Luís Davila
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Davila.
Luís Davila Malvido | |
---|---|
Davila na Feira do Libro de Vigo 2016 | |
Nacemento | 1972 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Eido | deseño gráfico, ilustración, viñeta |
Traballos | O Bichero e O Fotomatón |
Influenciado por | Quino [1] |
Na rede | |
obichero.blogspot.com.es | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu,[1] é un deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola de Artes e Oficios Artísticos Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.[3]
Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.[4]
- O Bichero I, 2014. ISBN 978-84-617-1501-5.
- O Bichero II. Outra ronda!, 2014. ISBN 978-84-617-1504-6.
- O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014. ISBN 978-84-617-1505-3.
- O Bichero IV. Menudo día, 2014. ISBN 978-84-608-1999-8.
- O Bichero V. Living a vida loca, 2015. ISBN 978-84-606-7418-4.
- O Bichero VI. Ti sacha!, 2016. ISBN 978-84-608-7545-1.
- O Bichero VII. De punta a chicote, 2017. ISBN 978-84-697-7050-4.
- O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018. ISBN 978-84-09-06374-1.
- Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.
Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da noite.[5]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio San Martiño de normalización lingüística (2014), convocado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada.
- Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua na 6ª ed. (2016), convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL).[6]
- Varias edicións do Premio Fervenzas Literarias.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 «Hablamos con Luis Davila» (en castelán).
- ↑ http://obichero.blogspot.com.es/
- ↑ "Humor en Faro de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 05 de xullo de 2016.
- ↑ Biblioteca Nacional de España
- ↑ «Luís Davila e Carlos Blanco recuncan con Menú da noite» CCG, 7/4/2016.
- ↑ "O galego, nas boas mans de Migallas Teatro e Luis Davila" 27/2/2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Banda Deseñada CCG.
- Tebeosfera (en castelán).