Lionel Walter Rothschild
Lionel Walter Rothschild | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1868 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 27 de agosto de 1937 |
Lugar de falecemento | Tring |
Soterrado | Cemitério judaico de Willesden |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Magdalene College |
Ocupación | banqueiro, político, ornitólogo, entomólogo e lepidopterólogo |
Pai | Nathan Rothschild, 1º Barão Rothschild |
Nai | Emma Louisa Rothschild |
Fillos | Olga Alice Muriel Rothschild |
Irmáns | Charles Rothschild |
Premios | Medalha Vitória e honorary doctor of the University of Giessen |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lionel Walter Rothschild, 2º barón Rothschild, nado en Londres, Inglaterra, o 8 de febreiro de 1868, e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1937, foi un banqueiro, político e zoólogo británico, membro da prominente familia Rothschild.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Magdalene College da Universidade de Cambridge. Coñecido pola súa excentricidade, tiña canguros no xardín da súa casa, e chegou a adestrar a un grupo de cebras para que tiraran da súa carruaxe. Entre 1889 e 1908 traballou na empresa familiar N. M. Rothschild and Sons de Londres.
Zooloxía[editar | editar a fonte]
A súa gran paixón foi a zooloxía, especialmente a disecar a aves e coleccionar bolboretas. Neste sentido foi patrocinador e membro de varias expedicións zoolóxicas a numerosas partes do mundo, así como autor de numerosos escritos sobre a materia.
Construíu un zoolóxico particular na localidade de Tring, cerca da súa residencia de Hertfordshire, que se abriu ao público en 1892. En 1932, para poder facer fronte a problemas económicos, cedeu a maior parte da súa gran colección de aves ao Museo Americano de Historia Natural. O resto da colección iría a parar ao Museo Británico un pouco máis tarde, en 1936. O "Museo Zoolóxico Walter Rothschild" é hoxe unha sección do Museo de Historia Natural de Londres.
Actividade política[editar | editar a fonte]
Foi deputado conservador por Aylesbury entre 1899 e 1910.[1] De ideas sionistas e amigo próximo do líder sionista británico Chaim Weizmann, é coñecido por ter sido o destinatario da Declaración Balfour, unha carta enviada polo ministro de Asuntos Exteriores Arthur Balfour, do partido conservador, o 2 de novembro de 1917, na que se lle informaba da decisión do Goberno británico de apoiar a construción dun «fogar nacional xudeu» no Mandato Británico de Palestina, e se lle pedía que puxera esta decisión en coñecemento da Organización Sionista Mundial.[1] Cómpre aclarar, porén, que finalmente, trinta anos máis tarde, no momento decisivo en 1948, xa morto Rothschild, foi o partido laborista o que pediu o recoñecemento por parte do Reino Unido do estado de Israel que se estaba creando, con Chaim Weizmann, íntimo amigo de Walter e un gran liberal, como primeiro presidente de Israel.[2]
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Rothschild emprégase para recoñecer a Lionel Walter Rothschild como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lionel Walter Rothschild |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|