Carlos Jean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Jean

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollege of San Jose, Villafranca de los Barros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , compositor , disc-jóckey , produtor musical , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoElectronica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTeclado Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarlosjean.tv Editar o valor em Wikidata
Facebook: CarlosJeanOficial Twitter: carlosjean MySpace: carlosjean Musicbrainz: 7f9247c8-4733-46a0-86f6-49f692e8d521 Songkick: 476764 Discogs: 158894 Editar o valor em Wikidata

Carlos Jean, nado en Ferrol o 15 de xuño de 1973, é un músico, produtor musical, mesturador e cantante galego de orixe haitiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Jean naceu en Ferrol en 1973, fillo de Julia, tamén de Ferrol, e de Jean Robert Jean Daddy Jean, emigrante haitiano.

A finais dos anos noventa forma coa actriz e cantante Najwa Nimri o grupo de música electrónica Najwajean. O seu primeiro traballo foi Non blood (1998). Tamén colaboraron nas bandas sonoras das películas Asfalto e Guerreros. En 2002 publican Selection.

En solitario[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo en solitario, publicado no ano 2000, sería Planet Jean, coas últimas tendencias dance daquel momento, onde destacaba o tema "Give Me the 70´s". A partir deste momento, moitos artistas contaron coa súa colaboración como produtor ou como mesturador, entre eles Alejandro Sanz, Miguel Bosé, Enrique Bunbury, Carlos Baute, Fangoria, Hevia, Malabar, OBK, Pastora Soler, Presuntos Implicados, Najwa Nimri, Tiziano Ferro, Undrop ou La Unión.

No ano 2002 publica Back to the Earth, un disco de transición no que busca un son máis propio con cancións máis cálidas e afastadas do son electrónico centroeuropeo, orientadas cara á música máis bailable. O disco conta coas colaboracións de, entre outros artistas, Amparanoia, Orishas, Macaco, Malabar, Sheila Cuffy, Daddy Jean (o seu pai), Shuarma (Elefantes), Pastora Soler... Durante a súa gravación proba as mesturas que vai facendo no local onde pica o seu irmán Robert J. ata conseguir o resultado definitivo. Inclúe música samba, son, funk, soul, blues, big beat, hip hop ou latin power.

No ano 2006 publica o traballo Mr Miracle, que nun principio se ía a chamar On a diet ("A dieta") e cuxo primeiro single é o tema pop "Have a Nice Day", que narra a historia dun personaxe que se converte por casualidade en superheroe e consegue salvar o mundo. Neste traballo colaboran Macaco (en "Suave"), La China Patino (Cycle) (en "Once Again"), Plastilina Mosh (en "Get Down"), Alaska (en "Nada") e Bebe (en "Tiempo", a primeira canción gravada en castelán por Carlos Jean). Este terceiro traballo abarca diferentes estilos, como funk ("She's all about cash"), pop ("Have a nice Day"), electrónica de baile ("Once Again"), hip hop ao estilo dos oitenta ou rock ("Your rap is bad", "Mr. Miracle").

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Najwajean[editar | editar a fonte]

  • Non Blood (Subterfuge Records, 1998)
  • Selection (Subterfuge Records, 2002)
  • Till it Breaks (2008)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Like those roses (Subterfuge Records, 1998)
  • Like those roses remixes (Subterfuge Records, 1998)
  • I'm gonna be (500 miles) (Subterfuge Records, 1999)
  • Garota de Ipanema (Subterfuge Records, 1998)

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Planet Jean (Subterfuge Records, 2000)
  • Back to the Earth (EMI/Hispavox, 2002)
  • Back to the Earth (vinilo) (EMI/Hispavox, 2003)
  • Mr Miracle (EMI, 2006)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Give me the 70's (Subterfuge Records, 2000)

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

  • Asfalto (con Mastretta) (Subterfuge Records, 2000)
  • Guerreiros (Subterfuge Records, 2002)
  • Ausentes (2005)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Produción da versión do tema Sevilla, de Miguel Bosé, interpretada por Rocío Jurado e Raphael.
  • No videoxogo FIFA 07 de ELECTRONICS ARTS.
  • Con Bebe no seu disco Pa fuera telarañas (2004)
  • Con Marta Sánchez no disco Lo mejor de Marta Sánchez e en Los mejores años de nuestra vida.
  • Realizou en 2006 o remix da canción Idiota do grupo Nena Daconte, que utilizaron como substitución ao seu single Idiota orixinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]