Supersubmarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supersubmarina
Chino, Pope, Jaime e Juanca
Na rede
http://www.supersubmarina.es
Instagram: supersubmarina_oficial Spotify: 61C3cEhdoJ9YiQSQSwYB4K Musicbrainz: d1f8ab94-3e6b-487e-865d-bbbdf30312e7 Songkick: 2452606 Discogs: 2276137 Genius: Supersubmarina Editar o valor em Wikidata

Supersubmarina é unha banda española de indie rock orixinaria de Baeza (Xaén). Está formada por José Chino (voz e guitarra), Jaime (guitarra solista), Pope (baixo) e Juanca (batería e percusión).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A idea de formar un grupo xurdiu en 2005, cando empezaron a tocar simplemente por diversión e en condicións moi precarias. Un dos días que quedaron para tocar, introducíronlle un arranxo a un tema que imitaba o son do mar e de aí saíu o nome do conxunto. En febreiro de 2011 a Academia das Artes e as Ciencias da Música decide nomear no apartado de autor revelación a Supersubmarina polo tema XXI nos premios da Música.

Os primeiros EP[editar | editar a fonte]

En 2008 empezaron a darlle forma a Cientocero, o seu primeiro EP. Desde o 16 de decembro se atopaba á venda en formato dixital, con catro cancións compostas por eles mesmos. Cantan sobre os problemas cotiáns ou as relacións persoais, mais cunha linguaxe propia e un estilo orixinal. Tras este traballo saíu á luz en 2009 un novo EP, Supersubmarina. Inclúe tamén catro cancións, algunhas das cales aparecerán no seu álbum debut.

En 2009 aparecen no disco Juntos por el Sáhara, no que interpretan «Chas! y aparezco a tu lado» coa actriz arxentina Sabrina Garciarena. O disco, editado por Sony Music baixo o nome de X 1 FIN, complétano artistas como Pereza, Estopa, El Canto del Loco ou Conchita, entre outros.

Electroviral[editar | editar a fonte]

A principios de 2010 Supersubmarina asinou coa discográfica Sony Music para lanzar o seu primeiro disco. Electroviral recolle 13 cancións, algunhas das cales xa apareceran nos seus anteriores EP. Sen moito soporte publicitario conseguen situarse entre o máis alto do indie español. Colaborou nos escenarios con grupos como Pereza, Vetusta Morla, Russian Red, Iván Ferreiro, Sidonie, Sidecars ou Marlango.

Realimentación[editar | editar a fonte]

En maio de 2011 publican Realimentación, de novo con Sony, o terceiro EP da banda. Contén só catro pistas a xeito de extensión do LP Electroviral. Mantén o estilo enérxico das cancións e constitúe un paso máis para que a banda se reafirme no panorama musical español.

As novas cancións presentáronse en directo en Bilbao, no Kafé Antzokia, e soaron por diferentes salas e festivais. No mes de xuño os creadores franceses da Blogothèque decidiron contar con Supersubmarina para gravaren un videoclip dentro do 3º Festival Internacional de Videoclips en Comunidad Camon (FIVECC).[1]

En setembro a banda presentou o videoclip do primeiro sinxelo de Realimentación, «Puta vida». Para a súa realización confiaron de novo en Luis Germanó. Tras a exitosa xira estival que os levou por toda a xeografía española, Supersubmarina seguiron a presentar o traballo na súa xira de outono-inverno.

Santacruz[editar | editar a fonte]

No Nadal de 2011 o grupo dedícase a maquetar os temas do que será o seu seguinte disco, Santacruz, gravado nos Estudios LaViña de Baeza (Xaén). Este publicouse o 22 de maio de 2012 e entrou nos primeiros postos de vendas en España.

Supersubmarina recibiu un galardón nos «Premios Nacionales Cuchara de Palo» dese ano.[2] A «Muy Ilustre y Noble Orden de Caballeros de la Cuchara de Palo» recoñece cos seus premios anuais o labor de diferentes personaxes e colectivos da sociedade española.

José Chino e Jaime colaboraron no concerto de Lori Meyers en Joy Eslava na canción «Vigilia», do disco Hostal Pimodán.

