Fina Casalderrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosefa Casalderrey Fraga

Fina Casalderrey na presentación de ¿E ti que farías por min? no Culturgal 2010 no Pazo da Cultura de Pontevedra
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1951 (72 anos)
Xeve (Pontevedra) Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, Etnografía, xornalismo e Drama Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , pedagoga , etnógrafa , xornalista , profesora , escritora de literatura infantil , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, Narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webfina.casalderrey.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2768490 Bitraga: 1316 AELG: 397 Editar o valor em Wikidata

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Traxectoria

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto[1].

Obra

Literatura infanto-xuvenil

O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (Xerais, teatro infantil).
  • Mutacións xenéticas (1991, Vía Láctea, novela xuvenil).
  • Dúas bágoas por Máquina (1992, Xerais, narrativa infantil).
  • A noite dos coroides (1993, Vía Láctea, novela infantil).
  • Chamizo (1994, Xerais, narrativa infantil).
  • ¡Asústate, Merche! (1994, Xerais, novela xuvenil).
  • O misterio dos fillos de Lúa (1995, S. M., narrativa infantil).
  • O estanque dos parrulos pobres (1996, Edebé-Rodeira, narrativa infantil).
  • ¡Prohibido casar, papá! (1996, Galaxia, novela xuvenil).
  • Podesvir (1997, Sotelo Blanco, narrativa infantil).
  • Ás de mosca para Anxo (1998, Xerais, narrativa infantil).
  • Cuca e o abrigo marrón (1998, narrativa xuvenil).
  • Nolo e os ladróns de leña (1998, S. M., narrativa infantil).
  • ¡Puag, que noxo! (1998, Galaxia, narrativa infantil).
  • ¿Sobrevives? (1998, Xerais, novela xuvenil).
  • A filla das ondas (1999, Concello de Pontevedra, narrativa infantil).
  • Bicos de prata (1999, Ir Indo, narrativa infantil).
  • O misterio do cemiterio vello (1999, S. M., narrativa xuvenil).
  • Pimpín e dona Gata (1999, S. M., narrativa infantil).
  • A máscara de palma (2001, Galaxia, narrativa xuvenil).
  • Cando a Terra esqueceu xirar (2002, S. M., narrativa infantil).
  • Derradeira carta ós Reis Magos (2002, Xerais, narrativa infantil).
  • ¡Un can no piso! ¿E que? (2003, Galaxia, narrativa infantil).
  • Desventuras dun lobo namorado (2003, Galaxia, narrativa infantil).
  • Fillas das ondas (2003, narrativa infantil).
  • Lúas de nácara (2003, Xerais, narrativa infantil).
  • Eu son eu (2004, Xerais, narrativa infantil).
  • Un misterio na mochila de Alba (2005, Planeta-Oxford, narrativa infantil. No 2011 publícase unha edición ampliada).
  • O meu avó é unha gata (2005, Xerais, narrativa infantil).
  • ¿Quen me quere adoptar? (2005, Xerais, narrativa infantil).
  • Isha, nacida do corazón (2006, Edebé-Rodeira, narrativa infantil).
  • ¡¡¡Lume!!! (2006, Edebé-Rodeira, narrativa infantil).
  • Apertas de vainilla (2007, Galaxia, narrativa infantil).
  • O estanque dos parrulos pobres (2007, narrativa infantil).
  • Gordiño, recheo (2007, S. M., narrativa infantil).
  • A lagoa das nenas mudas (2007, Xerais, narrativa infantil).
  • A Pomba e o Degolado (2007, Xerais, narrativa xuvenil).
  • Ola, estúpido monstro peludo! (2007, Galaxia, narrativa infantil).
  • Un cabalo de lume (2007, Baía Edicións, narrativa infantil).
  • Un día de caca e vaca (2007, Baía Edicións, narrativa infantil).
  • Xela volveuse vampira (2007, Baía Edicións, narrativa infantil).
  • A pequena Gardiana (2008, narrativa infantil).
  • Fiz, o coleccionista de medos (2009, Oqo, narrativa infantil).
  • Papá é meu! (2009, Galaxia, narrativa infantil).
  • Pesadelo no tren Chocolate (2009, Galaxia, narrativa infantil).
  • 1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (2009, narrativa infantil).
  • ¿E ti que farías por min? (2010, Xerais, narrativa infantil).
  • Un saco de estrelas (2010, Xerais, narrativa infantil).
  • O misterio do Faro Vello (2012, Xerais, narrativa infantil).
  • Cuca e o abrigo marrón (2014, Edebé-Rodeira, narrativa infantil).
  • Historia da bicicleta dun home lagarto (2014, Xerais, narrativa infantil).

Narrativa

  • A rosquilleira (2003, Casa de Galicia de León).
  • Dúas letras (2012, Galaxia). Acompañada da película do mesmo nome dirixida por Eloy Varela.

Obras colectivas

  • O libro da empanada (1993, Xerais).
  • Festas gastronómicas de Galicia (1994, Xerais).
  • E dixo o corvo...(1997, Xunta de Galicia).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Repostería en Galicia (1997, Xerais).
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Ninguén está só (2001, Tris Tram).
  • Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade).
  • Un saquiño de contos (2001, Xerais).
  • Tres pegadas (2002).
  • Contos dende a Arquitectura (2003, Colexio de Arquitectos de Pontevedra).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Terras de Moraña (2003).
  • ¡Adeus, pés!, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos (2004, Xunta de Galicia).
  • Postais do Camiño (2004, Galaxia).
  • Contos de medo no museo (2005, Museo Provincial de Lugo).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. Volume II (2006, Consello da Cultura Galega).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Quen casa ten de seu (2009).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia).
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia (2015).

Traducións

  • Kika superbruxa. Tola polo fútbol (2006, Bruño).
  • Números animados. (2006, Bruño)

Premios

  • Premio Merlín no 1991, por Dúas bágoas por Máquina.
  • Premio de narración breve Casa de Galicia de León no 1993, por A rosquilleira.
  • Premio O Barco de Vapor no 1994, por O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio Edebé de Literatura Infantil no 1995, por O estanque dos parrulos pobres.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico no 1999, por Repostería en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1996, pola novela O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano no 2006.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2012.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.

Obra gastronómica

Publicou, xunto con Mariano García, libros de gastronomía coma O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia ou Repostería en Galicia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas