Saltar ao contido

Festival PortAmérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Festival Portamérica»)
Festival PortAmérica
Localización Portas (Caldas de Reis e Nigrán nas súas primeiras edicións)
Anos 12
Nº edicións 11
Fundadores Esmerarte Industrias Creativas
Data xullo
Xénero indie, rock alternativo, música electrónica
Organizador esmerArte Industrias Creativas
Web oficial portamerica.es
Na rede


PortAmérica é un festival de música e outras actividades culturais nacido no ano 2012 e desenvolvido no concello pontevedrés de Nigrán durante as súas cinco primeiras edicións. Para a edición de 2017 o festival trasladarase a Caldas de Reis por motivos operativos segundo os seus organizadores, convivindo alí co Cultura Quente.[1]

O festival PortAmérica forma parte dos Festivais Rías Baixas, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra para agrupar os sete festivais de música máis importantes das Rías Baixas e na que tamén están o Cultura Quente, o Atlantic Fest da Illa de Arousa, o Sinsal Audio da illa de San Simón, o SonRías Baixas de Bueu, O Marisquiño de Vigo e As Revenidas de Vilagarcía de Arousa.[2]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Na primeira edición do festival participaron bandas coma Love of Lesbian, Julieta Venegas, Xoel López, Zoé, Onda Vaga, Corizonas, Depedro, Kitty, Daisy & Lewis, Iván Ferreiro, Colectivo Oruga, Combo Dinamo, Disco Las Palmeras ou Eladio y los seres queridos, entre outros.

Na segunda edición do festival actuaron artistas como Editors, The Gift, Los Coronas, Lori Meyers, Delafé y las flores azules, Standstill, La habitación roja, Él mató a un policía motorizado, Niños Mutantes, Niño y pistola, Vetusta Morla, Supersubmarina, Delorean ou Arizona Baby.

Na terceira edición do festival actuaron artistas como Iván Ferreiro, 2ManyDJs, The Jayhawks, Sidonie, Vega, Triángulo de Amor Bizarro, Vetusta Morla, Andrés Calamaro, Calle 13, Nicky Hill, Niños Mutantes, Systema Solar, Yall, Novedades Carminha, Kostrok, Calexico, Love of Lesbian, The Sonics, Nada Surf, El Columpio Asesino, Najwa, León Benavente, Eme DJ ou Belöp.

A súa cuarta edición celebrouse no Porto do Molle de Nigrán entre os días 16 e 18 de xullo de 2015 e nela actuaron Belako, Villanueva, Siniestro Total, The Skatalites, Gorillaz Sound System Dj Set, Carmen Johns, Ana Tijoux, Little Jesus, The Asteroids Galaxy Tour, Killer Barbies, Neuman, Eladio y los Seres Queridos, Calle 13, Vetusta Morla, Addictive TV, BFlecha, Sensacional, Pasajero, Niños Mutantes, Buzzcocks, Novedades Carminha, Arizona Baby, Jenny and the Mexicats, The Divine Comedy, Supersubmarina, Gato TV, Agoraphobia, Pedrina y Río, The Soul Jacket, Mi Capitán, Xoel López e Is Tropical.[3]

A quinta edición do festival celebrouse os días 15 e 16 de xullo de 2016 no Porte do Molle de Nigrán e nela participaron Molotov, Amaral, Bunbury, Love of Lesbian, IZAL, FM Belfast, Sonido Gallo Negro, Nortic Collective, Pony Bravo, Amaro Ferreiro, The Undertones, León Benavente, Furious Monkey House, Talisco, Myles Sanko, Leiden, Retrovisor, Eme DJ e Elyella DJ's.[4]

Na súa sexta edición, que se celebrarou na carballeira de Caldas de Reis entre os días 13 e 15 de xullo de 2017, actuaron Indios, Ángel Stanich, Aterciopelados, Iván Ferreiro, Carlos Sadness, The Horrors, Niños Mutantes, Triángulo de Amor Bizarro, Asian Dub Foundation, Kase.O, Novedades Carminha, Illya Kuryaki & The Valderramas, Zuco 103, BNegão & Seletores de Frequência, Yall, Los Amigos Invisibles, Rufus T. Firefly, Mateo Kingman, Leiva, Xoel López, Depedro, Porter, Instituto Mexicano del Sonido, Carlos Jean, Siddhartha, Enric Montefusco, Igloo e Orkesta Mendoza.[5]

