Saltar ao contido

Fernando Quesada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED.
Non confundir con Fernando Quesada Sanz, catedrático de Arqueoloxía da UAM.
Modelo:BiografíaFernando Quesada Porto
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1933 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 2016 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, viñetista e pintor
Familia
CónxuxeAna Legido Editar o valor en Wikidata
FillosMarieta, Beatriz, David e Yayo Quesada Legido Editar o valor en Wikidata
IrmánsXaime Quessada
Antonio Quesada Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 174148 BNE: XX1639625 BUSC: quesada-porto-fernando-1933 Tebeosfera: quesada_porto_fernando

Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou como dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.[2]

Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.[3]

En 1960 casou con Ana Legido Soto (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).

Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.[4]

Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos:[5]

Chispas da roda I, 1972, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda II, 1973, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda III, 1974, colección "O Moucho", Castrelos.
Cousas da terra, 1975, La Región de Ourense.[6]
Chispas da roda IV, 1976, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda V, 1979, colección "O Moucho", Castrelos.
Humor a rapañota, 1981, con prólogo de Mingote. Galaxia.
Xente a esgalla, 1981, con contracuberta de E. Alonso, Galaxia.
Xente de hoxe, 1985, Galaxia.
Xente para todo, 1987, Galaxia.
Quesadas, 1994, Ir Indo Edicións.
Chispas de Quesada, 2007, Edicións Xerais de Galicia.[7]

Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación,[8] destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).[9][10]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969),[11] o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.

  1. "Compendio de bibliografía dedicada a Fernando Quesada Porto". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016.
  2. Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  3. «Fernando Quesada, el inolvidable humorista gráfico…» Faro de Vigo, 18/6/2016 (en castelán).
  4. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 469. ISBN 84-8064-113-4.
  5. "Biblioteca Nacional de España". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016.
  6. Imaxe da portada de Cousas da terra
  7. Chispas de Quesada en Dialnet.
  8. Fernando Quesada na Colección Afundación.
  9. Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. p. 242. ISBN 84-7680-288-9.
  10. Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 143.
  11. «Todos los premiados», xornal ABC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]