Felis bieti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Felis bieti
Gato chinés do deserto, gato montés chinés, gato de Biet
Chinese Mountain Cat (Felis Bieti) in XiNing Wild Zoo.jpg
Felis bieti no zoo de Qinghai-Tibet Plateau, Xining, Qinghai (China)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Felis
Especie: F. bieti
Nome binomial
Felis bieti
Milne-Edwards, 1892
Área de distribución de Feli bieti

Sinonimia
Véxase o texto

Felis bieti é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis,[1][2][3] coñecido na bibliografía internacional, entre outros, polo nomes de gato chinés do deserto, gato montés chinés, gato sivestre chinés e gato de Biet.

É un pequeno felino que vive no oeste da China, concretamente no Tíbet, Qinghai, Gansu e Sichuan.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun animal similar ao gato montés europeo (Felis silvestris silvestris), con que comparte tamaño (80 cm de longo, máis 35 cm de cola), pero do que se pode diferenciar facilmente pola cor da pel. A pelaxe é bastante longa e de cor aren en todo o corpo, tornándose abrancazada no ventre. Sobre esta capa de fondo superpóñense aneis de cor escura nas patas e a cola, unha franxa escura ao longo do lombo, e raias verticais más pálidas no corpo, que son difíciles de ver de loxe. O extremo das orellas presenta un pincel de pelos negros que recorda vagamente ao do caracal, o gato dos pantanos ou os linces, pero moito máis curto.

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

O seu hábitat característico son as áreas secas poboadas de matogueira e árbores dispersas, pero nunca auténticos desertos (a pesar de iun dos sus nomes vulgres). Estes animais son fundamentalmente nocturnos e aliméntane de roedores, picas e aves pequenas. A pesar de encontrarse protexido gobernamentalmente na China, moitos individuos morren debido ao envelenamento sistemático das picas, a súa principal presa.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1892 polo médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards nun traballo publicado na Rev. Gen. Sci. Pures Appl., 3: 671.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para o xénero, véxase Felis.

O epíteto específico, bieti, deullo Milne-Edwards na honra de Félix Biet, misioneiro e naturalista francés.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle impuxo Milne-Edwards, e actualmente considerado válido pola maioría dos autores, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Felis pallida Büchner, 1892.[2]
  • Felis subpallida Jacobi, 1923.[2]
  • Felis silvestris bieti (Milne-Edwards, 1892).[4]

Nomes vulgares[editar | editar a fonte]

Nos principais idiomas moerno a especie coñécese polos nomes de gato chinés do deserto, gato montés chinés e gato de Biet, coas adaptacións correspondentes ás diferentes linguas.

Controversia taxonómica[editar | editar a fonte]

En 2007 un estudo de ADN relizado por Driscoll e colboradores mostrou que simplemente existía un grao de diferenza xenética do tipo de subespecie con Felis silvestris, polo que propuxeron a súa inclusón dentro desta especie como Felis silvestris bieti.[4] O mesmo opinban os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN),[5]

Porén, desde 2017 de novo foi recoñecida como unha especie válida, debido a que é morfoloxicamente distinta dos gatos monteses. Por iso a UICN cambiou a súa antiga consideración.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Riordan, P., Sanderson, J., Bao, W., Abdukadir, A. & Shi, K. (2015): Felis bieti] na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 27 de maio de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Felis bieti Milne-Edwards, 1892 en MSW.
  3. Felis bieti Milne-Edwards, 1892 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 Driscoll, C. A.; Menotti-Raymond, M.; Roca, A. L.; Hupe, K.; Johnson, W. E.; Geffen, E.; Harley, E. H.; Delibes, M.; Pontier, D.; Kitchener, A. C.; Yamaguchi, N.; O'Brien, S. J. & Macdonald, D. W. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519-523. Consultada o 14 de decembro de 2018.
  5. Sanderson, J.; Mallon, D. P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. bieti na Lista vermella da UICN. Versión 2010.4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]