Saltar ao contido

Factor de virulencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
α-Toxina do Staphylococcus aureus, unha hemolisina (PDB 7AHL).

Un factor de virulencia é unha molécula producida por un axente infeccioso (bacterias, virus, fungos, protozoos) que contribúe ao carácter patóxeno (a virulencia) deses organismos e lles permite:

  • ocupar un nicho no hóspede (colonización), o que ocorre polo movemento cara ás súas células e a unión ás mesmas [1][2];
  • escapar ao sistema inmunitario do hóspede (inmunoevasión) [3][2];
  • inhibir o sistema inmunitario do hóspede (inmunosupresión) [1];
  • entrar e saír das células do hóspede no caso de infeccións intracelulares (o que é típico dos virus) ;
  • absorber os nutrientes do hóspede.[1]

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

Os xentes infecciosos posúen unha gran variedade de factores de virulencia. Algúns forman parte do seu xenoma e son propios das bacterias, como as endotoxinas (lipopolisacárido), mentres que outros proveñen de elementos xenéticos móbiles, tales como os plásmidos e os bacteriófagos, como as exotoxinas. Os factores de virulencia codificados neses elementos xenéticos móbiles propáganse entre as bacterias por transferencia horizontal de xenes e poden facer que unha bacteria inofensiva se converta nun axente infeccioso. Unha bacteria como Escherichia coli O157:H7 tamén adquiriu a parte máis esencial da súa virulencia de elementos xenéticos móbiles. As bacterias gramnegativas segregan numerosos factores de virulencia na interface coa célula hóspede por medio do tránsito de vesículas a través da súa membrana externa para invadir a célula hóspede, nutrirse á súa expensa, e asegurar outras funcións de comunicación intercelular.

Numerosos axentes infecciosos converxeron a ter factores de virulencia similares para escapar ás defensas das células eucariotas. Estes factores de virulencia adquiridos compórtanse de dúas maneiras para garantir a supervivencia e o crecemento dos xermes:

Adhesinas

[editar | editar a fonte]

As adhesinas son proteínas de membrana ou pili que permiten ás bacterias adherirse ás células diana, etapa indispensable da infección[4]. Reaccionan cos receptores homólogos das células hóspede.

Factores de invasión

[editar | editar a fonte]
Complexo de plasmina humana e de estreptoquinase (PDB 1BML).

Trátase de elementos que favorecen a propagación de axentes infecciosos a través dos tecidos, por exemplo:

Factores antifagocitarios

[editar | editar a fonte]

Os factores antifagocitarios protexen as bacterias da fagocitose polos leucocitos do sistema inmunitario. Estes factores son de varias clases:

Endotoxinas

[editar | editar a fonte]

As endotoxinas son toxinas termoestables da membrana externa de certas bacterias gramnegativas. Un exemplo é o lípido A, constituínte do lipopolisacárido, que se libera cando se produce a lise das bacterias e pode causar a síndrome de resposta inflamatoria sistémica. Estas endotoxinas inducen unha serie de efectos, como son:

As bacterias gramnegativas responsables dunha sepse poden provocar unha intoxicación por endotoxinas despois dun tratamento con antibióticos polo efecto da liberación masiva de endotoxinas ao se destruíren os axentes infecciosos, o que pode orixinar un choque séptico.

Exotoxinas

[editar | editar a fonte]

As exotoxinas son toxinas segregadas por bacterias vivas, ao contrario que as endotoxinas, que se liberan despois da destrución das bacterias. A miúdo prodúcenas bacterias que á súa vez están infectadas por bacteriófagos. Compórtanse de diferentes maneiras:

