A Mesa pola Normalización Lingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Mesa pola Normalización Lingüística
Logo
Tipoasociación cultural
Propósitonormalización lingüística
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1986
Fundador(es)Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Federación de Asociacións Culturais Galegas
Presidente/a
Marcos Maceira (2014-) Editar o valor em Wikidata
Avelino Pousa Antelo|Avelino Pousa Antelo]] (-) Editar o valor em Wikidata
Eventos/ActividadesCorrelingua, Liña do galego, Abertos ao galego e Pipocas
Organización subsidiariaFundación Vía Galego
Organización relacionadaPlataforma Queremos Galego! e Vía Galega
Localización
EnderezoRúa García Prieto 7, 15706
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.amesa.gal/
Facebook: amesanl Twitter: amesanl Instagram: amesanl Telegram: amesanl Youtube: UCMjjDkrTRYU-mRfps4g6M7w Flickr: amesanl Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].

Actividade[editar | editar a fonte]

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].

No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carta fundacional (recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006).
  2. Información na páxina de Praza Pública
  3. Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
  4. "A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  5. Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia
  6. "A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2017. Consultado o 11 de maio de 2017. 
  8. Diario, Nós (2022-11-01). "A Mesa recibe o premio Xela Arias polo seu labor na lei do audiovisual". Nós Diario. Consultado o 2022-11-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]