Estación de Xixón-Cercanías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′26″N 5°40′01″O / 43.5406, -5.66694

Xixón-Cercanías
Entrada á estación, xa demolida.
SituaciónXixón

A estación de Xixón-Cercanías foi unha estación de tren de Feve e Adif da cidade de Xixón, en Asturias. Era cabeceira das liñas que unen a cidade con Ferrol, Llaviana e Palencia.

Concentraba os servizos de proximidades, aínda que tamén paraban na estación trens de longa e media distancia. A estación foi pechada para deixar sitio para a construción do MetroTrén e con iso, o soterramento do ferrocarril en Xixón. Entre outubro e novembro de 2014 procedeuse á súa demolición. Actualmente, todos os trens usan a estación Xixón-Sanz Crespo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nova Estación de Sanz Crespo El Comercio Digital