Carlos Callón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Callón
Carlos Manuel Callón Torres. Galicia (Spain).jpg
Carlos Callón
Nacemento 26 de agosto de 1978 (39 anos)
Lugar Santa Uxía de Ribeira, Galicia Galiza
Nacionalidade España
Ocupación Mestre, escritor
editar datos en Wikidata ]

Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998[1] e 2002. A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, sendo desde entón Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Preside tamén a Fundación Via Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[3]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.

O 20 de decembro do 2015 presentouse ao congreso pola provincia da Coruña representando a NÓS Candidatura Galega.

Obra[editar | editar a fonte]

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[4].

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[5], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
  • En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
  • Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.
  • Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, 2012, Xerais.
  • Galegocalantes e galegofalantes, 2017, Xerais.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Atravesar o fantasma, 2014, Xerais.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
  • Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]