Siclo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Engado referencia para o termo.
Liña 1: Liña 1:
::''Para a unidade monetaria do moderno Estado de Israel, ver '''[[Novo shekel]].''
::''Para a unidade monetaria do moderno Estado de Israel, ver '''[[Novo shekel]].''
[[Ficheiro:Shekel Darius I firing CdM.jpg|miniatura|'''Siclo''' de [[prata]] do [[Dinastía aqueménida|rei aqueménida]] [[Imperio Persa|persa]] [[Darío I]], [[Século -V|século V a. de C.]]]]
[[Ficheiro:Shekel Darius I firing CdM.jpg|miniatura|'''Siclo''' de [[prata]] do [[Dinastía aqueménida|rei aqueménida]] [[Imperio Persa|persa]] [[Darío I]], [[Século -V|século V a. de C.]]]]
O '''siclo''', tamén coas grafías '''shekel '''e '''sheqel '''([[Lingua acadia|acadio]]: ''šiqlu'' ou ''siqlu''; [[Lingua hebrea|hebreo]]: שקל, ''shekel''; [[Lingua latina|latín]]: ''siclus'') foi unha antiga [[Unidade de medida|unidade de peso]] e, paralelamente, unha [[Moeda|denominación monetaria]] de [[prata]] e de [[ouro]] utilizada por varios pobos do [[Oriente Próximo]] [[mediterráneo]], entre eles os antigos [[hebreos]].<ref>{{DiGalego|58347|noa=s|siclo}}</ref><ref>"[https://books.google.es/books?id=bM9jAAAAcAAJ&pg=PA190&lpg=PA190&dq=%22sicle%22&source=bl&ots=s9CGYyY2GM&sig=J8OJxYu62JmmyTfKjHb7124KExU&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwja2Kjn7sHbAhWIOBQKHRUrCrYQ6AEIYjAJ#v=onepage&q=%22sicle%22&f=false Sicle]". En ''Encyclopedie Methodique''. Tomo 5º. París. 1793. Páxinas 434-435.</ref><ref>"[https://books.google.es/books?id=NZcUAAAAYAAJ&pg=PA45&lpg=PA45&dq=%22scrupulum%22+monnaie&source=bl&ots=WtESld7dJw&sig=3X-zr-uhAuCmCZqeKiEIABOQrOw&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwiitc32hJncAhWIshQKHWbTCP4Q6AEIUTAG#v=onepage&q=siclus&f=false Siclus]". En Girod (1827). Páxina 51.</ref>
O '''siclo'''<ref>{{DRAG|siclo}}</ref>, tamén coas grafías '''xéquel'''<ref>{{Cita web|url=http://bernal.cirp.gal/ords/f?p=121:8:::NO::P8_IDT:240270|páxina-web=TERGAL|título=xéquel|data-acceso=26/12/2019}}</ref>, '''shekel '''e '''sheqel '''([[Lingua acadia|acadio]]: ''šiqlu'' ou ''siqlu''; [[Lingua hebrea|hebreo]]: שקל, ''shekel''; [[Lingua latina|latín]]: ''siclus'') foi unha antiga [[Unidade de medida|unidade de peso]] e, paralelamente, unha [[Moeda|denominación monetaria]] de [[prata]] e de [[ouro]] utilizada por varios pobos do [[Oriente Próximo]] [[mediterráneo]], entre eles os antigos [[hebreos]].<ref>{{DiGalego|58347|noa=s|siclo}}</ref><ref>"[https://books.google.es/books?id=bM9jAAAAcAAJ&pg=PA190&lpg=PA190&dq=%22sicle%22&source=bl&ots=s9CGYyY2GM&sig=J8OJxYu62JmmyTfKjHb7124KExU&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwja2Kjn7sHbAhWIOBQKHRUrCrYQ6AEIYjAJ#v=onepage&q=%22sicle%22&f=false Sicle]". En ''Encyclopedie Methodique''. Tomo 5º. París. 1793. Páxinas 434-435.</ref><ref>"[https://books.google.es/books?id=NZcUAAAAYAAJ&pg=PA45&lpg=PA45&dq=%22scrupulum%22+monnaie&source=bl&ots=WtESld7dJw&sig=3X-zr-uhAuCmCZqeKiEIABOQrOw&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwiitc32hJncAhWIshQKHWbTCP4Q6AEIUTAG#v=onepage&q=siclus&f=false Siclus]". En Girod (1827). Páxina 51.</ref>


== Historia ==
== Historia ==
Liña 14: Liña 14:


