Galgao, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galgao
Igrexa de San Cosme da Montaña.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°22′50″N 7°25′39″O / 43.38063341, -7.42763115Coordenadas: 43°22′50″N 7°25′39″O / 43.38063341, -7.42763115
Área11,6 km²
Poboación65 hab. (2019)
Densidade5,6 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Galgao é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 76 habitantes en 2015 (40 homes e 36 mulleres) segundo datos do IGE[2]. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 75 habitantes (40 homes e 35 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 11,6 km². Limita coas parroquias de Quende, Fanoi e Romariz, xunto cos concellos da Pastoriza e Mondoñedo. A parroquia pertencente o arciprestado de Mondoñedo. Ten 7 entidades de poboación e 2 lugares con 76 veciños, sendo a densidade media de poboación de 6,55 hab/km² no 2015.

As entidades de poboación son Bicos (8), Os Currás (11), A Maramiga (10), A Piegueira (10), O Rego do Cal (11), Os Samordás (8), e O Someiro (18). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Carreira e Os Liñares.

Dentro da súa orografía destacan Rego de Bidueira (700 m), Alto do Seixal (678 m) e Pena Grande (664 m).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Galgao conta cun cruceiro de granito con cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e Piedade no reverso; fuste con trísceles no remate superior, culebra, corazón, cáliz con cabeza de anxo e os atributos da Paixón; base cúbica, con inscricións, sobor plataforma con dous chanzos cuadrangulares.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Galgao[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Galgao no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Bicos | A Carreira | Os Currás | Os Liñares | A Maramiga | A Piegueira | O Rego do Cal | Os Samordás | O Someiro

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]