Foudia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Foudia
Foudia madagascariensis con plumaxe nupcial
Foudia madagascariensis
con plumaxe nupcial
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Foudia
Reichenbach, 1850
Especie tipo
Foudia madagascariensis
(Linnaeus, 1766)
Especies e Subespecies
Véxase o texto
Macho na transición da súa plumaxe cara á época non reprodutiva.

Foudia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos e familia dos ploceidos.[1][2]

O xénero comprende sete especies propias das illas do océano Índico occidental.[3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach.[5]

A especie tipo, Foudia madagascariensis, foi designada posteriormente.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Foudia, deriva do nome foudi (ou fodi), que é o que empregan os indíxenas Madagascar para designaren a especie propia desta illa, F. madagascarensis.[7]

Especies[editar | editar a fonte]

Recoñécense no xénero as seguintes sete especies:[4][8][9]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Só se reconñecen subespecies en Foudia eminentissima:[1][10]

  • Foudia eminentissima algondae (Schlegel, 1867)
  • Foudia eminentissima anjuanensis (Milne-Edwards & Oustalet, 1888)
  • Foudia eminentissima cosobrina Milne-Edwards & Oustalet, 1885
  • Foudia eminentissima eminentissima Bonaparte, 1850

Características[editar | editar a fonte]

Son pequenas aves de 12 a 15 cm de lonxitude, e teñen un pico cónico e curto. Os machos reprodutores adoitan presentaren unha plumaxe de cores vivas, vermella ou amarela brillante. Os machos fóra da época de reprodución, e as femias durante todo o ano. exhiben plumaxes parecidas, maiormente de cores gris e parda, semellantes aos dos gorrións.[2]

Encóntranse principalmente en bosques ou zonas de monte baixo, pero algunhas tamén se dan en hábitats artificiais, especialmente Foudia madagascariensis. Os machos son, como os de todos os ploceidos, os encargados de construíren os niños, os das especies deste xénero en forma de cúpula, e feitos con herbas e outros materiais vexetais, cunha abertura lateral e suspendidos dunha rama o dunha folla dunha palmeira.[2]

Algunhas especies aliméntanse principalmente de sementes, pero outras son en gran parte insectívoras.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Estas aves son endémicas das illas do océano Índico occidental, Madagascar, Seychelles, Comores e Mascareñas.[3]

Foudia madagascariensis foi introducida no arquipélago de Chagos, Bahrein e Santa Helena.[2]

Mentres que F. madagascariensis é unha das aves máis comúns da rexión, varias das outras especies de Foudia considéranse ameazadas, en particular a que vive en Mauricio (Foudia rubra), cuxo status está avaliado como EN (especie en perigo de extinción) pola UICN.[11]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Segundo unha análise recente de ADN, Foudia é un clado irmán de Quelea. E estes dos xéneros, que pertencen ao grupo dos chamados verdadeiros tecedores (subfamilia dos ploceinos), están tamén estreitamente relacionado scoas especies asiáticas do xénero Ploceus.

A seguinte árbore filoxenética representa unha visión actual das relacións entre os xéneros Foudia e Quelea, e os seus parentes máis cercanos.[12]




xénero Quelea



xénero Foudia




Especies asiáticas do xénero Ploceus



Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Frank Gill & David Donsker, eds. (2019): "Family Ploceidae"[Ligazón morta] na IOC World Bird List. Versión 9.1. Consultada o 21 de abril de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Craig, Adrian 2010.
  3. 3,0 3,1 Sinclair, Ian & Langrand, Olivier (2018): Birds of the Indian Ocean Islands. Dartford, Kent, UK: Universal Books. ISBN 978-1-8687-2035-4.
  4. 4,0 4,1 Foudia Reichenbach, 1850 no ITIS.
  5. Reichenbach, Ludwig (1850). Avium Systema Naturale. Das natürliche System der Vögel. Dresden: Expedition der Vollständigsten Naturgeschichte. Plate 79. 
  6. Mayr, Ernst; & Greenway, James C. Jr., eds. (1962). Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 62. 
  7. Jobling, J. A. (2018). En: del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive 17. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-388-0. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  8. "Case Studies (State of the world's birds), Foudia". Birlife Data Zone (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  9. "Foudia". Avibase - The world bird database (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  10. Foudia eminentissima Bonaparte, 1850 no ITIS.
  11. BirdLife International (2016): Foudia rubra na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 21 de abril de 2019.
  12. De Silva, Thilina N.; Peterson, A. Townsend; Bates, John M.; Fernandoa, Sumudu W.; Girard, Matthew G. (2017). "Phylogenetic relationships of weaverbirds (Aves: Ploceidae): A first robust phylogeny based on mitochondrial and nuclear markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 109: 21–32. PMID 28012957. doi:10.1016/j.ympev.2016.12.013. Consultado o 21 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
  • Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. London, UK: Christopher Helm. ISBN
  • Skerrett, Adrian; Bullock, Ian & Disley, Tony (2001): Birds of Seychelles. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3973-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]