Estación de Castelló de la Plana
| Castelló de la Plana | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Instalacións
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Estación adxacente
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
|
Número de plataformas
| |||||||||
|
Número de beiras
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A estación de Castelló de la Plana ou Castelló é a estación da rede de Adif de Castelló de la Plana. Pertence á liña Valencia-Tarragona do Corredor Mediterráneo (P.K. 69,5).
O edificio
[editar | editar a fonte]Esta estación intermodal de nova construción está situada na rúa do Pintor Oliet nº 2, e substitúe á antiga Estación do Norte aberta en 1882 e situada algo máis ao leste da actual.
Nos anos 90, coa adecuación do Corredor Mediterráneo para converterse nunha liña de altas prestacións (velocidade máxima de 160 a 200 km/h), modificouse o trazado ao paso pola cidade de Castelló da Plana, construíndose un túnel baixo os barrios occidentais e unha estación de ferrocarril subterránea. Esta estación inaugurouse cando empezaron a circular os trens Euromed.
A estación consta de tres niveis (0, -1 e -2). O primeiro nivel contén os despachos de billetes, tendas e cafetería, o segundo é o distribuidor de plataformas, e o terceiro as tres plataformas cun total de 6 vías.
Xunto á estación de ferrocarril atópase a estación de autobuses, con liñas que conectan con municipios da provincia ou ben con liñas de longo percorrido. Igualmente, desde 2008 o novo modo de transporte TVRCas de trolebús.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Proximidades
[editar | editar a fonte]Castelló de la Plana é a cabeceira da liña C-6 de Proximidades Valencia, desde a que parten trens cun intervalo de 20 min en hora punta os días laborables a unha hora os fins de semana e festivos.
Nos meses de xullo e agosto, algúns destes trens convértense en rexionais cadenciados con destino Orpesa, que amplían o seu percorrido de proximidade con dúas estacións máis, Benicàssim e Orpesa.
| Liña | estación > | Destino/orixe |
|---|---|---|
| Almassora | València-Nord | |
CIVIS | Vila-real |
Media Distancia
[editar | editar a fonte]Circulan tres trens Rexional Exprés diarios en cada sentido, dous Valencia-Barcelona e un Valencia-Tortosa.
| Orixe/destino | < estación | Liña | estación > | Destino/orixe |
|---|---|---|---|---|
| València-Nord | Vila-real | L-7 | Benicàssim | Tortosa Barcelona-Estació de França |
Longa Distancia
[editar | editar a fonte]| Nome do servizo | << | >> | Observacións |
|---|---|---|---|
| Alaris | Madrid-Puerta de Atocha | Orpesa terminal | 2 trens diarios |
| València-Nord | Barcelona-Estació de França | ||
| Alacant-Terminal | 1 tren diario | ||
| Arco García Lorca | Barcelona | Sevilla-Santa Justa Málaga-María Zambrano Badaxoz Granada ou Almería | 1 tren diario |
| Euromed | Valencia-Estació del Nord Alacant-Terminal | Barcelona-Sants | |
| Talgo | Murcia del Carmen | Barcelona-Sants | 1 tren diario |
| Lorca-Sutullena | |||
| Talgo Mare Nostrum | Cartagena | Montpellier Saint-Roch | 1 tren diario |
| Trenhotel Alhambra | Barcelona-Sants | Granada |