Final do Mundial de Fútbol de 1930
O cuarto gol do Uruguai foi anotado por Héctor Castro. | |||||
Evento | Final do Mundial de Fútbol de 1930 | ||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Data | 30 de xullo de 1930 | ||||
Estadio | Estadio Centenario, Montevideo | ||||
Asistencia | 93.000 espectadores | ||||
Árbitro | John Langenus |
A final do Mundial de Fútbol de 1930 foi o partido final da primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol, que se disputou no estadio Centenario de Montevideo, Uruguai, o 30 de xullo de 1930. O partido coroou ao Uruguai como o primeiro campión mundial deste deporte, despois de derrotar á Arxentina por 4-2.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]A selección arxentina chegaba ao Mundial como vencedora das dúas últimas edicións da Copa América, mentres que o Uruguai gañara a medalla de ouro nos dous últimos Xogos Olímpicos. Precisamente na última cita olímpica, nos Xogos Olímpicos de 1928, ambas seleccións enfrontáranse na final, vencendo os uruguaios por 2-1 nun partido de desempate, despois de que o partido inicial rematase 1-1.
A final do Mundial foi o 109º enfrontamento entre uruguaios e arxentinos, que chegaron á cita cun balance de 37 vitorias para o Uruguai, 43 para a Arxentina e 27 empates.[1] O último partido entre eles xogárase só dous meses antes en Buenos Aires, durante a disputa da Copa Newton, e rematara con empate a un gol.[2]
Programada para un mércores, foi unha das dúas únicas finais da Copa do Mundo que non se disputaron un domingo, sendo a outra a final do Mundial de 1966, que se xogou un sábado. Tras un desacordo sobre que equipo proporcionaría o balón, a FIFA interveu co compromiso de que a Arxentina proporcionase o balón para a primeira metade e o Uruguai para a segunda.[3]
Camiño á final
[editar | editar a fonte]Uruguai | Rolda | Arxentina | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rival | Resultado | Primeira rolda | Rival | Resultado | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Perú | 1–0 | Partido 1 | Francia | 1–0 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Romanía | 4–0 | Partido 2 | México | 6–3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido 3 | Chile | 3–1 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Clasificación |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rival | Resultado | Fase eliminatoria | Rival | Resultado | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iugoslavia | 6–1 | Semifinais | Estados Unidos | 6–1 |
O partido
[editar | editar a fonte]Resumo
[editar | editar a fonte]As portas do estadio abríronse ás oito da mañá, seis horas antes do inicio, e ao mediodía as bancadas estaban cheas,[4] cunha cifra oficial de 93.000 espectadores.[5] O Uruguai remontou o 1-2 que sinalaba o marcador no descanso e gañou por 4-2.
Aos 12 minutos, Pablo Dorado puxo en vantaxe aos locais, antes de que o extremo arxentino Carlos Peucelle empatase 8 minutos despois, superando ao porteiro Enrique Ballestrero cun potente disparo. No minuto 37, o máximo goleador do torneo, Guillermo Stábile, deu a Arxentina a vantaxe de 2-1 coa que chegou ao descanso. O Uruguai igualou o marcador aos 12 minutos da segunda metade mediante un gol de Pedro Cea, e tomou a vantaxe definitivamente cun gol de Santos Iriarte no minuto 68. Cando faltaba un minuto para o final, Héctor Castro puxo no marcador o 4-2 definitivo, selando a vitoria uruguaia na primeira Copa do Mundo.[6]
Jules Rimet, presidente da FIFA, entregou aos uruguaios o trofeo que máis tarde levaría o seu nome. O día seguinte foi declarado festivo no Uruguai.[5] En Buenos Aires, unha turba lanzaba pedras contra o consulado uruguaio.[7]
O adestrador uruguaio, Alberto Suppici, tiña 31 anos naquel momento e aínda se mantén como o adestrador máis novo en gañar a Copa do Mundo. O último xogador supervivente da final foi o dianteiro arxentino Francisco Varallo, que morreu o 30 de agosto de 2010 aos 100 anos.[8] O último supervivente do Uruguai foi Ernesto Mascheroni, que morreu o 3 de xullo de 1984 aos 76 anos.
Detalles
[editar | editar a fonte]Uruguai | 4 – 2 | Arxentina | 30 de xullo de 1930, 14:15 UTC−03:30 – Estadio Centenario, Montevideo Asistencia: 93.000 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Dorado 12' Cea 57' Iriarte 68' Castro 89' |
Informe |
Peucelle 20' Stábile 37' | |
Uruguai
|
Arxentina
|
|
|
Árbitros asistentes:
|
Regras do partido
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Uruguay - International Results". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ "Copa Newton". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ "Uruguay 1930". BBC (en inglés). 11 de abril de 2002. Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ Glanville, p19
- ↑ 5,0 5,1 "FIFA World Cup Origin" (PDF). FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ "1930 World Cup: Uruguay welcomes the soccer world" (en inglés). 21 de novembro de 2009. Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ Glanville, p21
- ↑ "Francisco Varallo, 100 not out". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Final do Mundial de Fútbol de 1930 |
- Datos do torneo no sitio web da FIFA (en inglés).