Marcos Maceira
Marcos Maceira | |
---|---|
Nacemento | 1978 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | historiador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcos Maceira Eiras, nado en Santiago de Compostela en 1978, é un antigo dirixente estudantil, historiador e activista lingüístico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e xestor cultural. Foi representante dos Comités Abertos de Estudantes no Consello Escolar de Galiza (1996-98) e responsable de Organización dos CAF (1999-2001). Foi un dos coordinadores do Simposio-Homenaxe a Xosé Chao Rego (2004), e do Simposio Internacional Priscilano (2006). Foi secretario (2002-2012) e presidente (2012-2014) da Agrupación Cultural O Galo e vicepresidente da federación de asociacións culturais Galiza Cultura. É membro da permanente da Mesa pola Normalización Lingüística e da xestora de Queremos Galego. Desde 2007 é o responsable de coordinar a organización do Correlingua.
En abril de 2014 foi elixido presidente da A Mesa pola Normalización Lingüística.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcos Maceira |