=== Idade Contemporánea ===
=== Idade Contemporánea ===
[[Ficheiro:1 old Shekel coin.jpg|miniatura|120x120px|Moeda dun '''shekel''' [[Idade Contemporánea|contemporáneo]], dos circulantes entre [[1980]] e [[1985]]]]
[[Ficheiro:1 old Shekel coin.jpg|miniatura|120x120px|Moeda dun '''xéquel''' [[Idade Contemporánea|contemporáneo]], dos circulantes entre [[1980]] e [[1985]]]]
En [[1980]], retomouse a denominación de siclo ou shekel para a moeda que substituíu a [[Libra israelí|libra]] como moeda de [[Israel]].<ref>González Rei, B. ''Ortografía da lingua galega''. A Coruña, Ed. Galinova. 2004. Páxina 553. ISBN 84-9737-041-4</ref> Posteriormente, en [[1985]], o shekel foi novamente substituído polo [[novo shekel]], cunha equivalencia de mil dos antigos por un novo.<ref>"[https://financial-dictionary.thefreedictionary.com/Israeli+old+Sheqel Israeli old sheqel]" e "[https://financial-dictionary.thefreedictionary.com/Israeli+New+Sheqel Israeli new sheqel]". En ''Farlex Financial Dictionary''. 2012</ref>
En [[1980]], retomouse a denominación de siclo ou xéquel para a moeda que substituíu a [[Libra israelí|libra]] como moeda de [[Israel]].<ref>González Rei, B. ''Ortografía da lingua galega''. A Coruña, Ed. Galinova. 2004. Páxina 553. ISBN 84-9737-041-4</ref> Posteriormente, en [[1985]], o xéquel foi novamente substituído polo [[novo shekel]], cunha equivalencia de mil dos antigos por un novo.<ref>"[https://financial-dictionary.thefreedictionary.com/Israeli+old+Sheqel Israeli old sheqel]" e "[https://financial-dictionary.thefreedictionary.com/Israeli+New+Sheqel Israeli new sheqel]". En ''Farlex Financial Dictionary''. 2012</ref>


== Moeda bíblica ==
== Moeda bíblica ==

Revisión como estaba o 26 de decembro de 2019 ás 09:06

Para a unidade monetaria do moderno Estado de Israel, ver Novo shekel.
Siclo de prata do rei aqueménida persa Darío I, século V a. de C.

O siclo[1], tamén coas grafías xéquel[2], shekel e sheqel (acadio: šiqlu ou siqlu; hebreo: שקל, shekel; latín: siclus) foi unha antiga unidade de peso e, paralelamente, unha denominación monetaria de prata e de ouro utilizada por varios pobos do Oriente Próximo mediterráneo, entre eles os antigos hebreos.[3][4][5]

Historia

Idade Antiga

Na súa orixe relaciónase cunha unidade de medida equivalente a unha certa cantidade de cebada, que variou co tempo e cos lugares.[6][7]

Siclo de Xudea, da época da perimeira revolta xudía contra Roma, ca. 66-69 a. de C. Inscrición: XERUSALÉN A SANTA.

Na época do Antigo Israel pesaba arredor dos 11 gramos, aínda que o seu valor foi moi flutuante, e é frecuente atopalos con pesos desde os 7 ata os 14 ou mesmo 17 gramos. Como moeda hebrea, equivalía a 1/60 de mina e a 1/3600 de talento.[8] En Mesopotamia durante o período paleobabilónico, estímase que o siclo tiña 8 gramos.[9][10][11]

No Código de Hammurabi menciónanse os siclos nalgunhas leis referentes ao labor dos cirurxiáns, por exemplo:[12]

(...) 215: Se un médico tratou un home dunha doenza grave e o cura, ou abre unha inchazón cun coitelo e salva o ollo do paciente, recibirá dez siclos de ouro. 216: Se o paciente é un home libre, o pagamento será de cinco siclos. 217: Se é un escravo, o dono pagará dous siclos

Idade Contemporánea

Moeda dun xéquel contemporáneo, dos circulantes entre 1980 e 1985

En 1980, retomouse a denominación de siclo ou xéquel para a moeda que substituíu a libra como moeda de Israel.[13] Posteriormente, en 1985, o xéquel foi novamente substituído polo novo shekel, cunha equivalencia de mil dos antigos por un novo.[14]

Moeda bíblica

Na Biblia menciónase varias veces esta moeda. Por exemplo, o prezo de venda da tumba de Sara e os patriarcas, que Abraham lle comprou a Efrón foi de 400 siclos e o prezo de venda de Xosé por parte dos seus irmáns á caravana de mercadores foi de 20 siclos de prata.[15][16] Pénsase que as "30 moedas de prata" asignadas a Xudas Iscariote a cambio da entrega de Xesús de Nazaret puideron ser siclos de Tiro.[17]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siclo.
  2. "xéquel". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  3. Definición de siclo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. "Sicle". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxinas 434-435.
  5. "Siclus". En Girod (1827). Páxina 51.
  6. "Siclo" e "Shekel (2)". En Alfaro Asins et Al. (2009)
  7. Dilke, O. 1987. Mathematics and measurement. University of California Press. 1987. Páxina 46.
  8. "Šiqlu". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  9. "Siclo ("shekel")". En Algunos tipos de monedas antiguas. Tesorillo.com
  10. "Siglos". En Melville (1986).
  11. "Shéqel" e "Sicle". En Amandry (2001)
  12. Código de Hammurabi en tradución portuguesa e inglesa.
  13. González Rei, B. Ortografía da lingua galega. A Coruña, Ed. Galinova. 2004. Páxina 553. ISBN 84-9737-041-4
  14. "Israeli old sheqel" e "Israeli new sheqel". En Farlex Financial Dictionary. 2012
  15. Xénese 23:15: Escóiteme, meu señor: o terreo vale 400 moedas de prata, Por esa cantidade non imos discutir, así que enterre vostede a súa muller.
  16. Xénese 37:28: ...e cando os comerciantes madianitas pasaron por alí, os irmáns de Xosé sacárono do pozo e vendérono aos ismaelitas por vinte moedas de prata...
  17. "Shekel". En Forum Ancient Coins.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía