Felis silvestris ornata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Felis silvestris ornata
Felis silvestris ornata.jpg
Felis silvestris ornata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Felis
Especie: Felis silvestris
Subespecie: F. silvestris ornata
Gray, 1832
Área de distribución de Felis sylvestris ornata

Área de distribución de Felis sylvestris ornata
Sinonimia
Véxase o texto

Felis silvestris ornata, coñecido na bibliografía internacional como gato montés asiático, gato salvaxe asiático, gato indio do deserto, ou gato ornado, é unha subespecie de Felis silvestris que vive en Irán, Asia Central e parte da India.[1]

É un felino de aspecto similar ao do gato doméstico.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subspecie foi descrita en 1832 polo naturalista británico John Edward Gray.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo ornata é a forma feminina do participio do verbo latino ōrnō, "adornar".[2] (Recórdese que en latín felis é feminino, Cf. Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.)

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome válido actualmente, a subespecie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Feis silvestris servalina Jardine, 1834
  • Feis silvestris torquata Blyth, 1863

Características[editar | editar a fonte]

Pel de F. s. ornata

En xeral, a pelaxe desta subespecie é gris amarelanda, ás veces apardazada, polas partes supriores; polas inferiores é de cor gris clara ou branca, con puntos negros diseminados. A súa longa cola é máis o menos anelada, acabanado nunha punta negra.[3]

O gato salvaxe asiático ten unha longa cola rematada sempre nunha punta negra curta e con manchas na base. A cabeza ten un patrón de catro bandas negras ben desenvolvidas. Na punta de cada orella crece unha pequena pero pronunciada quedella de pelos de até 1 cm de longo. As formas máis claras destes gatos salvaxes asiáticos viven en zonas máis secas, e as formas máis escuras, máis fortemente manchadas e raiadas habitan en zonas máis húmidas e arboradas. A garganta e as superficies ventrais son brancas, ou de cores que van do gris claro ao crema, a miúdo con distintas manchas brancas na garganta, no peito e no ventre. Ao longo da súa área de distribución a cor da pel pode variar dependendo da idade do animal e da estación do ano. En comparación co gato doméstico, os gatos salvaxes asiáticos teñen as patas relativamente máis longas. Os machos son xeralmente máis pesados ​​que as femias.[4]

Esta variación individual con respecto á pelaxe puido constatala o zoólogo B. A. Kuznetzov nas peletarías de Quirguistán.[Cómpre referencia]

Na India, este gato é máis pequeno, e non supera os 4 kg de peso; a súa pelaxe en xeral é gris pálida amarelada, xeralmente sen manchas, e a cola e o ventre son brancos e con menos puntos negros ou sen eles. En 1867, D. Short apuntou que na India meridional non se conseguía diferenciar ben a moitos gatos domésticos (Felis silvestris catus) dos gatos ornados.[Cómpre referencia]

O índice cranial do gato ornado indio é netamente superior ao dos demais membros do xénero Felis, algo que moitos relacionan cunha posíbel domesticación deste gato por parte das civilizacións antigas da zona, ad da cultura do val do Indo ou en Mesopotamia.[Cómpre referencia]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

A subespecie habita en Asia, desde a beira oriental do mar Caspio polo norte de Casaquistán, o oeste da India, o oeste da China e o sur de Mongolia.[5][4]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

As evidencias fósiles de felinos son bastante escasas. A base da liña do gato salvaxe (Felis silvestris) é probabelmente Felis lunensis, cuxos fósiles se atoparon no Villafranquiense (piso de transición entre o Plioceno e o Cuaternario nun depósito na Toscana. Descubríronse formas intermedias entre Felis lunensis e Felis silvestris nos depósitos do Plistoceno, especialmente no depósito de Petralona, en Grecia.[6]

Numerosos autores consideran hoxe o gato montés como unha especie politípica, que engloba varias subespecies: Felis silvestris silvestris, Felis silvestris cafra, Felis silvestris ornata, Felis silvestris bieti,[7] Felis silvestris lybica e o gato doméstico (Felis silvestris catus).[6][8]

