′L / -5.400, -53.300 |
| 6 | Saint Joseph | Atol | 1,39 | - | 5°25′S 53°20′L / -5.417, -53.333 |
| 7 | Arrecife Bertaut | Arrecife+Illa | 0,002 | - | 5°40′S 53°14′L / -5.667, -53.233 |
| 8 | Desroches (Des Roches) | Atol | 3,24 | 50 | 5°41′S 53°41′L / -5.683, -53.683 |
| 9 | Poivre | Atol | 2,48 | 10 | 5°46′S 53°19′L / -5.767, -53.317 |
| 10 | Étoile (Lampériaire) | Illa | 0,01 | - | 5°53′S 53°1′L / -5.883, -53.017 |
| 11 | Boudeuse (King Ross) | Illa | 0,01 | - | 6°5′31″S 52°49′50″L / -6.09194, -52.83056 |
| 12 | Marie Louise | Illa | 0,526 | 15 | 6°11′S 53°8′L / -6.183, -53.133 |
| 13 | Desnœufs (Desnoeufs) | Illa | 0,35 | - | 6°14′S 53°3′L / -6.233, -53.050 |
| Almirante | Grupo de illas | 10,09 | 100 | 04°49' ó 06°14'S, 52°50° ó 53°41'E |
