Marifé Quesada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Fe Quesada Rodríguez»)
Infotaula de personaMarifé Quesada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) María Fe Quesada Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Zamora, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustradora , cartelista Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIris Darriba Quesada Editar o valor em Wikidata
PaiAntonio Quesada Editar o valor em Wikidata

María Fe Quesada Rodríguez, coñecida como Marifé Quesada, nada en Zamora o 7 de setembro de 1957, é unha ilustradora, cartelista e portadista galega.[1][2]

É unha das pioneiras na ilustración infantil galega.[3] É zamorana de nacemento pero considerouse galega de adopción e de corazón.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en zamora, aos 9 anos trasladouse coa súa familia a Vigo.[5] Enfermeira de profesión, foi deseñadora e autora da "Campaña de Fomento da Lectura da Xunta de Galicia 2000". Foi ilustradora de preto dun cento de contos infantís e xuvenís, e de máis dunha decena de libros de texto. As súas obras foron publicadas polas editoriais SM, Galaxia, Santillana, Obradoiro, Voramar, Edebé, Xerais, Casals, Bruño, Everest, Edelvives, Ceac e Dirección Xeral de Promoción Cultural (Xunta de Galicia).[1]

Colaborou coas revistas Ciudadano e Clij, e o diario Faro de Vigo.

É filla do pintor Antonio Quesada e nai de Iris Darriba.

Obra como ilustradora[editar | editar a fonte]

  • O día que choveu de noite, de Helena Villar Janeiro (1983). Galaxia/Elkar/La Galera.
  • O segredo da Pedra Figueira, de María Xosé Queizán (1986). Xerais.
  • O bosque animado, de W. Fernández Flórez (1987)
  • A chave dos soños, de A. García Teijeiro (1988). Galaxia.
  • A cidade de Aldara, de Helena Villar Janeiro (1989). Casals.
  • O avó de Pipa, de Helena Villar Janeiro (1991). Bruño. El abuelo de Pipa (2005). Bruño.
  • A vaca titiriteira, de Concha Blanco (1991). Bruño.
  • Cincenta, de Charles Perrault (1994). Galaxia.
  • Pinocho, de Carlo Collodi (1994). Galaxia.
  • Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (1995). Colección Merlín, Xerais.
  • A Serea do Deserto, de Xavier López Rodríguez (1997).Colección Alfagüara, Obradoiro-Santillana.
  • El Gato que quiso volar Alto, de José Cañas Torregoso (1998). Everest. Colección Montaña Encantada.
  • Dos Dragones Bailarines, de Manuel Alonso Erausquin (1998). Edelvives.
  • Tulinet-las Siete Vidas del Gato, de Ricardo Alcántara (1998) .Colección Ala Delta, Edelvives.
  • Xogos Infantís (1999). Everest-Galicia, Colección Montaña Encantada.
  • Os Enredos de Olalla, de Pepe Carballude (1999). Everest.
  • As Cinco Amigas, de Maruxa Olavide (2000). Everest.
  • Los cuentos de Maricastaña, de Concha Cardeñoso (2000). Grupo Editorial Ceac.
  • A Nena Branca de Vilamaxín, de Xosé Ramón Mariño Ferro (2001). Ed. Luís Vives.
  • Aventuras de Sol, de Alberto Avendaño (2004). Galaxia.
  • A fada do abano verde, de Teresa Núñez González (2004). Everest.
  • O gaiteiro e o rato Pérez, de Bernardino Graña (2005). Xerais.
  • Manual para una Pequeña Bruja, de Gloria Sánchez (2005). Colección Tucan, Edebé.
  • Quen me quere adoptar?, de Fina Casalderrey (2005). Xerais.
  • Un rato na casa, de Helena Villar Janeiro (2007). Galaxia.
  • Bigote Blanco-Bigote Negro, de Carmen Morales (2007). Colección Altamar, Bruño.
  • Ao outro lado da esquina, de Antonio García Teijeiro (2012). Bruño.
  • As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (2014). Galaxia.
  • El Collar del Rey, de Olinda Cordukes (2016). Ebook.

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Choven palabras no futuro (2014). Galix.

Premios e mencións[editar | editar a fonte]

  • 1961: Primeiro Premio Nacional de Pintura Infantil.
  • 1983, 84: Premio "Arte Xoven de Galicia".
  • 1986: Seleccionada para a exposición de Ilustradores do "Premio Internacional Catalonia".
  • 1986: Distinguida pola revista Clij, especializada en literatura, pola súa obra como ilustradora infantil.
  • 1992: Premio "Artistas Noveles Gallegos"
  • 1998: Seleccionada como representante no Portal Galego "Galicia para el Mundo" na Bienal Internacional de Ilustración de Boloña.
  • 1998: Integrante da "Lista de Honor del III Premio Nacional CCEI de Ilustración".
  • 1992, 1994, 1996: Seleccionada como un dos mellores ilustradores españois na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava.
  • 2016: Socia de Honra de GÁLIX 2016.[6]
  • 2023: Homenaxe no XXIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Mª Fe Quesada Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-07. 
  2. "Marifé Quesada". egu.xunta. 
  3. "«Lucho para no perder la magia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-11. Consultado o 2023-05-07. 
  4. "XXIV Edición - SALON DO LIBRO". www.salondolibro.gal. 2021-11-30. Consultado o 2023-05-07. 
  5. Gálix (9 de xaneiro de 2017). "Laudatio de Mª Xosé Queizán no acto de nomeamento de Marifé Quesada como Socia de Honra de GÁLIX". galix.org. Consultado o 7 de maio de 2023. 
  6. "Acto de nomeamento de Marifé Quesada como Socia de Honra de GÁLIX 2016". Consultado o 2023-05-07. 
  7. R.P (2022-10-21). "El juego centrará el XXIV Salón do Libro, que homenajeará a Manuel Lourenzo y Maife Quesada". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-05-07.