Índice cefálico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galgo afgán dolicocefálico.

En antropometría, o índice cefálico é a relación da anchura máxima da cabeza con respecto á súa lonxitud máxima, ás veces multiplicada por 100 por comodidade.

Historia[editar | editar a fonte]

O termo foi definido polo profesor sueco de anatomía Anders Retzius (1796-1860) e inicialmente usado en antropoloxía física para clasificar restos humanos antigos encontrados en Europa. É xeralmente obxecto de fortes críticas dadas as implicacións sociais que ten asociar a intelixencia con determinados grupos sociais e humanos.

Os estudos de Franz Boas cuestionaron a utilidade do índice cefálico porque encontrou que os trazos craniofaciais son altamente maleábeis nuna xeración (é dicir, poden diferir grandemente entre pais/nais e fillos).[1]

En 2002 un artigo de Sparks e Jantz volveu a avaliar algúns dos datos orixinales de Boas usando novas técnicas estatísticas e concluíu que había un "compoñente xenético relativamente alto" na forma da cabeza.[2]

En 2003, os antropólogos Clarence C. Gravlee, H. Russell Bernard e William R. Leonard analizaron novamente os datos de Boas e concluíron que a maioría dos achados orixinais de Boas eran correctos. Adicionalmente, aplicaron novos métodos estatísticos asistidos por computadoras aos datos de Boas e descubriron maior evidencia sobre a plasticidade cranial.[3] Nunha publicación posterior, Gravlee, Bernard e Leonard revisaron as análises de Sparks e Jantz e argumentaronn que estes últimos (Sparks e Jantz) terxiversaron as afirmacións de Boas, e que os datos de Sparks e Jantz de feito respaldan a investigación de Boas.

Nos adultos, o índice xa non se usa excepto para describir aparencias de individuos, e non ten correlación co comportamento. Porén, ás veces séguese a usar para estimar a idade dos fetos por razóns legais e obstetriciais, nos casos onde as diferenzas nas formas do cranio entre poboacións diferentes son aínda de interese.

Índices cefálicos nos humanos[editar | editar a fonte]

Índice cefálico visto desde arriba.
BOD: diámetro biparietal;
OFD: diámetro occipitofrontal.

Os índices cefálicos son:

  • < 75 % (femia), < 65 % (macho): dolicocefálico.
  • 75 %-80 % (femia), 65 %-75 % (macho): mesocefálico.
  • > 80% (femia), > 75 % (macho): braquicefálico.

Tecnicamente os factores medidos están definidos como a anchura máxima dos ósos que rodean a cabeza, por encima da crista supramastoidea (detrás dos pómulos), e a máxima lonxitude desde a parte máis facilmente observábel da glabella (entre as cellas) ao punto máis facilmente observábel da parte traseira da cabeza.

Animais braquicefálicos[editar | editar a fonte]

O termo tamén se aplica a animais, como cans e gatos. Os cans e gatos braquicefálicos (nariz chato) son moi sensíbeis ás altas temperaturas facendo especialmente importante a elección dunha superifcie para durmir ou unha gaiola para viaxes.

Lista de cans braquicefálicos:

Lista de gatos braquicefálicos:

Animais dolicocefálicos[editar | editar a fonte]

Lista de caninos dolicocefálicos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ralph L. Holloway (novembro de 2002). "Head to head with Boas: Did he err on the plasticity of head form?". PNAS 99 (23): 14622–14623. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  2. Corey S. Sparks & Richard L. Jantz (novembro de 2002). "A reassessment of human cranial plasticity: Boas revisited". PNAS 99 (23): 14636–14639. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  3. Gravlee, C. C.; Bernard, H. R. & Leonard, W. R. (marzo de 2003). "Heredity, environment, and cranial form: A reanalysis of Boas's immigrant data" (PDF). American Anthropologist 105 (1): 125–138. doi:10.1525/aa.2003.105.1.125. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2014. Consultado o 11 de maio de 2019. 

Véase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]