Manuel Blanco Tobío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Blanco Tobío
Nacemento29 de outubro de 1919
 Lérez
Falecemento3 de xuño de 1995
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PremiosPremio Mariano de Cavia
editar datos en Wikidata ]

Manuel Blanco Tobío, nado en Lérez (Pontevedra) o 29 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1995, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse como xornalista no semanario El Español e nas publicacións Fantasía e La Estafeta Literaria. Colaborou en Radio Nacional de España e na cadea da Prensa do Movemento. En 1946 incorporouse a Pueblo como comentarista de política internacional, do que foi enviado especial por Europa, América e Oriente Medio (1953-1956). En 1953 recibiu o Premio Nacional de Periodismo. De 1957 a 1966 foi correspondente de Pueblo en Nova York e na ONU. En 1966 foi nomeado director do periódico Arriba, até abril de 1970. Ao ano seguinte asumiu a dirección da Escola Oficial de Periodismo. Despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Información. Foi Director de Cultura Popular, e en 1973 foi designado director Xeral de Prensa, cesando en 1974. Foi comentarista de Política Internacional do xornal ABC.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Kominform, quinta columna del comunismo (con el texto íntegro de la declaración de Varsovia) (1948)
  • USA, patalogía de la prosperidad (1963)
  • Los americanos (1964)
  • El guapo americano y el feo ruso (1964)
  • La América invisible (1966)
  • Vísperas del juicio final (1966)
  • Cinco zorros plateados (1979)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Periodismo José Antonio (1952)
  • Mariano de Cavia
  • Aznar de Periodismo (1979)
  • González Ruano de Periodismo
  • Premio Javier Bueno (1988)

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz do Mérito Civil
  • Cruz de Isabel la Católica
  • Cruz ao Mérito Militar
  • Cruz ao Mérito Naval
  • Cruz ao Mérito Aeronáutico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]