Saltar ao contido

Foudia rubra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Foudia rubra
 Nome taxon
    Foudia rubra
Johann Friedrich Gmelin 1789 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    F. rubra (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaPloceidae
XéneroFoudia
EspecieFoudia rubra Editar o valor en Wikidata
(Gmelin, 1789) Foudia rubra Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/07yzdv Editar o valor en Wikidata
ITIS560114 Editar o valor en Wikidata
OTT806358 Editar o valor en Wikidata
UICN22719149 Editar o valor en Wikidata
CoL6JJVM Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Foudia rubra é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica da illa de Mauricio.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin,[1] co nome de Emberiza rubra.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Foudia.

O epiteto específico, rubra, é o nominativo singular feminino do adxectivo latino ruber, -bra, -brun, que fai referencia á coloración da cabeza do macho desta ave.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Características

[editar | editar a fonte]

Mide 14 cm de lonxitude. Os machos reprodutores son de cor parda olivácea coa cabeza, o peito e a rabadilla ou sobrecú vermellos, e a área loreal negra.[5] As femias, os machos non reprodutores e os xuvenís son de cor parda olivácea con barras brancas na ás e o bico marrón.

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Vive na iila de Mauricio e illotes adxacentes, desde os 0 aos 300 m de altitude,[6] encontrándose en todo tipo de bosques autóctonos, incluídos os degradados, así como nas crecentes plantacións de especies de árbores non autóctonas,[7] como as de piñeiro e do cedro xaponés (Cryptomeria japonica), que aumentaron notabelmente durante entre 1994 e 2003, substituíndo á vexetación nativa e que agora subministran protección contra os depredadores de niños.[8][7]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente de insectos, como saltóns, larvas de escaravellos, eirugas e arañas. Tamén comen froitos e bagas con regularidade, así como néctar, utilizando para iso a súa lingua especializada, rematada na punta por un pincel.[9][10]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A cría na Île aux Aigrettes,[11][12] pequena illa —a máis grande, cunha superficie de 0,26 km2, das situadas na baía do distrito de Grand Port, ao leste da illa principal da República de Mauricio, e que constitúe unha reserva natural deste país,[13] lévase a cabo entre os meses de xullo e febreiro,[14] uns dous meses antes que a poboación que habita na illa de Mauricio. A reprodución pode terminar se hai un período prolongado de chuvia (máis de un mes), pero en condicións secas non causan unha interrupción.[15]

Conservación

[editar | editar a fonte]

Está ameazado pola perdida de hábitat e pola depredación por animais introducidos. A partir da década de 1970 perdeu gran parte do seu hábitat cando a terra foi despexada para plantacións.[5] No ano 2001 non había máis de 100 parellas reprodutoras.[16] Os niños son atacados polos depredadores, en especial ratas negras (Rattus rattus) e macacos cangrxeiros (Macaca fascicularis). Esta é actualmente a principal causa do declive da ave. Algunhas áreas do seu hábitat intacto teñen unha alta depredación de niños, pero as zonas de baixa depredación de niños poden seren hábitats deficientes.[5] O miná común (Acridotheres tristis) tamén se observou depredando os niños.

Os esforzos de conservación inclúen o control de ratas e macacos. Un programa de cría en catividade levado a cabo pola Fundación de Vida Silvestre de Mauricio produciu moitos pitos.[5] A poboación aumentou recentemente debido aos programas de conservación establecendo subpoboacións en illas costeiras.[5] Debido a estes esforzos de conservación a especie foi baixada de «en perigo crítico» a «en perigo» en 2009.

  1. Foudia rubra (Gmelin, 1789) no ITIS.
  2. 1 2 Foudia rubra (Gmelin, JF, 1789) en AviBase.
  3. Fringilla erythrocephala Gmel., en General Zoology, or, Systematic natural history, by George Shaw, continued by James Francis Stephens. Vol. 9, Part 2. Aves. London: G. Wikie et al., 1816, páx. 458.
  4. Ploceus erythrocephalus en The Penny Cyclopaedia of the Society for the Difusion of Useful Knowledge, Volume 27. London: Charles Knight and Co., 1863, páxina 170.
  5. 1 2 3 4 5 BirdLife International (2015): Fact Sheet: Foudia rubra Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en birdlife.org. Consultado o 24 de agosto de 2019.
  6. BirdLife International (2016): Foudia rubra na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 22 de abril de 2019.
  7. 1 2 [Cristinacce, A.; Handschuh, M.; Switzer, R. A.; Cole, R. E.; Tatayah, V.; Jones, C. G. & Bell, D. (2009): "The release and establishment of Mauritius Fodies Foudia rubra on Ile aux Aigrettes, Mauritius". Conservation Evidence 6: 1-5.
  8. Garrett, L. (2009): Mauritian Wildlife Foundation Mauritius Fody Recovery Programme Annual Report 2008-09.
  9. Mauritius Fody Foudia rubra Arquivado 03 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. Weaver Watch.
  10. Cheke, A. S. (1987): "The ecology of the smaller land-birds of Mauritius. En: Diamond, A. W. (ed.), Studies in Mascarene island birds. ISBN 13 978-0-5212-5808-1, pp. 151-207. Cambridge, UK: Cambridge University Press.
  11. Localización da illa Mapcarta. Consultado 27 de agosto de 2019.
  12. "Ile aux Aigrettes, Grand Port, Mauritius on world map, pictures, coordinates and short facts". 20 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 27 de agosto de 2019.
  13. "Île aux Aigrettes, Mauritius - Geographical Names, map, geographic coordinates". geographic.org. Consultado o 27 de agosto de 2018.
  14. Cristinacce, A.; Garrett, L. J. H.; Cole, R. E.; Tatayah, R. V. V. & Jones, C. G. (2010): Nesting success of a managed population of Mauritius Fodies Foudia rubra marooned on a partially restored island". Bird Conservation International 20 (4): 365-374.
  15. Safford, R. J. 2013, pp. 882-886.
  16. Mauritius Fody. Arquivado 07 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Durrell Wildlife Conservation Trust. 12 de setembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]