Traballos realizados sobre o ADN en 2006 e 2007, sobre os cromosomas sexuais, e do ADN mitocondrial de todas as especies de felinos, combinados coa investigación paleontolóxica, revelaron que os felinos se dividiron en oito liñas distintas. A liña do gato doméstico é a última liña que diverxeu, hai aproximadamente 3,4 Ma, no Plioceno, nos desertos e bosques densos da cunca mediterránea.[9]

Árbore filoxenética do gato montés[editar | editar a fonte]

A árbore filoxenética do gato montés (Felis silvestris), segundo as investigacións xenéticas publicadas en 2007, é a seguinte.[8]

   Felis silvestris   

F. s. silvestris

F. s. cafra

F. s. ornata

F. s. bieti [10]

F. s. lybica

F. s. catus

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

O status de LC (pouco preocuipante) na Lista vermella da UICN atribúese ao complexo de todas as especies de gatos salvaxes.[11] Pero non hai información sobre o estado actual ou o número de individuos de toda a gama dos gatos salvaxes asiáticos, aínda que se cre que as súas poboacións están diminuíndo.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Felis silvestris cafra Desmarest, 1822 en Wilson D. E. & Reeder, D. M., eds (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. ornate (adj.) no Online Etymology Dictionary.
  3. Heptner, V. G.; Sludskii, A. A. (1992) [1972]. "Asiatic Wildcat". Mlekopitaiuščie Sovetskogo Soiuza. Moskva: Vysšaia Škola [Mammals of the Soviet Union. Volume II, Part 2: Carnivora (Hyaenas and Cats)]. Washington DC: Smithsonian Institution and the National Science Foundation. pp. 398–497. 
  4. 4,0 4,1 Nowell, K.; Jackson, P. (1996). "Asiatic Wildcat Felis silvestris, ornata group (Gray 1830)". Wild Cats: Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland: IUCN/SSC Cat Specialist Group. pp. 99−101. 
  5. Kitchener, A. C.; Breitenmoser-Würsten, C.; Eizirik, E.; Gentry, A.; Werdelin, L.; Wilting, A.; Yamaguchi, N.; Abramov, A. V.; Christiansen, P.; Driscoll, C.; Duckworth, J. W.; Johnson, W.; Luo, S.-J.; Meijaard, E.; O’Donoghue, P.; Sanderson, J.; Seymour, K.; Bruford, M.; Groves, C.; Hoffmann, M.; Nowell, K.; Timmons, Z.; Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News. Special Issue 11: 17−20. 
  6. 6,0 6,1 Patrice Raydelet (2009): Le chat forestier. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 978-2-6030-1597-1.
  7. Hoxe en día considerado como especie independente, Felis bieti.
  8. 8,0 8,1 Carlos A. Driscoll, Marilyn Menotti-Raymond, Alfred L. Roca, Karsten Hupe, Warren E. Johnson, Eli Geffen, Eric H. Harley, Miguel Delibes de Castro, Dominique Pontier, Andrew C. Kitchener, Nobuyuki Yamaguchi, Stephen J. O'Brien & David W. Macdonald (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science 317 (5837): 519-523.
  9. Stephen O'Brien & Warren Johnson (2008): "L'évolution des chats", Pour la science 366, baseado en W. Johnson et al. (2006): "The late Miocene radiation of modern felidae: a genetic assessment", Science 311, e en C. Driscoll et al. (2007): "The near eastern origin of cat domestication", Science 317.
  10. Para moitos autores, sería unha especie independente, Felis bieti.
  11. Yamaguchi, N.; Kitchener, A.; Driscoll, C. & Nussberger, B. (2015): Felis silvestris na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 26 de maio de 2020.
  12. Jutzeler, E.; Xie, Y. & Vogt, K. (2010): "Asian wildcat. Felis silvestris ornata. Cat News. Special Issue 5: 42–43.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sharma, Subhasini; Sharma, Satish Kumar & Sharma, Shweta (2003): "Notes on mammalian fauna in Rajasthan". Zoos' Print Journal 18 (4): 1085–1088.
  • Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): "African-Asian wildcat Felis silvestris lybica and Felis silvestris ornata". En: Wild Cats of the World. Chicago: The University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7999-8, páxs. 92–98.

Outros artigos[editar | editar a fonte]