Saltar ao contido

Estación de Xerez da Fronteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Xerez da Fronteira
Xerez da Fronteira Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Estado de uso
 Instalacións
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Propietario/a
 Arquitecto/a
Datas
 Inauguración
1856 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
51300 Editar o valor en Wikidata
 Estación adxacente
 Liñas ferroviarias
 Número de beiras
4 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata C:Commons

A Estación de Xerez da Fronteira é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Xerez da Fronteira, provincia de Cádiz. Está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É ademais unha das estacións cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz e paran tamén nela trens de Media distancia e de Longa distancia.

É a estación con máis tránsito de pasaxeiros da provincia e a cuarta de Andalucía, tras Sevilla-Santa Justa, Córdoba Central e Málaga-María Zambrano[1][2].

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

A estación ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia que oscila entre 30 e 60 min os días laborables e 60 min os fins de semana e festivos. No sistema tarifario de Proximidades Cádiz sitúase esta estación en zona 5.

Os trens de Media distancia que paran nesta estación son de tipo Andalucía Exprés, efectuando parada o 100% dos trens da liña A-1.

Orixe/destino < Liña > Destino/orixe
Cádiz El Puerto de Santa María terminal
A-1 Lebrija Sevilla-Santa Justa

Os trens de longa distancia que teñen parada nesta estación son os seguintes:

Tren << >> Observacións
Alvia Cádiz Madrid-Puerta de Atocha 2 trens diarios
Trenhotel
Antonio Machado
Cádiz Barcelona-Sants vía Valencia

Durante o 2008 a liña de Alta Velocidade entre Cádiz e Sevilla atópase en proceso de construción. Esta liña será de ancho ibérico con travesa polivalente, unha vez as obras conclúan esta estación poderá acoller este tipo de servizo.

Por outra banda, confirmouse que con esta liña construirase un apeadoiro para a parada da Alta Velocidade na contorna do Aeroporto de Xerez, situado a 8 km ao nordés do centro da cidade.[3]