Estrutura da tetrodotoxina.
  1. 1,0 1,1 1,2 Casadevall A, Pirofski LA (2009). "Virulence factors and their mechanisms of action: the view from a damage –response framework". Journal of Water and Health 7 (Supplement 1): S2–S18. PMID 19717929. doi:10.2166/wh.2009.036. 
  2. 2,0 2,1 Ryding S (2021). "What are Virulence Factors?". News-Medical.Net. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  3. Cross, Alan S (2008). "What is a virulence factor?". Critical Care 12 (6): 197. PMC 2646308. PMID 19090973. doi:10.1186/cc7127. 
  4. Loïc Coutte, Sylvie Alonso, Nathalie Reveneau, Eve Willery, Brigitte Quatannens, Camille Locht et Françoise Jacob-Dubuisson (17 de marzo de 2003). "Role of Adhesin Release for Mucosal Colonization by a Bacterial Pathogen". Journal of Experimental Medicine (en inglés) 197 (6): 735–742. PMC 2193847. PMID 12629063. doi:10.1084/jem.20021153. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  5. Lakshmi V. Mundada, Mary Prorok, Melanie E. DeFord, Mariana Figuera, Francis J. Castellino et William P. Fay (4 de xullo de 2003). "Structure-Function Analysis of the Streptokinase Amino Terminus (Residues 1–59)" (PDF). Journal of Biological Chemistry (en inglés) 278 (27): 24421–24427. PMID 12704199. doi:10.1074/jbc.M301825200. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  6. Clarise Rivera Starr et N. Cary Engleberg (xaneiro de 2006). "Role of Hyaluronidase in Subcutaneous Spread and Growth of Group A Streptococcus". Infection and Immunity (en inglés) 74 (1): 40–48. PMC 1346594. PMID 16368955. doi:10.1128/IAI.74.1.40-48.2006. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  7. V. Zukaite et G. A. Biziulevicius (marzo de 2000). "Acceleration of hyaluronidase production in the course of batch cultivation of Clostridium perfringens can be achieved with bacteriolytic enzymes". Letters in Applied Microbiology (en inglés) 30 (3): 203–206. PMID 10747251. doi:10.1046/j.1472-765x.2000.00693.x. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  8. Neil Chanter, Nicola C. Talbot, J. Richard Newton, Dawn Hewson et Kristien Verheyen (xuño de 2000). "Streptococcus equi with truncated M-proteins isolated from outwardly healthy horses". Microbiology (en inglés) 146 (6): 1361–1369. PMID 10846214. doi:10.1099/00221287-146-6-1361. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  9. Johann Deisenhofer (28 de abril de 1981). "Crystallographic refinement and atomic models of a human Fc fragment and its complex with fragment B of protein A from Staphylococcus aureus at 2.9- and 2.8-Å resolution". Biochemistry (en inglés) 20 (9): 2361–2370. PMID 7236608. doi:10.1021/bi00512a001. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  10. Eric H. Sasso, Gregg J. Silverman et Mart Mannik (15 de setembro de 1991). "Human IgA and IgG F(ab′)2 that bind to staphylococcal protein A belong to the VHIII subgroup". Journal of Immunology (en inglés) 147 (6): 1877–1883. PMID 1909733. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  11. S. Szmigielski, G. Prévost, H. Monteil, D.A. Colin et J. Jeljaszewicz (abril de 1999). "Leukocidal Toxins of Staphylococci". Zentralblatt für Bakteriologie (en inglés) 289 (2): 185–201. PMID 10360319. doi:10.1016/S0934-8840(99)80105-4. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  12. Jun Kaneko et Yoshiyuki Kamio (maio de 2004). "Bacterial two-component and hetero-heptameric pore-forming cytolytic toxins: structures, pore-forming mechanism, and organization of the genes". Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry (en inglés) 68 (5): 981–1003. PMID 15170101. doi:10.1271/bbb.68.981. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  13. Gerard Lina, Yves Piémont, Florence Godail-Gamot, Michèle Bes, Marie-Odile Peter, Valérie Gauduchon, François Vandenesch et Jerome Etienne (novembro de 1999). "Involvement of Panton-Valentine Leukocidin—Producing Staphylococcus aureus in Primary Skin Infections and Pneumonia" (PDF). Clinical Infectious Diseases (en inglés) 29 (5): 1128–1132. PMID 10524952. doi:10.1086/313461. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  14. Anthony Loughman, J. Ross Fitzgerald, Marian P. Brennan, Judy Higgins, Robert Downer, Dermot Cox et Timothy J. Foster (agosto de 2005). "Roles for fibrinogen, immunoglobulin and complement in platelet activation promoted by Staphylococcus aureus clumping factor A". Molecular Microbiology (en inglés) 57 (3): 804–818. PMID 16045623. doi:10.1111/j.1365-2958.2005.04731.x. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  15. L. J. Walsh, G. Trinchieri, H. A. Waldorf, D. Whitaker et G. F. Murphy (15 de maio de 1991). "Human dermal mast cells contain and release tumor necrosis factor alpha, which induces endothelial leukocyte adhesion molecule 1" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America (en inglés) 88 (10): 4220–4224. Bibcode:1991PNAS...88.4220W. PMC 51630. PMID 1709737. doi:10.1073/pnas.88.10.4220. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  16. Tomoko Takahashi, Takao Sugahara et Akira Ohsaka (10 de maio de 1974). "Purification of Clostridium perfringens phospholipase C (α-toxin) by affinity chromatography on agarose-linked egg-yolk lipoprotein". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Protein Structure (en inglés) 351 (1): 155–171. PMID 4365891. doi:10.1016/0005-2795(74)90074-9. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  17. Juliane Bubeck Wardenburg et Olaf Schneewind (18de febreiro de 2008). "Vaccine protection against Staphylococcus aureus pneumonia". Journal of Experimental Medicine (en inglés) 205 (2): 287–294. PMC 2271014. PMID 18268041. doi:10.1084/jem.20072208. Consultado o 27 de novembro de 2016. 
  18. Edward G. Moczydlowski (marzo de 2013). "The molecular mystique of tetrodotoxin". Toxicon (en inglés) 63: 165–183. PMID 23261990. doi:10.1016/j.toxicon.2012.11.026. Consultado o 27 de novembro de 2016.