A banda entrou o 13 de febreiro de 2012 nos estudos Laviña para gravar o que sería o seu segundo disco de estudo. As once novas cancións foron compostas pola banda durante o ano anterior. A produción correu a cargo de Tony Doogan, enxeñeiro e produtor escocés, quen gravou e traballou con bandas como Belle & Sebastian, Teenage Fanclub, Mogwai, Hefner ou Mojave 3, entre outros, incluído o segundo disco de Russian Red. Foi mesturado nos estudos Castle Of Doom de Glasgow e masterizado en Sterling Sound New York por Steve Fallone.

O 24 de abril Supersubmarina estreou e puxo en venda en formato dixital «En mis venas», primeiro sinxelo do seu novo álbum. Con este sinxelo alcanza o número un de vendas en iTunes.[3]

Neste disco e na correspondente xira incorporouse Javier Serrano nos teclados, sintetizadores e voces.

Viento de cara[editar | editar a fonte]

A principios de 2014 o grupo anunciou que se atopaba a gravar o seu terceiro LP. O 23 de xuño dese ano lanzou o primeiro sinxelo do novo traballo, «Hasta que sangren», e revelou o título do novo traballo, Viento de cara.

Durante o verán de 2014 lanzaron dous sinxelos máis, «Arena y sal» e «Enemigo yo». O 23 de setembro publicouse o disco completo, tanto en formato físico como en plataformas de música en internet.

Accidente de tráfico e retirada[editar | editar a fonte]

O 14 de agosto de 2016, en plena xira estival de promoción do seu disco, os membros de Supersubmarina sufriron un grave accidente de tráfico.[4] Juanca, o batería, foi o último en saír da UCI, o 29 de setembro de 2016.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Cientocero (2008) EP[editar | editar a fonte]

  1. «Cientocero»
  2. «Elástica galáctica»
  3. «No es así»
  4. «Cientocero» (versión inglesa)
  5. «Cientocero» (maqueta)

Supersubmarina (2009) EP[editar | editar a fonte]

  1. «Supersubmarina»
  2. «Ana»
  3. «Ola de calor»
  4. «OCB»

Electroviral (2010) CD[editar | editar a fonte]

  1. «Magia electroviral»
  2. «Eléctrico»
  3. «Niebla»
  4. «Supersubmarina»
  5. «Ana»
  6. «LN Granada»
  7. «Chas! Y aparezco a tu lado»
  8. «Cientocero»
  9. «XXI»
  10. «Elástica galáctica»
  11. «Ola de calor»
  12. «Centro de atención»
  13. «Eres»

Realimentación (2011) EP[editar | editar a fonte]

  1. «Kevin Mc Alister»
  2. «Puta vida»
  3. «Emperatriz»
  4. «El encuentro»

Santacruz (2012)[editar | editar a fonte]

  1. «Canción de guerra»
  2. «Santacruz»
  3. «Hermética»
  4. «En mis venas»
  5. «Tu saeta»
  6. «Para dormir cuando no estés»
  7. «El baile de los muertos»
  8. «De las dudas infinitas»
  9. «Tecnicolor»
  10. «Cometas»
  11. «Hogueras»

Viento de cara (2014)[editar | editar a fonte]

  1. «Viento de care»
  2. «Algo que sirva como luz»
  3. «De doce a doce y cuarto»
  4. «Arena y sal»
  5. «Extrema debilidad»
  6. «Inestable»
  7. «Hasta que sangren»
  8. «Furia»
  9. «Enemigo yo»
  10. «Samurái»
  11. «El mañana»

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alicante, plató de videoclips". El Mundo (en castelán) (Alicante: Unidad Editorial Información General). 24 de xuño de 2011. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  2. "“Cuchara de Palo” premia a Supersubmarina por su trayectoria profesional" (en castelán). 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  3. "Supersubmarina, número 1 en iTunes". Jenesaispop (en castelán). 25 de abril de 2012. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  4. Navarro, Fernando (16 de agosto de 2016). "El grupo Supersubmarina sufre un accidente de tráfico". El País (en castelán) (Aranda de Duero). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  5. "Juanca y Chino, de Supersubmarina, ya están en planta". El Huffington Post (en castelán). 30 de setembro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]