Ribeira, Ribeira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeira.
| Ribeira | |
|---|---|
Vista de Ribeira. | |
| Concello | Ribeira[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°33′24″N 8°59′32″O / 42.5566, -8.9923 |
| Poboación | 14.440 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 32[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2018 tiña 14.497 habitantes (7.336 mulleres e 7.161 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.
Santa Uxía na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [2].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [3].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ as mozas de Santa Uxía [4].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [5].
- Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [6].
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [7].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.
- Xoseíño dos Paus.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ribeira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ribeira no concello de Ribeira (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Ameixida | O Ameneiro | As Avesadas | Banda ó Río | O Caramecheiro | Os Carballiños | As Carolinas | O Castelo | O Cochón | A Conlleira | Coroso | Cruxeiras | Cubeliño | Deán Grande | Deán Pequeno | Fafián | Fondevila | Fontán | A Garita | As Hedreiras | As Laxes do Castelo | Martín | Padín | A Pedra Pateira | O Pombal | O Queiro | O Río Grande | O Río Pequeno | Santa Uxía de Ribeira | As Sarreiras | O Touro | Xarás |
Parroquias de Ribeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel desprezable como as tripas de polbo.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza", en Nós nº 45, 15.09.1927. Os da Vila" dise en Ribeira dos veciños da Pobra do Caramiñal.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
- ↑ O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Uxía de Ribeira |