Julieta Venegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julieta Venegas
Julieta Venegas Percevault
Nome completoJulieta Venegas Percevault
Data nacemento24 de novembro de 1970
Nado enTijuana mexicana
CónxuxeÁlvaro Henríquez
IrmánsYvonne Venegas
Ocupacióncantante, compositora, pianista, produtora musical, cantautora, actriz e artista discográfico
XéneroRock/Pop
Na rede
www.julietavenegas.net
IMDB: nm0893001 Rottentomatoes: celebrity/julieta_venegas
Facebook: julietavenegas.oficial Twitter: julietav Instagram: julietavenegasp MySpace: julietavenegas Youtube: UCwWwGhSVOjbhZSBh-Wa3xTw Vimeo: julietavenegasoficial TikTok: julietavenegasoficial Souncloud: julietav Spotify: 2QWIScpFDNxmS6ZEMIUvgm iTunes: 302960 Musicbrainz: 601f8530-9009-4f73-94fb-a355b4497b70 Songkick: 370730 Discogs: 85181 Allmusic: mn0000836376 Deezer: 4477 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Julieta Venegas Percevault, nada en Long Beach (California) o 24 de novembro de 1970, é unha compositora e cantante mexicana, que se criou e creceu en Tijuana (México). Nos últimos anos da súa relativamente longa carreira musical, logrou posicionarse coma unha das cantautoras máis destacadas dentro do panorama do pop Latino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de fotógrafos, aos oito anos comezou a estudar piano clásico como pasatempo. Tras amosar grande interese pola música e co soño de se converter en directora de orquestra, continuou os estudos de teoría musical. Practicou piano e violoncello na Escuela de Música del Noroeste de Tijuana e no Southwestern College de San Diego.

Tocando o acordeón en Lugo

Combinando os estudos de secundaria coa formación musical, Julieta foi invitada a unirse ao grupo de reggae/ska Chantaje, convertido posteriormente en Tijuana No. Durante a súa participación na banda, en colaboración con Álex Zúñiga, compuxo a canción "Pobre de ti", que se convertería na máis popular da banda.

Sirenas del corazón, de Edward Coward, foi a primeira obra teatral que Julieta Venegas musicalizou. Despois de colaborar con diferentes grupos, Julieta instalouse na Cidade de México. En 1995 foi invitada a compoñer a música da obra teatral Calígula probablemente do autor Francisco Franco.

Tras formar outro grupo chamado Lula, Julieta aprendeu a tocar o acordeón e empezou a compoñer con el as que serían as cancións do seu primeiro disco, Aquí. Pouco despois de disolverse o grupo, Julieta comezou a actuar en vivo como solista. Neste período, comezou (coa participación de Fratta e Rafa González) un novo proxecto máis persoal chamado La Milagrosa (tomado dun libro do mesmo nome obra de Carmen Boullosa), un pseudónimo co que a xente comezou a recoñecer a Julieta. Esta confusión semántica levou a Julieta a lanzar Aquí simplemente como un álbum de "Julieta Venegas". Durante o desenvolvemento deste proxecto, Julieta tivo unha participación vocal no disco Acústico desliz de Fratta, no cal tamén tomaron parte Ely Guerra e Rita Guerrero.

Co apoio de BMG, Julieta gravou o seu primeiro disco como solista baixo a produción de Gustavo Santaolalla. Editado en 1997, Aquí colocou a Julieta Venegas como unha proposta inédita no ámbito da música popular en México.

Tocando a guitarra en Lugo

Tras darse a coñecer a nivel internacional, Julieta recibiu un gran número de invitacións para colaborar con diferentes músicos e intérpretes latinoamericanos, como Sasha Sökol, Enanitos Verdes, Sr González, Los Tres, Liquits, Cartel de Santa e Eugenia León.

En 1998 participou na xira De diva voz xunto a Ely Guerra e Aurora y la Academia, con concertos en diferentes localidades de México e EUA. Pouco despois actuou na xira Calaveras y diablitos, ao lado de Aterciopelados e Los Fabulosos Cadillacs, en España.

A participación en festivais internacionais aumentou ao ano seguinte, ao tocar Julieta no Festival Midem Américas (Miami), Generación Ñ (España), Rock Al Parque de Bogotá (Colombia) e Festival El Hatillo (Venezuela).

En 1999 apareceu na versión para México do vídeo "Infinito" de Enrique Bunbury.

En 2000 Nacho Mastretta convidouna a participar no seu disco Luna de miel. Incluía doce cancións interpretadas por doce vocalistas femininas de diferentes países. Posteriormente, contribuíu con tres cancións á banda sonora de En el país de No Pasa Nada.

Pouco despois escribiu e gravou para a película Amores perros o tema "Amores perros me van a matar". Produciron a canción Emmanuel del Real e Quique Rángel (de Café Tacuba), quen tamén participaron no seu seguinte álbum, Bueninvento.

Bueninvento, producido tamén por Gustavo Santaolalla e Joe Chicarelli, foi lanzado en setembro de 2000. Trece dos catorce temas eran obra de Julieta Venegas.

Ese mesmo ano participou no Arezzo Wave Love en Italia, onde cantou unha versión da canción "Amores perros..." en italiano.

En 2002, o cantautor Víctor Manuel ofreceulle participar nun disco en homenaxe a Joaquín Sabina xunto con outras mulleres. Cantou "Corre dijo la tortuga".

A finais de 2003 lanzou o álbum , até entón o seu maior éxito comercial, o que lle permitiu abarcar un mercado máis amplo. Vendeu máis de medio millón de copias.

En 2004 colaborou no disco Neruda en el corazón con artistas como Joan Manuel Serrat, Pablo Milanés ou Ana Belén. Musicou o poema "A callarse".

Julieta participou, con Paulina Rubio, na canción "Nada fue un error" do arxentino Coti. En 2006 viaxou a Buenos Aires, onde gravou durante uns 3 meses o álbum Limón y Sal. O primeiro sinxelo foi "Me voy".

En xuño de 2006 participou en España no festival MTV Day xunto a Amaral e Keane, entre outros, e dous días máis tarde na celebración do 40 aniversario de Los 40 Principales. Cantou "Me voy" e "Nada fue un error" xunto a Coti. Participou na serie Yo soy Bea.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Declaracións políticas[editar | editar a fonte]

En maio de 2007, Julieta Venegas declarouse a favor da lei en México que despenalizou o aborto antes das dúas semanas de embarazo: "Estou totalmente de acordo coa despenalización do aborto, porque é un tema de saúde. As mulleres teñen dereito a elixir sobre as súas vidas... é un gran paso". A declaración sumouse á doutros artistas de opinión similar.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]