Carlos Callón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 20: Liña 20:
Foi concelleiro por parte do [[BNG]] na súa vila natal entre xaneiro de [[2001]] e xuño de [[2002]], e membro do [[Consello Asesor de RTVE en Galicia]] entre 1998<ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980309/Anuncio894A_gl.html]</ref> e 2002. A partir de [[1995]] ocupou diversas responsabilidades na [[Mesa pola Normalización Lingüística]], organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende [[1995]] e que presidiu desde 2002 a [[2014]], sendo desde entón Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da [[Fundación Vía Galego]], desde a súa constitución en [[2006]]. Preside tamén a [[Fundación Via Galego]]<ref>[http://www.viagalego.org/ Páxina web] da Fundación Via Galego.</ref> e a federación estatal [[Diverslinguae]], desde a constitución de ambas, en [[2006]] e [[2008]], respectivamente.
Foi concelleiro por parte do [[BNG]] na súa vila natal entre xaneiro de [[2001]] e xuño de [[2002]], e membro do [[Consello Asesor de RTVE en Galicia]] entre 1998<ref>[http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980309/Anuncio894A_gl.html]</ref> e 2002. A partir de [[1995]] ocupou diversas responsabilidades na [[Mesa pola Normalización Lingüística]], organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende [[1995]] e que presidiu desde 2002 a [[2014]], sendo desde entón Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da [[Fundación Vía Galego]], desde a súa constitución en [[2006]]. Preside tamén a [[Fundación Via Galego]]<ref>[http://www.viagalego.org/ Páxina web] da Fundación Via Galego.</ref> e a federación estatal [[Diverslinguae]], desde a constitución de ambas, en [[2006]] e [[2008]], respectivamente.


É membro do [[grupo Galabra]] da USC e do consello de redacción de ''[[Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade]]''<ref>[http://www.amesanl.org/longalingua.html Páxina web] de Longalingua.</ref>. Colaborou nos primeiros pasos da [[Biblioteca Virtual Galega]], da [[Universidade da Coruña]].
É membro do [[grupo Galabra]] da USC e do consello de redacción de ''[[Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade]]''<ref>[http://www.amesanl.org/longalingua.html Páxina web] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20111124072258/http://www.amesanl.org/longalingua.html |date=24 de novembro de 2011 }} de Longalingua.</ref>. Colaborou nos primeiros pasos da [[Biblioteca Virtual Galega]], da [[Universidade da Coruña]].


O 20 de decembro do 2015 presentouse ao [[Congreso dos Deputados de España|congreso]] pola provincia da Coruña representando a [http://noscandidaturagalega.gal NÓS Candidatura Galega].
O 20 de decembro do 2015 presentouse ao [[Congreso dos Deputados de España|congreso]] pola provincia da Coruña representando a [http://noscandidaturagalega.gal NÓS Candidatura Galega].

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2018 ás 18:37

Infotaula de personaCarlos Callón

Carlos Callón
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1978 (45 anos)
Santa Uxía de Ribeira, Galicia Galiza
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
2002 – 2014
← Concha CostasMarcos Maceira → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMestre, escritor
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarloscallon.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: carloscallon Instagram: carloscallon TikTok: carloscallon AELG: 421 Dialnet: 1964864 Editar o valor em Wikidata


Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis.

Traxectoria

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998[1] e 2002. A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, sendo desde entón Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Preside tamén a Fundación Via Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[3]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.

O 20 de decembro do 2015 presentouse ao congreso pola provincia da Coruña representando a NÓS Candidatura Galega.

Obra

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[4].

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[5], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.

Ensaio

  • Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
  • En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
  • Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.
  • Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, 2012, Xerais.
  • Galegocalantes e galegofalantes, 2017, Xerais.

Poesía

  • Atravesar o fantasma, 2014, Xerais.

Obras colectivas

Premios

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
  • Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Galería de imaxes

Notas

  1. [1]
  2. Páxina web da Fundación Via Galego.
  3. Páxina web Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine. de Longalingua.
  4. Sinopse do libro no web de Edicións Xerais
  5. "Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media", artigo en www.culturagalega.org, 28 de febreiro de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas