Alfred Newton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfred Newton

(década de 1890) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1829 Editar o valor em Wikidata
Les Délices, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1907 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Cambridge, Inglaterra
Causa da morteInsuficiencia cardíaca
Lugar de sepulturaParish of the Ascension Burial Ground de Cambridge 
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónMagdalene College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitólogo , zoólogo , biólogo evolutivo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaNewton Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisWilliam Newton Editar o valor em Wikidata  e Eliza Milnes Editar o valor em Wikidata
IrmánsEdward Newton Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Newton-11256 Find a Grave: 34873934 Editar o valor em Wikidata

Alferd Newton, nado o 11 de xuño de 1829 en Xenebra, Suíza, e finado o 7 de xuño de 1907 en Cambridge, Inglaterra, foi un zoólogo inglés especializado en ornitoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Xenebra,[1] era fillo do político William Newton, cuxa fortuna familiar debíase a unhas plantacións de azucre no Caribe, onde o avó de Alfred, Samuel Newton, tiña unha en Saint Kitts, e unha propiedade en Santa Cruz. William Newton estableceuse en Inglaterra en 1813, adquirindo unha propiedade en Elveden, preto de Thetford (condado de Norfolk).[2][3]

En 1828 a familia Newton fixo unha viaxe a Italia e, no regreso, Alfred naceu o 11 de xuño de 1829 en Les Délices, un castelo achegado a Xenebra. Sufriu un accidente cando tiña uns cinco ou seis anos, que o deixou algo coxo dunha perna. Foi á escola en 1844 en Stetchworth, cerca de Newmarket, ocupándose alí das aves nas gaiolas, e coidou outros animais desde unha idade temperá.[3][4]

Cando era xove, Newton cazou lagópodos, faisán común e perdices. As aves convertéronse para el nun interese perdurábel. Entre elas, Otis tarda, Circus pygargus, os corvos, os miñatos (Buteo buteo e outros), e os Jynx sp., que son pequenos paxaros carpinteiros especializados en alimentarse de formigas. "Os bosques e as praderías do val do Pequeno Ouse, e a veciña Fenland, foron un campo de adestramento ideal para un naturalista".[5]

Este entusiasmo polas aves de Alfred Newton foi compartido co seu irmán máis novo Edward: os dous levaron a cabo observacións de aves cando estaban xuntos, e mantiveron correspondencia cando estaban separados.[6]

En 1846 Newton tivo un titor en Biggleswade durante uns meses e, 1848 ingresou no Magdalene College de Cambridge, onde se graduou en B.A. (Bachelor in Arts) en 1853.[7]

En 1854 Newton foi elixido Travelling fellow do Magdalene College de Cambridge, onde estudara, e visitou moitas partes do mundo, entre outras Laponia, Islandia, Svalbard, as Indias Occidentais e Norteamérica. En 1866 foi o primeiro profesor de Zooloxía da Universidade de Cambridge, e despois de Anatomía comparada na mesma Universidade, posto no que permaneceu até a súa morte.

Interesouse especialmente pola zooloxía e mantivo correspondencia con moitos ornitólogos da época. Unha reunión con John Wolley en Cambridge en 1851 fixo que se converteran en amigos para toda a vida.

En 1858 Newton foi un dos fundadores da British Ornithologists' Union. Escribiu numerosos libros, entre eles Zoology of Ancient Europe (1862), Ootheca Wolleyana (comezado en 1864), Zoology (1872) e un Dictionary of Birds (1893-1896). Newton contribuíu con numerosos artigos en Sociedades Científicas, e editó The Ibis (1865-1870), o Zoological Record (1870-1872) e Yarrell's British Birds (1871-1882). Así msmo, foi o encargado da redacción de numeosas entradas de ornitoloxía na 9ª edición da Encyclopædia Britannica.

Alfred Newton dedicou certo tempo ao estudo das aves das illas Mascareñas, cuxa poboación descendía por momentos. Nestas illas encontrábase o seu irmán máis novo, sir Edward Newton, que lle enviaba espécimes. Estes incluían o dodo e o solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria), ambos extintos. En 1865 foi o primeiro científico que describiu a especie Foudia flavicans, da familia dos ploceidos, endémica da illa Rodrigues, das Mascareñas, e en 1872 Psittacula exsul, que tamén vivía nesa illa, e que se extinguiu en 1875.

Pasou o resto da súa vida no Magdalene, e nunca casou. Unha caída máis que tivo cando estaba nunha viaxe en Heligoland, paralizoubo aínda máis, e tivo que camiñar despois coa axuda de dúas muletas, en lugar de con unha, como antes. "Despos de ter tres patas, converteuse nun home de catro patas" comentou un amigo.[8]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Morte[editar | editar a fonte]

Newton morreu o 7 de xuño de 1907 dunha insuficiencia cardíaca na Old Lodge de Magdalene. Está enterrado na Parish of the Ascension Burial Ground en Cambridge.[3]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

As abreviaturas Newton e A. Newton,[9] empréganse para recoñecer a Alfred Newton como autoridade na descrición en taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. July 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. Wollaston 1921, p. 1.
  3. 3,0 3,1 3,2 Evans, David E. "Newton, Alfred (1829–1907)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  4. Wollaston 1921, p. 6.
  5. Wollaston 1921, p. 4.
  6. Wollaston 1921, p. 5.
  7. Newton, Alfred.Adm. pens.(age 19) at MAGDALENE, May 30, 1848.[5th] s. of William, Esq. (Pembroke College, Oxford 1801) [M.P. for Ipswich], of Elveden Hall, Suffolk.B. June 11, 1829, at Geneva.School, private.Matric. Michs. 1848; B.A. 1853; English essay prize, 1852 and 1853; M.A. 1856.Fellow, 1854.Holding the Drury travelling fellowship, made ornithological researches in Lapland, 1855, with John Wolley and in Iceland, 1858, in the West Indies, 1857, and in Spitzbergen, 1864.Professor of Zoology and Comparative Anatomy, 1866-1907.President of the Cambridge Philosophical Society, 1879.Pioneer of zoological study at Cambridge, and an early champion of bird protection. F.R.S., 1870; Royal medal, 1900.Gold medal of the Linnean Society, 1900.Author, Ornithology of Iceland, 1863; Dictionary of Birds, 1873-6; Oothera Wolleyana, 1863-1902.Edited the Ibis, 1865-70.J.P. for Suffolk.Died June 7, 1907, at Cambridge.Left his natural history collections and library to the University.Brother of Edward (1853) and Robert M. (1839). (D.N.B.; Proc.Royal Soc. (1908), XLV.; Who was Who. Citado en "Newton, Alfred", en A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge
  8. Wollaston 1921, pp. 168–169.
  9. Empregada ás veces para non confundir co seu irmán menor Edward Newton, que foi administrador colonial británico en África, e tamén ornitólogo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]