Na súa sétima edición, que se celebrou na carballeira de Caldas de Reis entre os días 4 e 6 de xullo de 2018, actuaron Vetusta Morla, Izal, La Habitación Roja, La Pegatina, El Columpio Asesino, Xoel López, Jacobo Serra, Neuman, Miranda, Jenny and the Mexicats, Los Caligaris, Shinova, Los Auténticos Decadentes, WAS (We Are Standard), Viva Suecia, We The Lion, Imelda May, PussyRiot, Iseo & Dodosound, Los Coronas, Pasajero, La Vida Bohème, Chico Trujillo, Luis Brea y el Miedo, Pardo, Habitación Vudú e Mexrrissey[6]

Na súa oitava edición, que se celebrarou na carballeira de Caldas de Reis entre os días 5 e 7 de xullo de 2019, actuaron Elefantes, Zahara, Rozalén, Carlos Sadness, We Are Not Djs, Cora Velasco, Morgan, Combo Viramundo, La Casa Azul, Miss Bolivia, Nixon, Trending Tropics, Amaia, Madness, Carolina Durante, Trapical Minds, Santi Araújo, Anarchicks, Monsieur Periné, Cuarteto de Nos, Él mató a un policía motorizado, Natalia Ferviú, Cándida, Mon Laferte, Sidecars, Andrés Calamaro, Depedro, Presumido, Berta Franklin, Cumbia All Stars, De la Puríssima, Los Espíritus, Pablo Lesuit, El lado oscuro de la broca e Camilo Lara.[7]


A partir de 2021 o festival cambia a súa localización con motivo das restriccións derivadas da pandemia. A necesidade de facer saídas independientes para cada sector fan imposible encaixar o festival na Carballeira de Caldas e a organización valora un recinto diferentes na mesma comarca.

Na súa novena edición, que se celebrou na Azucreira de Portas os días 1 e 2 de outubro de 2021 como primeiro festival celebrado de pé[8] da pandemia da Covid-19. Debido ao mal tempo tivo que suspender a segunda xornada, pero a primeira si que chegou a celebrarse.

Entre os nomes do cartel cabe mencionar os concertos de Deluxe (antiga banda de Xoel López, que se reúne tras trece anos dende o seu último concerto) e Le Punk (inactivos dende 2009), que se reúnen única e exclusivamente para celebrar PortAmérica Orixe. Vetusta Morla, o propio Xoel López, Novedades Carminha ou Tropical Jesus (alter ego de Carlos Sadness) serán algúns dos grandes reclamos desta edición, que completa o seu cartel con Jenny & The Mexicats, Ortiga, Eladio y los Seres Queridos, Pablo Lesuit, Furious Monkey House e A Duendeneta.

A décima edición consolidou a nova localización da Azucreira de Portas e celebrouse nos días 2, 3 e 4 de xuño de 2022. Asistiron Bizarrap, Lori Meyers, Nathy Peluso, Baiuca, Rozalén, Viva Suecia, Natalia Lacunza, Andrés Suárez, Coque Malla, Mikel Erentxun, Arde Bogotá, Muchachito Bombo Infierno ou La La Love You.

A décima primeira edición, tamén en Portas, terá lugar os días 13 14 e 15 de xullo de 2023. As bandas confiramdas son: Nicki Nicole, Sebastián Yatra, Molotov, Bad Gyal, Pole, La M.O.D.A., Deluxe, M-Clan, Guitarricadelafuente, Loquillo, Quique González, Centavrvs, Jorge Drexler, Conociendo Rusia, YSY A, Orkesta Mendoza, Carlangas, Galician Army, Nanpa Básico, Flecha Valona, Marilia Monzón, Funzo & Baby Loud, Grande Amore, Bandalos Chinos, Ortiga & Pili Pampín, Dani Fernández, La Duendeneta, Gustavo Santaolalla, Muerdo, Second, Sexy Zebras, Silvana Estrada e Son Rompe Pera.[9][10]

[Cómpre referencia]

  1. La Voz de Galicia (ed.). "Llevamos PortAmérica de Nigrán porque no podemos seguir en precario". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  2. La Voz de Galicia (ed.). "Los siete festivales de las Rías Baixas se alían para potenciar el turismo". Consultado o 26 de abril de 2017. 
  3. Alta Fidelidad (ed.). "Cartel do PortAmérica 2015". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  4. Son Estrella Galicia (ed.). "Cartel do PortAmérica 2016". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  5. PortAmérica (ed.). "Cartel do PortAmérica 2017". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  6. https://fanmusicfest.com/content/portamerica-2018
  7. https://fanmusicfest.com/content/portamerica-2019-horarios-y-ultimas-confirmaciones
  8. [1]
  9. Metropolitano (2023-04-21). "PortAmérica 2023 desvela su cartel por días y activa la venta de entradas diarias". Metropolitano (en castelán). Consultado o 2023-05-09. 
  10. "Cartel Portamérica 2023, conoce a los artistas | Festival PortAmérica". portamerica.es (en castelán). 2023-01-13. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2023. Consultado o 2023-05-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.